2Feb 2024
Xornada de Ludoteca de Entroido en Malpica
O Concello de Malpica vén de poñer en marcha unha xornada de Ludoteca de Entroido de carácter totalmente gratuíto, encadrada no marco da programación de Entroido de Malpica. A proposta terá lugar o 12 de febreiro en horario de 10.30 a 13.30 no Auditorio do Centro Cívico de Malpica.
Esta iniciativa está dirixida aos nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 9 anos. Aquelas familias interesadas deberán cubrir a solicitude e presentala no Rexistro Xeral do Concello de Malpica. O prazo queda aberto dende hoxe, 2 de febreiro, ata o 8 do mesmo mes.
As persoas que precisen máis información poden chamar ao 981 707104 en horario de 10.30 a 17.00.
Na seguinte ligazón podes descargar o impreso para a inscrición nesta actividade:
