O Concello de Malpica convértese esta sábado na capital do Lognboard. A praia de Area maior acolle 3ª Proba do Circuito Nacional ( FES), Campionato Galego de LONGBOARD E SUP WAVE (FGS) o vinderio sábado 11 de novembro. O evento está organizado polo Concello de Malpica, FESURFING e a Xunta de Galicia con One Surf Academy.
Nesta ligazón dispos de toda a información da proba.
A biblioteca municipal, Eduardo Blanco Amor de Malpica, acolle o vindeiro luns, 13 de novembro ás 18:15 horas, a presentación do libro “O que me quedaba por decirche” do autor Alberto Mancebo.
A Concellería de Cultura de Malpica e a Biblioteca Manuel María do IES Urbano Lugrís organizan esta actividade.
Dende o consistorio inviamos a todas as persoas a participar neste encontro literario.
Sinopse: A vida de Xoán transcorre nunha especie de entresoño que o obriga a manter unha relación dificultosa e estraña co mundo que o rodea. A súa inusitada beleza, na que todos reparan, e as experiencias que percibe cando adormece, convérteno nun mozo tan peculiar coma a súa familia. Ao pouco de coñecer a Paula, decidida, madura e cunha marcada historia, Xoán descobre unha calma que pouco lle vai durar. Ao mesmo tempo, coa axuda da súa irmá procurará unha peza enquistada do pasado da que aínda quedaban asuntos por resolver. En «O que me quedaba por dicirche» Alberto Mancebo tece con axilidade e sutileza unha historia familiar, íntima e sentimental baseada nas intensas emocións dun estraño protagonista co que calquera persoa se podería identificar.
No evento darase a coñecer o gañador ou gañadora do XVIII Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas
Este sábado 11 de novembro terá lugar na Casa do Pescador, en Malpica de Bergantiños, a Cea das Letras 2023. O evento comezará ás 21:00h e nel darase a coñecer o gañador ou gañadora do XVIII Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas. Para poder asistir é necesario inscribirse chamando ao 649 507 285 ou ao 981 707 104.
Estamos emocionados de anunciar o noso programa de compostaxe doméstica para promover un entorno mais saudable no noso concello. Queremos invitar a todos os veciños e veciñas a unirse a esta iniciativa.
En que consiste? Imos entregar un total de 50 composteiros ás persoas interesadas. Con isto, poderedes reciclar os residuos orgánicos dunha forma ecolóxica e contribuír a preservación do noso entorno.
Se queres ser parte de este proxecto e recibir o teu composteiro,a partir de hoxe xa podes pasarte polo concello para solicitar o formulario ou descargalo dende a paxina web do concello e devolvelo debidamente cuberto nas nosas oficinas ou no seguinte enderezo correo@malpicadebergantinos.com. Dado que o número de participantes e limitado, as prazas asígnase por orde de inscrición, quedando o resto dos interesado/as anotado/as para unha seguinte fase do programa Este programa leva aparellada unha xornada de formación de aproximadamente 1 hora. Ó remate da mesma farase entrega dos composteiros e de un manual didáctico Únete a nosa iniciativa , xuntos podemos marcar a diferencia no noso entorno.
¡Coidemos do noso concello e fagamos de Malpica un lugar mais verde e limpo!
A Deputación Provincial da Coruña financiou ao concello de Malpica de Bergantiños a través da convocatorio do programa MA100 SUBVENCIÓNS A CONCELLOS DA PROVINCIA DA CORUÑA PARA LIMPEZA DE PRAIAS MARÍTIMAS 2023 finaciou a contratación dunha brigada de 5 peóns de limpeza de praias por importe de 12.449,09 euros.
A brigada estivo operativa nos meses de agosto e setembro de 2023 rematando os seus traballos o 11 de setembro de 2023 e foron contratados cinco peóns de limpeza de praias.
O Concello de Malpica, en colaboración coa Deputación da Coruña organiza a XIX Mostra de Teatro Malpica con ampla programación. A Mostra componse de oito obras de teatro para diversos públicos, con funcións os venres dende o 27 de outubro ata o venres 22 de decembro. O horario das actuacións será sempre ás 20:30, no auditorio do centro cívico de Malpica.
Venres 1 de decembro, ás 20.30, Running. Unha Suorenta Comedia de Ste Xeito Producións.
Elenco:
Stephy LLaryora
Sergio Macias
Dirección:
Esther F. Carrodeaguas
Duración: 75 minutos
Xénero: comedia
Público preferente: adultos e mozas/os a partir de 12 anos
Venres 8 de decembro, ás 20.30, Entrega en man. Contraproducións
Elenco:
Evaristo Calvo
Santi Romai
María Roja
Diego Sales
Duración: 90 minutos
Xénero: Comedia
Público preferente: Adultos
Venres 22 de decembro, ás 20.30, Degustación de imposibles do mago Joshua Kenneth
Duración: 70 minutos
Xénero: maxia
Público preferente: todos os públicos
Para máis información as persoas interesadas poden acudir ao departamento de Educación e Cultura do Concello de Malpica en horario de 9:30h a 14:00 ou chamar ao 981 707 104.
Con motivo do 90 aniversario das Misións Pedagóxicas, o Concello de Malpica exporá no Fondo Lugrís (aula circular) do Centro Cívico a mostra fotográfica “As Misións Pedgóxicas en Malpica”. Esta exposición, organizada polo Concello amosa imaxes das diferentes representacións de monicreques levadas a cabo na vila entre 1933 e 2022. Poderase visitar do 16 ao 30 de outubro.
José Val del Omar, Ramón Naya, Fernández Mazas, Miguel Prieto e Urbano Lugrís impulsaron xunto a Rafael Dieste o inicio dos espectáculos de monicreques en Malpica de Bergantiños. Estas obras eran interpretadas polas Misións Pedagóxicas por toda España.
Para conmemoralos o 22 de outubro Diáspora teatro representará a obra “O Peirao”. María Dobronich e Dani Blanco daranlle vida aos monicreques que narrarán a historia de dous pescadores de contos, como mensaxes en garrafas que chegan á beira. Cabe salientar que o peirao é un espectáculo sobre o valor da natureza a relación que temos as persoas con ela. A obra ten una duración de 45 minutos está dirixida para os máis pequenos e mestura monicreques, narración oral o clown e o teatro de obxectos que lle darán vida a esta fermosa historia. O evento será ás 18:00h na praza Anselmo Villar Amigo, pero no caso de que faga mal tempo, trasladarase ao auditorio do Centro Cívico de Malpica.
O autobús de Coidados Porta a Porta chegará a Malpica por terceira vez, os días 7, 8 e 9 de novembro para ofrecer aos maiores de 55 os seguintes servizos:
Podoloxía: para a prevención, diagnóstico e tratamento das principais patoloxías dos pés (eliminación de durezas, control de uñas)
Audioloxía: Valoración e exploración funcional da audición e prevención da perda auditiva.
Prevención do alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas. Consistente en: realización de probas de valoración cognitiva, exercicios e fichas de estimulación cognitiva, actividades de estimulación funcional e envellecemento activo, prevención da soidade non desexada e promoción da autonomía persoal.
Estará situado no aparcamento ao lado do Centro Cívico de Malpica. As persoas interesadas deberán pedir cita previa ou ben chamando ao 622 748 283 – 623546992 ou enviando un mail coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal
Entre as 09.00 e as 18.00 horas do 10 de outubro realizarase un corte na rede de abastecemento de agua na zona do Camiño do Río, en Malpica. O corte débese as melloras que se están acomentendo na zona.
Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario - Ocultar detalles
• Social media Facebook, Twitter e outras Redes Sociais precisan utilizar cookies para recoñecerte.
• Analytics Os datos recollidos polas cookies de Google Analytics son anónimos e só se usan para valorar a experiencia do usuario no nosa web.
• Anuncios Este sitio pode albergar publicidade propia, de afiliados, ou de redes publicitarias.
• Cookies propias Este sitio utiliza cookies propias para facilitar o acceso e mellorar a navegación e experiencia ao usuario Aviso Legal ACEPTOLeer más