4Mar 2024
O Concello de Malpica inicia unha nova campaña de trampeo de avespa velutina
O Concello de Malpica vén de adherirse ao Convenio entre a Xunta de Galicia e a FEGAMP para a coordinación de actuacións no desenvolvemento do Programa Galego de Vixilancia e Control fronte á Vespa Asiática (Vespa velutina).
Os veciñ@s que estean interesados en colaborar poden anotarse dende mañá, 05 de marzo, nas oficinas xerais do Concello de Malpica e solicitar a trampa e o líquido que serán entregados nos vindeiros días.
Lembra que podes solicitar a retirada de calquera niño de velutinas chamando ao 012.
