Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Xoves 14°
11°
Venres 13°
10°
Sábado 13°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. O Concello de Malpica inicia as obras de ampliación do cuartel da Garda Civil

15Set 2022

O Concello de Malpica inicia as obras de ampliación do cuartel da Garda Civil

  • A actuación, que conta cun orzamento de 43.000 euros, permitirá reformar as dependencias situadas na planta baixa da casa consistorial.
  • Habilitaranse dúas oficinas, sala de agarda, vestiarios e dous baños.
  • “O contrato desta obra estaba asinado por min desde o 29 de marzo de 2019 e logramos facer realidade as demandas da Garda Civil”, explica Eduardo Parga.

Hoxe, xoves 15 de setembro, o Concello de Malpica iniciou as obras de reforma das instalacións da planta baixa da casa consistorial, unha actuación que conta cun orzamento de 42.935,98 euros e que permitirá ampliar e mellorar as dependencias da Garda Civil.

O proxecto, que responde a unha necesidade de espazo dos axentes da Guardia Civil, permitirá habilitar, neste novo espazo acondicionado, dúas oficinas, unha sala de agarda, vestiarios masculino e feminino e dous baños independentes.

O alcalde de Malpica, Eduardo Parga, explica que “o contrato desta obra xa estaba asinado por min desde o 29 de marzo de 2019”. “Hoxe facemos realidade as demandas da Garda Civil”, afirma.