Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Domingo 12°
Luns 15°
10°
Martes 16°
12°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. Uncategorized

Uncategorized

12Set 2024

Nova entrega de composteiros para o compostaxe doméstico no Concello de Malpica

O Concello de Malpica, a través da súa Concellería de Medioambiente, pon en marcha unha nova entrega de composteiros para fomentar o compostaxe doméstico entre os veciños. A partir de mañá, todas aquelas persoas interesadas poderán apuntarse chamando ao número de teléfono 981 720 318, ata esgotar existencias.
O Concello de Malpica continúa apostando pola reciclaxe e anima a todos os cidadáns de Malpica, que o desexen, a unirse a esta campaña.
Ademais, ao entregar os composteiros explicarase o seu uso correcto, co obxectivo de facilitar a correcta xestión dos residuos orgánicos e contribuír ao coidado do medio ambiente.

11Set 2024

A Concellería de Cultura de Malpica presenta as Escolas Culturais para o curso 2024/2025

A Concellería de Cultura do Concello de Malpica vén de lanzar a súa nova programación de Escolas Culturais para o curso 2024/2025, co obxectivo de ofrecer unha ampla gama de actividades formativas e lúdicas para nenos, mozos e adultos. Estas actividades buscan fomentar o desenvolvemento artístico, tecnolóxico e cultural da veciñanza, con opcións para todas as idades e intereses. A programación desenvolverase ao longo do curso ata maio de 2025, agás o Campamento Dixital, que se prolongará durante dous meses.

Duración das actividades

As actividades das Escolas Culturais prolongaranse ata a última semana de maio de 2025, cunha media de 4 horas por semana. No caso do Campamento Dixital, o total de horas lectivas será de 30, repartidas en 4 horas semanais durante uns dous meses.

Prazos de inscrición

  • Inicio das inscricións: 12 de setembro de 2024.
  • Remate: O prazo pecharase o xoves anterior ao inicio de cada actividade, agás o Campamento Dixital, cuxa inscrición se pechará 15 días antes do seu comezo.

Información e inscricións

  • Oficinas Xerais:
  • Teléfono: 981720001
  • Horario: 9:00 a 14:00.
  • Departamento de Educación e Cultura:
  • Teléfono: 981707104
  • Horario: 10:30 a 13:00.

Nota importante: Todas as actividades contarán cun máximo de 15 prazas e un mínimo de 10 por grupo, agás o Obradoiro de Coiro, que terá un máximo de 10 prazas e un mínimo de 8.

Actividades ofertadas

1. Obradoiro de Arte (12 €/mes)

  • Malpica (Centro Cívico): Inicio o 1 de outubro.
  • Grupo I (3 a 6 anos): Martes de 16:00 a 17:00.
  • Grupo II (7 a 12 anos): Martes de 17:00 a 18:00.
  • Grupo III (+13 anos): Martes de 18:00 a 19:00. Inicio o 14 de xaneiro.
  • Buño (CEIP J.R.O.): Inicio o 7 de outubro.
  • Grupo IV (3 a 6 anos): Luns de 16:00 a 17:00.
  • Grupo V (7 a 12 anos): Luns de 17:00 a 18:00.

2. Animación Teatral (15 €/mes)

  • Malpica (Centro Cívico): Inicio o 3 de outubro para os grupos I e II.
  • Grupo I (4 a 8 anos): Xoves de 17:30 a 18:30.
  • Grupo II (9 a 12 anos): Xoves de 18:30 a 19:30.
  • Grupo III (+13 anos): Xoves de 19:30 a 20:30. Inicio o 9 de xaneiro.
  • Buño (CEIP J.R.O.): Inicio o 3 de outubro.
  • Grupo IV (6 a 12 anos): Xoves de 16:00 a 17:00.

3. Robótica (15 €/mes)

  • Malpica (Centro Cívico): Inicio o 2 de outubro.
  • Grupo I (4 a 12 anos): Mércores de 18:00 a 19:00.
  • Buño (CEIP J.R.O.): Inicio o 2 de outubro.
  • Grupo II (4 a 12 anos): Mércores de 16:30 a 17:30.

4. Obradoiro de Barro

  • Casa do Oleiro (Buño):
  • Grupo I Modelado (6 a 12 anos): Mércores de 16:00 a 17:00. Inicio o 8 de xaneiro (12 €/mes).
  • Grupo II Torno e Modelado (Adultos e maiores de 12 anos): Sábados de 10:00 a 11:30. Inicio o 11 de xaneiro (15 €/mes).

5. Obradoiro de Coiro

  • Casa da Cultura de Seaia:
  • Grupo I Iniciación (+18 anos): Xoves de 16:30 a 18:00. Inicio o 9 de xaneiro (15 €/mes).
  • Grupo II Avanzado (+18 anos): Xoves de 18:00 a 20:00. Inicio o 3 de outubro (18 €/mes).

6. Campamento Dixital (de balde)

  • Aula de Informática da Casa do Oleiro (Buño): Inicio o 16 de xaneiro.
  • Grupo I (9 a 13 anos): Xoves e venres de 16:00 a 18:00.
  • Grupo II (15 a 17 anos): Xoves e venres de 18:00 a 20:00.

Neste campamento abordaranse temas coma a busca de información de valor, creación de contidos dixitais, contrasinais seguras, protección de datos e hábitos saudables no uso de internet, entre outros.

3Set 2024

O Concello de Malpica de Bergantiños abre o prazo de solicitude de espazos nos centros socioculturais para o curso 2024-2025

O Concello de Malpica de Bergantiños informa que xa está aberto o prazo para que as asociacións e centros de ensino do municipio soliciten espazos nos centros socioculturais para a realización das súas actividades anuais durante o curso 2024-2025. As solicitudes deberán presentarse no rexistro xeral do Concello antes do xoves, 12 de setembro de 2024.

Na seguinte ligazón tes toda a información:

18Ago 2024

O Concello de Malpica organiza unha nova edición do consolidado Concurso de Barcanas e Castelos de Area na Praia de Area Maior

Este venres, 23 de agosto de 2024, celébrase unha nova edición do xa tradicional Concurso de Barcanas e Castelos de Area na Praia de Area Maior, un evento que promete unha xornada de diversióne creatividade para todas as idades.

O evento dará comezo ás 10:30 horas, momento no que as persoas inscritas poderán iniciar os seus traballos na praia. Terán ata as 13:00 horas para dar forma ás súas esculturas, xa sexan castelos, barcanas tradicionais ou outras creacións inspiradas pola maxia da area e o mar. Ás 13:05 horas, o público asistente poderá participar na votación popular, e ás 13:30 horas farase pública a decisión do xurado e se procederá á entrega de premios.

Inscricións

As inscricións realizaranse no Departamento de Educación e Cultura, situado no 1º andar do Centro Cívico de Malpica, na rúa Ventorrillo s/n. Teléfono: 981707104. O horario de inscrición será de 11:00 a 15:00 horas, do 1 ao 21 de agosto, e o 23 de agosto de 10:00 a 11:00 na Praia Area Maior de Malpica. Cada participante ou grupo de participantes só poderá inscribirse cunha única obra. Os grupos poderán incluír un máximo de 30 participantes.

Modalidades

  1. AMATEUR: A partir de 10 anos.
  2. PREMIO ESPECIAL DO PÚBLICO: Escultura máis votada polo público.
  3. BARCANAS: Elaboración de barcanas tradicionais.
  4. INFANTIL: Ata 10 anos. No caso dos grupos, para inscribirse nesta modalidade, todas as persoas deberán cumprir este requisito de idade.

Premios

1º premio da modalidade amateur: Trofeo e vale de 130,00€
2º premio da modalidade amateur: Trofeo e vale de 70,00€
3º premio da modalidade amateur: Trofeo e vale de 50,00€
Premio especial do público: Trofeo
Premio á mellor barcana: Trofeo

  • Os premios, en ningún caso, poderán acumularse. Se unha mesma obra coincide en diferentes categorías, asignaráselle o premio correspondente a unha única categoría, seguindo a orde: premio amateur, premio especial do público, premio á mellor barcana, e premio infantil. O premio da categoría que quede deserta pasará á seguinte obra mellor valorada desa categoría.

Nota: Os vales poderán cambiarse por produtos ou servizos, de valor equivalente, nos establecementos comerciais e de hostalería do Concello de Malpica.

Elaboración das esculturas de area

Para a elaboración das obras, as persoas participantes só poderán utilizar area e materiais que se atopen de xeito natural depositados na area. Así mesmo, permitirase o uso de ferramentas (palas, cubos, difusores de auga, etc.), aínda que estes elementos, en ningún caso, poderán formar parte da obra. Na elaboración das obras non está permitido utilizar ningún produto para compactar ou fixar a area, agás a auga.

As obras realizaranse unicamente na Praia de Area Maior, nas zonas balizadas polo Concello de Malpica para ese fin, entre as 10:30 e as 13:00 do venres 23 de agosto de 2024.

16Ago 2024

O Concello de Malpica lanza por segundo ano un servizo de fisioterapia gratuíta para persoas con dependencia recoñecida

O prazo para inscribirse comeza o 20 de agosto

A concellería de Servizos Sociais, consciente da necesidade imperante que teñen as persoas con dependencia recoñecida, continúa co seu compromiso ao poñer en marcha por segundo ano consecutivo un servizo pioneiro na Costa da Morte: un servizo de fisioterapia gratuíto para persoas con dependencia recoñecida.

“A prioridade para min sempre son as persoas que máis o precisan e sempre estamos a traballar para dar aos nosos veciños e veciñas unha boa calidade de vida”, indicou Marisol Blanco.

O alcalde, Eduardo Parga, puntualizou que este servizo de fisioterapia gratuíta “é fundamental para mellorar a calidade de vida das persoas con dependencia de Malpica, polo que seguiremos apostando por este servizo no futuro.”

Este servizo de fisioterapia gratuíta, que xa foi un éxito no seu primeiro ano, está financiado co POS adicional 1/2024 da Deputación da Coruña. As persoas interesadas poden obter máis información no departamento de servizos sociais ou chamando ao 981720280. As inscricións estarán abertas a partir do 20 de agosto.

18Xul 2024

ALFONSO VILLARES DESTACA O ESFORZO INVERSOR DA CONSELLERÍA DO MAR EN MALPICA, ONDE SE LEVAN INVESTIDOS DENDE 2009 PRETO DE 9 MILLÓNS DE EUROS

–   O responsable autonómico adianta que os estudos para a mellora do peirao están a piques de rematarse; o que suporá dar solución ao problema que ocasionan as elevadas correntes na comporta interior

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, destaca o esforzo inversor da Consellería do Mar en Malpica, onde se levan investidos dende 2009 preto de 9 millóns de euros. Así o abordou co alcalde desta localidade, Eduardo Parga Veiga, nunha reunión de traballo, na que repasaron as actuacións executadas, a través de Portos de Galicia, e analizaron novas colaboracións, co fin de seguir impulsando a actividade pesqueira da zona.

Tal é así que unha das actuacións máis significativas e que foron postas enriba da mesa por ambos os dous dirixente foron os estudos que se están a realizar para a mellora do peirao, e que permitirán dar solución a un dos problemas que existen cada vez que se producen elevadas correntes, afectando notablemente á comporta interior do porto.

A Confraría de Malpica plantexou en setembro aos técnicos de Portos de Galicia esta situación que está a requirir novos traballos de campo, como é a monitorización de certas zonas da dársena para toma de datos sobra a axitación e o efecto das correntes. Trátase dun labor que está a piques de rematar e, unha vez analizada, exporanse as conclusións. O investimento desta actuación ascende a 3 millóns de euros e súmase a outras previstas como é a instalación dunha báscula no exterior da lonxa para que os cerqueiros que descarguen de noite poidan pesar sen que os teña que atender o persoas ou a construción de novos departamentos para exportadores. Esta última iniciativa, cuxo proxecto está en redacción, dispón dun orzamento de 400.000 euros.

Con anterioridade, e grazas á colaboración da administración autonómica, tamén se procedeu á renovación de defensas e medios de amarre ou ao reforzo da estrutura da ponte de acceso á zona portuaria.

10Xul 2024

Campionato Interescolas de Surf 2024: Unha Festa do Deporte en Malpica de Bergantiños

A Federación Galega de Surf, en colaboración con One Surf Academy realizarán o próximo Campionato Interescolas de Surf 2024. Este evento deportivo celebrarase o sábado 13 de xullo na Praia de Area Maior de Malpica de Bergantiños, tras ser aprazado debido ao mal tempo.

O campionato contará coa participación de entre 20 e 130 mozos surfistas, con idades comprendidas entre os 9 e 16 anos. Os participantes competirán en diferentes categorías, mostrando as súas habilidades e destrezas no surf baixo a atenta mirada dun panel de xuíces expertos. O equipo técnico estará composto por 7 persoas, asegurando o correcto desenvolvemento do evento.

Equipo Técnico e Organización

  • Xuices: Un panel de 4 persoas encargaranse de puntuar a cada participante durante a competición.
  • Montadores: Un equipo de 2 persoas será responsable da instalación das infraestruturas necesarias na praia, como carpas, mesas, cadeiras e megafonía.
  • Delegado: Un representante da Federación Galega de Surf estará presente para supervisar e coordinar todas as actividades do evento.

Establecerase unha zona de competición específica, onde se instalará a cabina de xuíces e a carpa do “beach marshall”, encargada da entrega de licras aos competidores. Ademais, disporase dun sistema de megafonía de 500W para manter informados aos participantes sobre a programación da competición. A zona de competición no mar estará claramente delimitada para garantir a seguridade e a orde durante as probas.

Horario do Evento

  • 08:30 – Check-in de participantes
  • 09:00 – Inicio da competición
  • 15:00 – Finais
  • 16:00 – Entrega de trofeos

Categorías:

-Sub 12 Feminino e Masculino

-Sub 16 Femininio e Masculino

Invitamos aos amantes do surf a unirse a esta celebración do deporte e a apoiar aos mozos talentos que competirán neste evento. O Campionato Interescolas de Surf 2024 é posible grazas ao apoio da Xunta de Galicia, Deporte Galego, o Concello de Malpica de Bergantiños e patrocinadores.

10Xul 2024

Volven as visitas teatralizadas para coñecer a historia da vida no Forno do Forte

O Ecomuseo Forno do Forte de Malpica acolle un ano máis visitas teatralizadas baixo o título “Ao principio había barro”. Estas actividades están dirixidas a todos os públicos e son de balde, sen necesidade de inscrición previa.
As datas das visitas son:

Sábado, 13 de xullo ás 12:00h

Sábado, 27 de xullo ás 12:00h

Sábado, 17 de agosto ás 12:00h

Sábado, 31 de agosto ás 12:00h


Os participantes poderán gozar dunha experiencia única onde a historia e a tradición do Forno do Forte cobran vida a través da teatralización.
Sinopse:

A chegada dunha visitante (Lola) ao ecomuseo forno do forte vai romper coa tranquilidade do guía do museo (Carlos). Lola ven buscando respostas a todo canto ten escrito nun caderno, que segundo ela, levan escribindo dende o principio dos tempos os seus antepasados. A incredulidade de Carlos e as intencións de Lola, desembocarán nunha viaxe no tempo, grazas ás “propiedades máxicas” da boca do forno.
Desta vez, a visita teatralizada do ecomuseo forno do forte, convídanos a unha viaxe ao Buño primitivo, preto dos Barreiros, as orixes, pero tamén un chisco máis atrás, ao momento no que naceu a historia do barro e a humanidade.

A obra está escrita por Susana Crespo e conta coas interpretacións de Raquel Crespo no papel de Lola e Yago Espasandín como Carlos.

Esta iniciativa está organizada polo Concello de Malpica a través da súa Concellería de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes, e conta coa colaboración da Deputación da Coruña.

5Xul 2024

Malpica presenta o programa “Seráns na Vila” para o verán 2024

Actividades culturais e de lecer para todos os públicos

O Concello de Malpica anunciou hoxe o seu programa estival “Seráns na Vila”, que ofrece unha serie de actividades culturais e de entretemento durante os meses de xullo e agosto. O calendario de eventos inclúe actuacións musicais, representacións teatrais e actividades ao aire libre en diferentes localizacións, como a área recreativa de Río de Vaa e o Paseo da Praia. O obxectivo é ofrecer un espazo de encontro e diversión para todos os públicos.

Calendario de actividades:

  • 7 de xullo: Moby Dick de Pedras de Cartón (17:30) e ruta guiada polos muíños de Río de Vaa (18:30) na área recreativa de Río de Vaa.
  • 13 de xullo: Concerto de A Banda do Verán (20:00) no Paseo da Praia.
  • 27 de xullo: Rogelio la Fete e As Sirópatas (20:00) no Paseo da Praia.
  • 3 de agosto: Cabicicla de Pablísimo (20:00) no Paseo da Praia.
  • 10 de agosto: As Minas do Rei Salomón de Teatro Ghazafelhos (20:00) no Paseo da Praia.
  • 25 de agosto: Actuación da Banda de Música de Abegondo (17:00) polas rúas da vila.

O Concello de Malpica convida a todos a participar e gozar destas actividades de verán malpicán cheo de cultura e diversión.

Página 2 de 1812345...10...Última »