4Mar 2024
O Concello de Malpica celebrará o 8M, Día internacional da Muller, coa lectura dun manifesto
O evento levarase a cabo o 8 de marzo ás 12.00 horas na Praza de Villar Amigo
O Concello de Malpica celebrará o 8M, Día da Internacional da Muller, coa lectura dun manifesto institucional a cargo da concelleira de Servizos Sociais, Marisol Blanco. O Lema deste ano é #8MConLuzPropia porque todas as mulleres brillan con luz propia. Ademais, «Este ano queremos dar visibilidade a esas pioneiras, as nosas avoas e tataravoas que comezaron, sen pretendelo, unha dura loita en prol da igualdade», explicou Marisol na presentación do cartel.