Concello de Malpica repartiu vinte e cinco composteiros dos cincuenta que lle concedeu Sogama
O vindeiro luns 26 de febreiro comeza unha nova ruta de recollida porta a porta de residuos urbanos especiais
O Centro Cívico de Malpica acolleu a tarde do venres una sesión explicativa sobre o uso correcto dos composteiros. Os xerentes da empresa RGR SOSTENIBLE S.L., explicaron aos asistentes as claves para o uso correcto do composteiro.
Ao finalizar a charla explicativa, as/os veciños que así o solicitaran previamente, entregóuselle o composteiro e un manual facilitado por Sogama. Dende hoxe, vinte e cinco fogares do Concello de Malpica comezarán a facer compost e levar a cabo prácticas sostibles e respectuosas co entorno.
Todos aqueles veciños que desexen un composteiro poden solicitalo nas oficinas do Concello de Malpica en horario habitual.
O Concello de Malpica, dende a súa Concellería de Medioambiente, continúa así apostando pola reciclaxe e lanza tamén, como xa vén sendo habitual, unha nova ruta de recollida de residuos urbanos especiais.
Os días e as rutas correspondentes son as seguintes:
-LUNS 26 DE FEBREIRO: Aviño, Cambre, Pedrosa- A Tremoa, Rabuceiras, A Raxeira, Brión, O Castro.
-MARTES 27 DE FEBREIRO: Feira Nova, Vilar, O Empalme, A Camposa, O Piñeiro, Rúa Santa Catalina vivendas con números pares ata A Plaza.
-MÉRCORES 28 DE FEBREIRO: Rúa Forno Novo, Rúa Mouróns, Rúa Santa Filomena, Rúa Xaviña, Canelas, Rúa Nova, Rúa Gaio, Praza Cruceiro, Rúa Costa, Rúa Boavista, Rúa Santa Catalina vivendas números impares.
-XOVES 29 DE FEBREIRO: Zona Polígono Industrial, Buño, Aldeola, O Ceán, A Lagoa, Loroxo, Algadán, Ardeleiro, Pozacas-Leduzo, Taraio, Cerqueda.
-VENRES 1 DE MARZO: Pasacondia, Cortés, Filgueira, A Fonte dos Bois, Seixas, Vilarnovo, Piñeiros, Rúa Ventorrillo, Pedra Queimada, As Neves, A Camuza, Travesia I A Camuza A, Rúa Ventorrillo, Escorial.
-LUNS 4 DE MARZO: Rúa Emilio González López, Areal, Praza Santa Lucía, Igrexa, Agros, Praza Fonte Vella, Barreiro , Travesía Orxeira, Rúa Orxeira, Travesia 1 As Neves, Travesia 5 Río.
-MARTES 5 DE MARZO: Rúa As Neves, Travesia 2 Río, Travesía 3 Neves, Travesia 5 Neves, Rúa Neves B, Travesía 7 Río, Travesía 4 Río, Travesía 6 Río, Travesía 3 Río,Rúa Agra do Río, Travesía 2 Río, Travesía 1 Río, Rúa Camiño do Río, Eduardo Vila Fano.
-MÉRCORES 6 DE MARZO : Praza do Cruceiro, R/ Tío Paz, R/ San Ramón, Travesía 1 San Ramon, Travesía 2 San Ramón, Atalaia, Altamira, R/ Ramona Criado, R/Mestra, R/Caldeirón, R/Eduardo Pondal, R/ Patria Galega, R/ Campo, R/Areal, R/Carreixo do Muiño, R/Antonio Montero, R/ Praia.
-XOVES 7 DE MARZO: R/ Guardia Pardines, R/ Areal, R/Doctor Fleming, Canido, R/A Camuza C, Estrada DP4307 dende Malpica ata o desvío hacia Santiso, Travesia 2 A Camuza, Travesia 3 A Camuza, A Camuza C, Cancela de Areas, Vista, Pedrediña, Camiño da Vist, R/ Agra de Lucas, R/ Arnado.
-VENRES 8 DE MARZO: Estrada DP 4307 dende o desvío hacia Santiso ata Beo, Estrada DP4305 hacia Santiso, Santiso, Pontella, Cova, Castiñeiro, Sorrio, A Fonte Dorta, O Petón, R/ A Horta Nova, O Seixo, A Orxeira, Estrada Santo Hadrian.
-LUNS 11 DE MARZO: Beo, Vigo, Estrada DP4307 dende Beo ata Seiruga, Seiruga.
-MARTES 12 DE MARZO : Campelo, Barizo, Porto de Barizo, Avd. Agra de Lamas, Porto do Fondo, As Casas Novas, Mens.
-MÉRCORES 13 DE MARZO: Mens, O Miñon, Asalo, Bocelo, Badarra.
A veciñanza que o precise pode contactar coa empresa responsable da recollida, a través do número de teléfono 639 920 936 (tanto por chamada como mediante WhatsApp) ou no correo electrónico info@collectingoil.com.
Grazas a todos os veciños e veciñas por contribuír a preservar o medio ambiente reciclando.