Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Venres 17°
11°
Sábado 17°
11°
Domingo 17°
11°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. O Concello de Malpica súmase á convocatoria silenciosa de mañá como acto de solidariedade co pobo ucraíno

8Mar 2022

O Concello de Malpica súmase á convocatoria silenciosa de mañá como acto de solidariedade co pobo ucraíno

O acto, ao que esta convocado toda a veciñanza, será ás 12:00 horas na praza da fonte Anselmo Villar Amigo

O Concello de Malpica únese mañá á convocatoria silenciosa de cinco minutos en solidariedade co pobo ucraíno. Un encontro, ao que o equipo de goberno convida a toda a veciñanza a unirse, será ás 12:00 horas na praza da fonte Anselmo Villar Amigo.

Malpica súmase así á iniciativa da Femp ao igual que a FEGAMP, un acto no que tanto os gobernó local como toda a poboación quere trasladar o seu apoio e afecto a todas as persoas que están sufrindo nestes momentos as consecuencias do conflicto bélico desencadeado pola Federación Rusa contra Ucraína.