gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Mércores 13°
11°
Xoves 15°
12°
Venres 16°
14°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. OLERÍA DE BUÑO

OLERÍA DE BUÑO

OLERÍA DE BUÑO

IMG_9869-oleria-buñoMalpica de Bergantiños ten en Buño un dos puntos máis interesantes e activos da artesanía galega. Os oleiros desta localidade, galardoados coa Medalla de Ouro de Belas Artes, manteñen viva unha actividade secular que fala da cultura e do estilo de vida dos galegos. Estes artesáns gardan o segredo que lles permite facer arte de utensilios cotiáns e transmítenos a través das súas mans dándolle forma ao barro que atopan no subsolo. Tradicionalmente elaboraban útiles que formaban e forman parte do fogar galego: xerras, tazas, pratos, tarteiras… pero nas últimas décadas foron evolucionando cara á pezas máis versátiles e con novas formas e esmaltes. Souberon interpretar as inquedanzas dos consumidores e foron capaces de imprimir unha maior vertente artística no torno aos elementos que saían das súas máns, mantendo vivas ao mesmo tempo as formas ancestrais, algunhas das cales teñen máis de dous séculos de vida.

Ecomuseo Forno do Forte
Calquera época do ano é boa para visitar Buño. Ademais de achegarte a algún obradoiro oleiro ou levar un recordo das tendas de olería, é moi aconsellable visitar o Ecomuseo Forno do Forte, propiedade da Deputación da Coruña e xestionado polo Concello de Malpica. Neste museo poderemos comprender moito mellor a vida dos oleiros e as técnicas que empregan na elaboración das súas pezas. Os visitantes retroceden no tempo para coñecer o modo de vida dunha familia oleira en 1950. Consulta información sobre horarios e contacto no apartado museos.