gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Mércores 13°
11°
Xoves 15°
12°
Venres 16°
14°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. FESTAS
  3. Antroido en Malpica

Antroido en Malpica

O Entroido

mikaela-queimaA celebración do Entroido brinda a oportunidade de coñecer vellas tradicións de diferentes parroquias e lugares de Malpica de Bergantiños mesturando aspectos etnográficos, culturais e, sobre todo, cheos de retranca e incluso transgresión do establecido.

Os veciños e veciñas de todo o municipio amosan o seu lado máis divertido e irónico en citas como o Xogo das Vacas, en Barizo, o Enterro da Mikaela, en Buño, o Enterro do Farruco, en Seaia, o Enterro do Faustino, en Malpica ou o Percorrido dos Madamitos e Ghuardineros na parroquia de Cerqueda. Posiblemente é difícil atopar na provincia un territorio tan fértil en tradicións entroideiras.