Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Luns 13°
10°
Martes 12°
Mércores 12°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. O Concello de Malpica publica a oferta de actividades das Escolas Deportivas para Adultos para o curso 2022-2023

15Set 2022

O Concello de Malpica publica a oferta de actividades das Escolas Deportivas para Adultos para o curso 2022-2023

As clases de zumba, ioga, pilates e ximnasia terapéutica impartiranse tanto en Malpica coma en Buño.

Este curso 2022/2023 haberá actividades para todas as idades en Malpica. Cada unha das opcións ten un custe de 10.85€ por persoa e impartirase en distintas quendas e diferentes ubicacións.
Por unha banda, as clases de zumba están enfocadas a persoas maiores de 16 anos e serán en horario de tarde. Haberá dous grupos en Malpica, no Centro Cívico: os luns de 21.00h a 21.55h e os mércores no mesmo horario. En Buño, haberá un único grupo os mércores de 17,45 q 18.40 na Casa do Oleiro.
As clases de ximnasia terapéutica están pensadas para maiores de 50 anos e impartiranse os martes e xoves: de 10.30h a 11.15h na casa do Oleiro de Buño e de 11.30h a 12.15h no Pavillón Polideportivo de Malpica.
Pilates impartirase os luns de 17.45h a 18.40h na Casa do Oleiro de Buño e, no Centro Cívico de Malpica hai diferentes quendas: os luns e os mércores de 19.00h a 19.55h ou de 20.00h a 20.55
Por último, as clases de ioga serán os luns no Centro Cívico de Malpica de 11.30h a 12.25h e os mércores na Casa do Oleiro de Buño de 11.30h a 12.25h.
Todas as persoas interesadas poden solicitar máis información ou reservar praza no Departamento de Deportes de Malpica ou chamando ao 981 72 00 01 en horario de 09.00h a 14.00h.
O número máximo de participantes en cada escola deportiva será determinado polo protocolo específico, ao mesmo tempo que se non se chega ao mínimo establecido terán que ser suspendidas ou substituídas por outras actividades.