O Concello de Malpica lanza a xornada de Entroido Deportivo baixo o lema Sabes Xogar?
O Concello de Malpica, a través do departamento de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes, pon en marcha unha xornada de entroido deportivo baixo o lema “Sabes Xogar?”. Esta actividade organízase coa filosofía de fomentar a práctica deportiva entre os mozos e mozas con idades comprendidas entre os 10 e os 15 anos. Os participantes terán a oportunidade de disfrutar de diversas actividades deportivas, tales como fútbol 3×3, bádminton, ping pong e baloncesto.
A xornada terá lugar no pavillón polideportivo municipal o luns, 12 de febreiro, entre as 10.30 e as 13.30 horas. Aquelas persoas que necesiten máis información poderán chamar ao 981 707104 en horario de 10.30 a 17.00.
Na seguinte ligazón, podes descargar o impreso para a inscrición nesta actividade, que deberás presentar no Rexistro Xeral do Concello. O prazo de inscrición remata o día 8 de febreiro.