gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Luns 15°
10°
Martes 14°
Mércores 14°
10°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. A VILA
  3. PASEO MARÍTIMO

PASEO MARÍTIMO

PASEO MARÍTIMO

paseo-maritimo

O paseo marítimo de Malpica comezou a construírse na década dos 80 (s. XX). Antes, o aspecto desta zona de terrazas e accesos á praia principal de Area Maior eran moi distintos, aínda que veciños e bañistas gozaban igual dela.

A maioría dos edificios son novos, levantados no sitio das fábricas de salgadura, escabeche, secadoiros de peixe ou mesmo unha conserveira (La Sisarguesa) que había fronte á praia. Se te fixas, verás casas antigas que seguen en pé.

Máis ou menos na metade do paseo marítimo, sobre unha duna, estivo situado o varadoiro de Carrillo, no que se construían as embarcacións coñecidas como “rapetóns de Carrillo”. Neste antigo e desaparecido estaleiro tamén reparaban barcos de madeira e chalanas.

Agora, a mellor forma de gozar deste paseo marítimo é sentar nunha das súas terrazas, tomando algo ao tempo que contemplas o mar, coas Sisargas ao fondo, e con fermosas postas de sol nas tardes de verán.