9Xan 2024
O Concello de Malpica organiza unha limpieza de praias o vindeiro sábado, 13 de xaneiro
Desde a Concellería de Medio Ambiente xa estamos a levar a cabo a limpeza e retirada dos pellets plásticos das praias afectadas xunto co persoal do Concello e Protección Civil.
O concelleiro de Medio Ambiente, Rodrigo Mato, convoca una xornada de limpeza de praias que terá lugar este sábado, 13 de xaneiro, ás 10.00 da mañá, coincidindo coa baixamar.
As persoas que desexen unirse como voluntarios e voluntarias, poden inscribirse desde mañá, tanto por vía telefónica contactando no 981720001 ou de forma presencial nas oficinas do Concello. Organizaranse varios grupos para levar a cabo a limpeza nas praias Seiruga, Beo, Area Maior e as Torradas. É importante aputarse para colocar a cada persoa na praia máis cercana.