Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Xoves 19°
16°
Venres 20°
14°
Sábado 21°
16°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE

ACTUALIDADE

10Dec 2021

A Concellaría de Cultura de Malpica presenta o Mercado Artesán de Nadal

Durante dúas xornadas haberá música, obradoiros e visitas especiais, entre outras actividades

Xa está aquí o cartel do Mercado Artesán de Nadal que propón a Concellaría de Cultura de Malpica. A iniciativa levarase a cabo na Praza de Abastos, o sábado 18 e o domingo 19 deste mes, con numerosas actividades.

A programación para o sábado é a seguinte:

  • 11:00 horas: Apertura do mercado
  • 13:00: Meigallo Pandereteiras
  • 16:30: Obradoiro de instrumentos musicais con Percusións Lobera (para cativos)
  • 16:30: Obradoiro coas redeiras O Fieital (para cativos)
  • 18:00: Chocolatada
  • 18:30: A visita do Apalpador Cía Pajarito

Xa o domingo, a xornada desenvolverase como se describe a continuación:

  • 12:00: Apertura do mercado
  • 12:30: Os Viqueiras e Cabezudos
  • 16:30: Obradoiro de macramé con Vivo Macramé (para adultos). Inscricións no teléfono 698129203
  • 16:30: Obradoiro de cestería con O Son das Varas (para cativos)
  • 18:00: Chocolatada
  • 18:30: Cé Orquestra Pantasma (Home Orquestra)

Dende o Concello convidamos a todo o mundo a visitar o noso Mercado Artesán de Nadal para gozar destas festas.

10Dec 2021

A Concellaría de Deportes presenta o Nadal Deportivo de Malpica

Haberá diversas clases e exhibicións

A Concellaría de Deportes, con Noelia Freijeiro á fronte, ten preparado un Nadal Deportivo en Malpica. Velaquí as propostas:

  • Control marcas atletismo: 22 de decembro, dende as 10:30 horas. De 7 a 13 anos. Inscricións ata o día 20.
  • Deportes de raqueta: 23 de decembro, dende as 10:30 horas. A partir dos 7 anos. Inscricións ata o día 20.
  • Campamento deportivo: 27, 28 e 29 de decembro, de 10:30 a 13:30 horas. De 7 a 13 anos. Inscricións ata o día 21.
  • Fútbol 3×3: 30 de decembro, desde as 10:00 horas. A partir dos 7 anos. Inscricións ata o día 27.
  • Campamento deportivo: 3, 4 e 5 de xaneiro, de 10:30 a 13:30 horas. De 7 a 13 anos. Inscricións ata o día 28.

Os interesados en participar poden consultar máis información así como anotarse no departamento de deportes do Concello ou no teléfono 981 72 00 01.

A maiores, haberá as seguintes exhibicións de patinaxe artístico, a cargo do club Patín Velúa:

  • Día 18 de decembro, no polideportivo, ás 18:00 horas.
  • Día 29 de decembro, no paseo da praia, ás 18:00 horas.

O consistorio malpicán anima a toda a cativada do pobo a participar para desfrutar o máximo destas datas.

10Dec 2021

O 2022 traerá consigo máis campañas para fomentar as compras na vila

Organiza a Concellaría de Promoción Económica, Emprego e Comercio

A Concellaría de Promoción Económica, Emprego e Comercio de Malpica segue a traballar en novas iniciativas de cara ao ano que vén para fomentar a compra na hostalaría, o comercio e a alimentación e contribuír, así, a dinamizar a vila.

Dende o departamento recordamos que veñen datas de gran importancia para os negocios da localidade coa campaña de Nadal. Dende o consistorio animámosvos a mercar en Malpica para apoiar ó sector. Son varios os motivos:

✅ Son os nosos veciños

✅Xeran emprego no noso pobo

✅Ofrecen unha atención persoal, próxima e profesional

✅Venden produtos de calidade da nosa terra

✅Participan nas actividades da localidade

Apoia a economía local, merca en Malpica.

9Dec 2021

Aviso: corte do subministro da auga nalgúns puntos durante hoxe e mañá

Realizaranse traballos de mantemento no depósito da Pedra Queimada

O Concello de Malpica informa de que se levará a cabo un corte do subministro da auga nalgúns lugares durante hoxe e mañá.

Será dende as 23:00 horas deste xoves 9 de decembro ata as 7:00 do día 10.

Afecta ós aboados dos seguintes puntos: Malpica núcleo, A Camuza, Cancela de Areas, Seaia, Pedreiriña, Sorrío, A Vista, Os Medros, Vigo, Pontella, Camarada e Beo.

O motivo non é outro que os traballos de mantemento que se realizarán no depósito da Pedra Queimada.

8Dec 2021

Malpica acende a iluminación de Nadal

Esta semana acabarán de instalarse as luces nas parroquias


O Concello de Malpica acendeu hoxe a iluminación de Nadal. Esta semana acabarán de instalarse as luces nas parroquias. Son moi variadas e mesmo 3D moitas delas.


Dende o consistorio malpicán, e concretamente dende a Concellaría de Servizos, Seguridade Cidadá, Tráfico, Medio Rural, Mar, Turismo e Festexos con Alfredo Cañizo á fronte, somos conscientes de que estas datas serán máis especiais, se cabe, logo dun ano que esta festividade estivo moi condicionada pola chegada do coronavirus. Por iso queremos contribuír a dinamizar o pobo para apoiar aos distintos sectores económicos nestas festas de importante actividade.

Bo Nadal a todos, con sentidiño!

7Dec 2021

Continúa a campaña “Un Nadal de premio no comercio de Malpica”

Hai vinte e cinco negocios adheridos e sortéanse cinco vales de 100 euros cada un deles

Segue en marcha a campaña “Un Nadal de premio no comercio de Malpica” da man da Concellaría de Promoción Económica, Emprego e Comercio, dirixida por Pilar Doldán. O funcionamento é o seguinte: hai vinte e cinco negocios adheridos, nos cales por cada 20 euros de compra, poderás optar a un vale de 100 euros para gastar nos mesmos. Sortéanse cinco tarxetas en total e remata o 6 de xaneiro. Aproveita para mercar no pobo!

Toma nota dos establecementos nos que poderás aspirar a facerte con ese gran agasallo económico: Administración de Loterías Pedra Douro, Almacenes Armas, Alverixa, Asfeco Asesores, A Tenda de Vera,  A Tenda de Carmen, Calzados LC, Elemoba, Estanco Vanessa Varela Morales, Estanco Visi, Farmacia Ana Fernández Viñas, Farmacia Atlántico, Floristería Lolita, Gemma Chouciño Estética, Joyería Pallas, Librería Casa Pardo, Librería Miguens, Lolas, Peluquería Ana Ures, Peluquería Cristal, Peluquería Isabel, Peluquería Marta, Peluqueria Spellos, Teresiña de Facal e Torrado Anido SL.

7Dec 2021

Dezanove casos de covid en Malpica a día 7 de decembro

Os veciños e as veciñas afectad@s poden solicitar axuda a través de varios teléfonos

Segundo os últimos datos facilitados pola Consellería de Sanidade, o noso municipio rexistra 19 casos activos de covid-19 a día de hoxe, 7 de decembro.

Dende o Concello de Malpica pedimos prudencia a todos os veciños e as veciñas para deter a pandemia.

Do mesmo xeito, recordamos que, se estás contaxiado e precisas axuda, non dubides en poñerte en contacto coa área de Servizos Sociais no teléfono 981 720 280 ou con Protección Civil a través dos números 661 626 166 e 693 400 673.

Recorda que temos Concellaría de Sanidade.

6Dec 2021

Nova recollida de residuos urbanos especiais esta semana

Comeza mañá, martes 7 de decembro, e haberá dous días máis de percorrido polas casas

A empresa Collecting Oil levará a cabo unha nova recollida de residuos urbanos especiais no Concello de Malpica esta semana. O percorrido polas casas comeza mañá, martes 7 de decembro. Estes son os lugares que inclúe o primeiro traxecto: Porto do Fondo, As Casas Novas, Mens, O Miñón, Asalo, Bocelo e Badarra.

O xoves continuarán por Filgueira, A Fonte dos Bois, Seixas, Vilarnovo, Piñeiros, Rúa Ventorrillo, Pedra Queimada, As Neves, A Camuza, Travesía I A Camuza A. A última xornada será o venres nas rúas Ventorrillo, Escorial e Emilio González López.

Promove esta iniciativa a Concellaría de Turismo, Festexos, Policía e Tráfico, Seguridade Cidadá e Protección Civil, Medio Rural, Mar e servizos, con tenente alcalde Alfredo Cañizo á fronte.

Esta recollida inclúe ata oito tipoloxías de residuos:

  • Aceite de cociña usado: de fritura, de conservas…
  • Graxas e manteigas: animal, de roxóns…
  • Pilas e baterías: de botón, AAA, alcalinas, electrónicas e de vehículos a motor…
  • Bombillas: de baixo consumo, LED e fluorescentes…
  • Electrodomésticos e electrónicos pequenos do fogar: microondas, tostadores, secadores, radios, teléfonos, ordenadores, ferramentas eléctricas…
  • Consumibles de impresoras: tóner, cartuchos e tambores…
  • Residuos téxtiles e roupa: non importa o seu estado (roto, destinguido…), só se solicita que estea limpo.
  • Restos metálicos pequenos do fogar: tixolas, moldes, potas, enxoval do fogar, bandexas…

O día da ruta, os residuos deberanse deixar nun lugar accesible antes das 9.00 horas. Pódese contactar coa empresa responsable a través do número de teléfono 639 920 936 (tanto por chamada como mediante WhatsApp) ou no correo electrónico info@collectingoil.com.

6Dec 2021

Malpica vibrou con “Pinocchio” e “Crónica dunha heterosexual insatisfeita”

A 17ª Mostra de Teatro do Concello chegará o próximo venres ó seu fin

O auditorio do Centro Cívico de Malpica acolleu durante esta fin de semana dúas obras incluídas na 17ª Mostra de Teatro do Concello.

O venres foi a quenda de “Pinocchio”, da compañía Teatro Ghazafelhos. Foi unha representación musical na que o monicreque universal encheu ó público de risa e emoción. Da man de Pepablo Patinho, Montse Piñón, Jorge Casas, Paty Lesta e Cristian Leggiero viviuse unha tarde-noite de aventura que marabillou ás familias malpicás.

“Crónica dunha heterosexual insatisfeita”, de Verdeveras Expresións Artísticas, en coprodución co Centro Dramático Galego, chegou o sábado. Este espectáculo, dirixido e interpretado por Mª Ángeles Iglesias, abordou temas como a sexualidade, a parella, os soños, as frustracións, os desexos e as fantasías da muller. Convidou, así, ás espectadoras a reflexionar sobre normas ou parámetros establecidos que se fan propios sen pensar se hai unha opción diferente que teña máis que ver con cada persoa.

Esta última obra está subvencionada pola Área de Igualdade da Deputación da Coruña-Teatro en Igualdade. A concelleira de Igualdade en Malpica, Marisol Blanco, non a quixo perder. Mesmo conversou coa directora e protagonista e mercou o libro que recolle o guión da obra.

Próxima cita

A próxima e última cita será o vindeiro venres con “Vida de cans”, de Talía Teatro (auditorio do Centro Cívico a partir das 20:30 horas). Esta iniciativa, que conta co apoio da Deputación da Coruña, conta cun aforo limitado debido á pandemia, polo que é necesario reservar as entradas (gratuítas) en auditoriodemalpica@gmail.com, indicando nome completo, número de DNI e un teléfono de contacto.

6Dec 2021

O rock regresou a Malpica por todo o alto

Agrupacións locais e internacionais actuaron no festival organizado pola Concellaría de Turismo e Festexos, coa colaboración do veciño Manu Ferreiro

O rock regresou a Malpica tempo despois da man da Concellaría de Turismo e Festexos e coa colaboración do veciño Manu Ferreiro. Organizou o festival Malpica Rock no que actuaron agrupacións locais e internacionais.

A cita celebrouse este sábado á noite na rúa principal do centro urbano, a Vila Fano. Foron moitos os veciños que, pese ó mal tempo característico destas datas, se animaron a gozar da boa música. Unha carpa colocada polo Concello serviu de moita axuda neste sentido.

Ambigüo, de A Laracha; El puto Antón e artistas convidados; 58 Shots, de Francia, e Recambios Tucho deleitaron ós asistentes coas súas interpretacións. Esta música xa ten o seu percorrido na localidade, con eventos consolidados como referentes a nivel galego.

Seguimos traballando para dinamizar a vila da vida na Costa da Morte! Foi a antesala do Nadal, datas para as que xa hai programadas numerosas actividades.