Malpica prepárase para vivir un Entroido cheo de cor e diversión
Dende o 9 ata o 25 de febreiro haberá desfiles, festas infantís, e varios enterros
Malpica prepárase para dar de novo a benvida ao entroido, que se levará a cabo dende o día 9 ata o 25 de febreiro.
A concelleira de Cultura, Noelia Freijeiro, presentou esta mañá a programación e comprácese en convidar á todas as persoas a sumarse ás festividades de Entroido que se levarán a cabo en Malpica. Así mesmo Freijeiro agradeceu a todas as asociacións da vila a organización das diferentes propostas de entroido en colaboración co Concello.
A programación será a seguinte:
Venres día 9 de febreiro (Venres de Entroido)
En Malpica Pasarrúas de Entroido do CEIP MILLADOIRO, a partir das 10.45.
Percorrido: saída do CEIP Milladoiro, rúa Canido, paseo da Praia, queima fronte ao JB. Paseo Marítimo, rúa Eduardo Pondal, rúa Ramona Criado, praza do Cruceiro, rúa Eduardo Vila Fano e Praza Anselmo Villar Amigo. Organiza CEIP Milladoiro.
Pasarrúas do CEIP Joaquín Rodríguez Otero, a partir das 11.00, saída do CEIP J.R.O., rúa Xaviña, rúa Santa Filomena, rúa Santa Catalina ata a igrexa e regreso polo mesmo percorrido. Organiza CEIP Joaquín Rodríguez Otero.
Sábado día 10 de febreiro (sábado de Entroido)
Festa Infanti en Cerqueda, das 11.00 ás 13.00, no Centro Sociocultural das Pozacas. Organiza: AC Raigañas.
Festa Infantil en Pontella e degustación de doces de entroido a partir das 16.30 no Centro Sociocultural de Pontella.
Colabora: AVCS O Brizo
En Malpica A partir das 13.00, sesión vermú cun Dúo Primeira Línea. Ás 15.00 cocido de entroido. 16.15 Carlos Sante. Ás 17.00 horas entragaranse os premios os mellores disfraces. 17.30 comeza tardeo co DJ REDFACE. E ás 20.00 discomovil LB pola rúas da vila. Información e reservas en JOFRA, ELEMOBA e DOCES & MECOS.
Organiza: A. C. D. Mallas de Area.
Domingo día 11 de febreiro (Domingo de Entroido)
En Malpica Actuación da Charanga ACDC polas rúas da vila, a partir das 17.00.
En Malpica
Actuación da Charanga ACDC polas rúas da vila, a partir das 17.00.
Desfile de disfraces infantil, percorrerá a vila saíndo do Centro Cívico de Malpica ás 17.00 e rematando na rúa Eduardo Vila Fano (en caso de choiva trasladarase ao Pavillón Polideportivo Municipal). Organiza: AC Malante.
Encontro de comparsas e disfraces de Entroido polas principais rúas da vila de Malpica a partir das 17.30. Premios para as mellores comparsas. Entrega de premios a partir das 19.00 na rúa Eduardo Vila Fano (en caso de choiva trasladarase ao Pavillón Polideportivo Municipal).
Desfile de disfraces infantil, percorrerá a vila saíndo do Centro Cívico de Malpica ás 17.00.
Encontro de comparsas e disfraces de Entroido polas principais rúas da vila de Malpica a partir das 17.30.
Categorías: Xeral – a partir de 13 anos – Premios en vales para mercar nos establecementos de Malpica.
1ºpremio 200€
2ºpremio 100€
3ºpremio 50€
Infantil – de 0 a 12 anos – Todas/os as/os participantes recibirán un agasallo e haberá un premio para o disfrace gañador.
Concurso de piñatas do Entroido, na rúa Eduardo Vila Fano, a partir das 17.30. En caso de choiva traladarase al Pavillón
Colabora: AC Malante e AC Carcaxía
Premios en vales para mercar nos estrablecementos de Malpica.
1ºPremio 80€
2ºPremio 45€
3ºPremio 25€
Luns 12 de febreiro (Luns de Entroido)
En Malpica
Ludoteca Infantil de Entroido (rapazada de 3 a 9 anos), no Auditorio do Centro Cívico de Malpica de 10.30 a 13.30. Inscricións no Rexistro Xeral do Concello de Malpica, ata o xoves 8 de febreiro. Máximo 20 prazas. Información: Departamento de Educación e Cultura, Centro Cívico de Malpica, T.: 981 707 104 de 10.30 a 17.00.
Entroido Deportivo (rapazada de 10 a 15 anos) no Pavillón Polideportivo de Malpica de 10.30 a 13.30. Inscricións no Rexistro Xeral do Concello de Malpica, ata o xoves 8 de febreiro. Información no 690 047 448, de 9.00 a 14.00.
Premio ao mellor disfrace: 25,00 € en vales para consumir no comercio e na hostalería do Concello de Malpica.
En Buño En Buño
Festa de disfraces infantil con inchables e merenda das 17.00 ás 20.00 no pavillón polideportivo do CEIP Joaquín Rodríguez Otero. Colabora: ANPA Xaviña do CEIP Joaquín Rodríguez Otero.
Martes 13 de febreiro (Martes de Entroido)
En Malpica Festa de disfraces infantil con inchables (rapazas/ces ata 14 anos), no Pavillón Polideportivo de Malpica das 17.00 ás 20.00.
Mércores 14 de febreiro (Mércores de Cinza)
En Malpica Cine de Entroido (rapazada a partir de 6 anos). Proxección do filme de animación: Os Demos de Barro, no Auditorio do Centro Cívico de Malpica ás 11.00.
Sábado 17 de febreiro (Sábado de Piñata)
En Buño Sesión vermú da Mikaela no campo da Festa a partir das 13.00.
Ás 16.00 saída da Mikaela de Canta La Rana percorrendo todos os bares e tabernas de Buño.
A partir das 18.00, Misa Cantada por Lito da Panorama, na igrexa de Buño. Paradas no cruce de Xornes, na Praza de Santa Xusta e no Parque Luciano García Alén e remate no Campo da Festa, coa queima da Mikaela e verbena coa discoteca móbil EUFORIA cos mellores DJs de Galicia.
Domingo 18 de febreiro (Domingo de Piñata)
En Malpica Actuación da Charanga ACDC polas rúas de Malpica, a partir das 17.30.
Enterro do Faustino, que sairá do Centro Cívico ás 17.30 para percorrer, as rúas da vila ata o porto Organiza: Redeiras Mar da Illa.
Sábado 24 de febreiro
II Cocido Campal, no restaurante Canta La Rana, en Buño coa actuación do DJ Txiño Rock, a partir das 14.00. Prezo: Adultos 35,00 €, infantil 18,00 €, Bus, 5,00 €. Información e reservas: 658 118 871 e 679 290 135 Organiza: A. C. Campal.
IV Foliada Carcaxía
A asociación Carcaxía organiza a IV Foliada Carcaxía no Campo da Festa de Seaia.
Programa
19.30 – Foliadiña
20.00 – Taller de baile con Perdro Senande
20.30 – Foliada coa actuación do Grupo Alana
Domingo 25 de febreiro, en Cerqueda
Percorrido dos Madamitos e Ghuardineros pola parroquia de Cerqueda, a partir das 15.30. Organiza: A. C. Raigañas.