I Concerto Rock Concello de Malpica, no que actuaron Tálesien e The Cerne Revival Band, foi todo un éxito. Con esta nova cita organizada pola Concellaría de Turismo e Festexos, con Alfredo Cañizo á fronte, séguese a traballar para dinamizar Malpica.
A cita celebrouse este sábado 10 de xuño á noite na Rúa Eduardo Vila Fano, ante un numeroso público que se achegou para gozar das actuación de ambos grupos de gran traxectoria no xénero Rock.
A Concellería de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes de Malpica colaborou na creación dunha lenda educativa escrita para o proxecto “Aprende a través do surfing”, que se presenta hoxe para conmemorar o Día Mundial dos Océanos.
Nesta ligazón podes descargar “EL ENCUENTRO. Un cuento de humanos y orcas”, escrito por David Blanco de Rojas e ilustrado por Catalina Rodríguez Villazón
A Concellería de Turismo e Festexos, que dirixe Alfredo Cañizo, vén de presentar a 1ª edición do Concerto Rock Concello de Malpica.
O vindeiro sábado 10 de xuño na Praza Villar amigo, a partir das 23.00 horas, poderemos gozar da boa música da man dos grupos galegos de Talesien e The Cerne Revival Band, dúas bandas de música de gran relevancia no xénero rock.
Mañá, martes 30 de maio ás 18.00 horas temos un encontro coa escritora María Rei Vilas, gañadora do premio Manuel Barros de narrativa 2020 e premio literario San Clemente Rosalía-Abanca, na Biblioteca Municipal de Malpica.
O evento, englobado dentro da programación “Malpica nun Mar de Letras”, é de entrada libre e invitamos é veciñanza a gozar desta actividade organizada pola Biblioteca Manuel María – IES Urbano Lugrís Anpa Orxeira en colaboración coa Concellería de Cultura da nosa vila
O XVIII Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas púxose en marcha coa presentación da cita nun acto que tivo lugar na mañá deste xoves no salón de Plenos do Concello de Malpica. O concurso literario, nacido no ano 2005, xa é unha tradición na convocatoria poética en lingua galega e segue atraendo cada ano un destacado número de participantes.
No acto desta mañá participaron o alcalde de Malpica, Eduardo Parga, a concelleira de Cultura , Noelia Freijeiro, e o presidente da asociación cultural Caldeirón (entidade que convoca o certame), Paco de Tano.
Eduardo Parga fixo una lembranza de Paco Souto, un dos artífices deste certame e lembrou que comezo cando el era concelleiro de Cultura. “Esperemos que neste novo certame haxa máis interesados e máis participación e o Concello seguirá apoiando mentres se celebre o certame. “.
Pola súa banda, Paco de Tano lembrou, do mesmo xeito que o alcalde, a figura de Paco Souto, falecido en 2017, como un dos impulsores deste premio. “Entre o dous chegamos a facer esta editorial que a única editorial de poesía en toda Galicia. Unha editorial que naceu aquí en Malpica. Somos pequeniños pero ao mesmo tempo somos moi grandes culturalmente.”. Tano finalizou apuntado que “temos un premio único en toda España”.
Bases
BASES 1) Poderán optar ao premio todos os autores e autoras de calquera nacionalidade que presenten un libro de poesía inédito de temática erótica non premiado con anterioridade e escrito en lingua galega, en calquera das súas normativas recoñecidas.
2) Establécese un premio único de 1.500 € (suxeitos ás retencións correspondentes) e a publicación da 1ª edición da obra na colección Illas Sisargas da Editorial Caldeirón. Esta edición constará de 400 exemplares. Os dereitos de autoría desta primeira edición considéranse cubertos pola contía do premio. Porén, entregaranse en compensación á persoa gañadora 15 exemplares da obra. Editorial Caldeirón resérvase o dereito de edición da obra por un prazo de dezaoito meses.
3) Os textos enviaranse por correo electrónico en formato PDF ao enderezo seguinte premio@caldeiron.org Na mensaxe incluiranse dous arquivos, un coa obra e outro coa plica. O arquivo da obra non incluirá ningunha referencia ao autor ou autora. No da plica indicarase o título da obra, o nome completo do autor ou auto‐ ra, documento identificativo, e todos os datos de contacto.
4) O prazo de admisión de orixinais remata o domingo 17 de setembro de 2023 á medianoite.
5) O xurado estará composto por tres persoas: unha a proposta do Alcalde-Presidente do Concello de Malpica de Bergantiños, outra a proposta da A.C. Caldeirón e o gañador ou gañadora da edición inme‐ diatamente anterior do certame ou, de non ser posible, outra persoa de relevancia no sistema literario. Actuará como Secretario o membro do xurado proposto polo Concello de Malpica ou, no seu defecto, quen de‐ signe a A.C. Caldeirón. O xurado decidirá sobre calquera extremo non contemplado nestas bases e a súa decisión será inapelable.
6) As persoas participantes terán a obriga de comunicar á organización a concesión de calquera premio que obteña a obra presentada, no mo‐ mento en que esta situación se produza, o que dará lugar á súa exclusión do concurso. O xurado actuará en pleno, a ser posible en sesión única, requiríndose a asistencia de dous dos seus membros como mínimo. As deliberacións serán secretas e delas redactarase a acta correspondente. O premio po‐ derá ser declarado deserto ou compartido “ex-aequo” por varias autoras e/ou autores, se o xurado o estima oportuno. A decisión do xurado terá lugar no mes de novembro de 2023 e darase a coñecer no marco da Cea das Letras. A continuación, comunicarase a información aos medios de prensa.
7) Non se manterá correspondencia sobre as obras presentadas. 8) A participación no certame supón a total aceptación destas bases.
Toma boa nota do programa e non te perdas ningunha destas xenias propostas da concellería de Cultura:
Do 12 ao 31 de maio podes visitar a exposición Francisco Fernández del Riego na Biblioteca Municinal Eduardo Blanco Amor
Venres 12 de maio20.00 h Presentación da obra gañadora e do accésit do XVII Certame de Poesia erótica Ilas Sisargas: Feitas ao sisel de Diana Kurich e Corpo Nómade de Teresa Rios Nova no 1° andar da Casa do pescador.
Luns 15 de maio11.00 h Representación da obra Crónicas Clásicas de Condetrespés S.L. para o alumnado do IES Urbano Lugris no Auditorio do Centro Cívico
Martes 16 de maio11.00 h Representación da obra A viaxe Feliz de Ramón San Fiz deFantoches Baj para alumnado do CEIP Joaquin Rodriguez Otero, do CEIP Milladoiro e das Escolas de Mens e Barizo do CRA A Nosa Señora do Faro no Auditorio do Centro Cívico
Mércores 17 de maio17.30h I Ruada Nun Mar de Letras ,Meigallo e Riola da A.C.D. Carcaxía, Feiticeiras da A.C. Malante, Grupo de música da A.C. Raigañas Pan Sen Fron no Recinto da Casa do Oleiro
Sábado 20 de maio18.00 horas Presentación do libro A urna das cartas de Héctor PoseSalón de actos da Confraria de Pescadores de Malpica
Mércores 24 de maio12.00 h Presentación das Bases e convocatoria do XVIII Certame de Poesia erótica “Illas Sisargas” – Salón de plenos da Casa do Concello
Martes 30 de maio 18h.00 haberá un encontro coa escritora María Rei Vilas na Biblioteca Municipal Eduardo Blanco AmorVer insights y anunciosPromocionar publicaciónMe gustaComentarCompartir
Hoxe xoves finaliza a excursión organizada pola concellería de Sevizos Sociais. O domingo viaxaron a Portugal 52 veciños e veciñas, aos que os acompañou a concelleria Marisol Blanco e o alcalde Eduardo Parga. Os excursionistas aloxáronse no Crystal Resort en Vieira Beach, Leiria durante 5 días. A estancia fíxose amena e visitaron varias cidades de Portugal e Coimbra a universidade máis antiga. Na estancia en Fátima, coñeceron o santuario e gozaron dun agradábel paseo pola cidade. En Nazaré, contemplaron un fermoso panorama da cidade, visitaron a Igrexa da nosa Señora de Nazaré e a Capela da Virxe da Memoria. Na parte baixa do pobo coñeceron os secadoiros de peixe, e deron un longo paseo xunto á praia de Banjos, famosa por ser o berce do windsurf. Xa en Lisboa, disfrutaron dun día moi ameno visitando Barrio de Belén, Praza do Comercia, Avda. da Libertade, o elevador de Santa Xusta e a beleza da cidade. En Aveiro, un pequeno pobo coñecido como a Venecia do Norte, navegaron polas canles nun barco típico local, o moliceiro, antes de emprender a viaxe de regreso a Malpica.
Deportistas das escolas municipais de ximnasia rítmica e patinaxe participarán no día do ritmo en Malpica o vindeiro 28 de abril ás 18.00 horas.
Un evento organizado pola Concellería de Deportes do Concello de Malpica no que participan nenos e nenas dos concellos de Laxe, Ponteceso e Cabana Os patinadores e patinadoras do club Patín Velúa demostrarán a súa destreza neste fermoso deporte.
Dende o consistorio invitamos a todas as persoas a achegarse a animar aos nosos deportistas.
O paseo da praia de Malpica acolleu a andaina solidaria “Malpica de Bergantiños en Marcha Contra o Cancro”, organizada pola Asociación do Cancro de Malpica en colaboración co Concello de Malpica, onde 330 persoas participaron nunha xornada de bo tempo e emotiva.Esta andaina organizouse para recadar fondos para a loita contra o cancro, unha enfermidade que afecta a miles de persoas en todo o mundo cada ano. A participación de 330 camiñantes foi mostra do compromiso da comunidade tanto de veciños e veciñas de Malpica como de foráneos con esta causa. O evento comezou cunha actuación especial da regeifieira Lupe Blanco. A saída foi ás 10.45 da mañá e o percorrido consistiu en ida e volta a San Hadrián. Os participantes camiñaron en grupos, algúns camiñaron sós e outros con amigos e familiares, gozando con alegría das fantásticas paisaxes que ofrece Malpica. En San Hadrián os participantes realizaban unha parada para recoller unha botella de auga que repartía Noelia Freijeiro, concelleira de Deportes, Cultura e Patrimonio, e membros de protección civil, para manterse hidratados. Ao final da viaxe, puideron reuníronse para un evento especial con música en vivo da man da Escola de Acordeóns Alborada. Moitos mesmo puxéronse a bailar ao son dos acordes musicais. Moitas grazas a todas as persoas que organizaron este evento, aos voluntarios e voluntarias de Protección Civil, a Lupe Blanco e aos membros da Escola de Acordeóns Alborada polas actuacións desinteresadas.
O Concello de Malpica segue a apostar pola reciclaxe do aceite de cociña para minimizar a contaminación desde residuo.
O Concello de Malpica mellorará a recollida do aceite de cociña usado entregando a toda a veciñanza que o desexe un barrilete para o seu reciclaxe.
Este novo servizo será presentado o vindeiro domingo 26 de mazo ás 11.30 horas no Centro Cívico de Malpica nunha charla teatralizada moi dinámica onde nós explicarán a importancia da reciclaxe.
A empresa de recollida porta a porta RGR SOSTENIBLE S.L. será a encargada de dar a charla.
Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario - Ocultar detalles
• Social media Facebook, Twitter e outras Redes Sociais precisan utilizar cookies para recoñecerte.
• Analytics Os datos recollidos polas cookies de Google Analytics son anónimos e só se usan para valorar a experiencia do usuario no nosa web.
• Anuncios Este sitio pode albergar publicidade propia, de afiliados, ou de redes publicitarias.
• Cookies propias Este sitio utiliza cookies propias para facilitar o acceso e mellorar a navegación e experiencia ao usuario Aviso Legal ACEPTOLeer más