O Concello de Malpica, xunto coas diversas asociacións de Malpica, xa ten preparada a Cabalgata dos Reis magos que percorreran todas as parroquias de Malpica.
Deixamos aquí os diferentes percorridos e horarios:
VENRES 5 DE XANEIRO
Os Reis Magos de Oriente chegarán a :
Buño, ás 17.30, parada no Teleclube
Malpica, ás 19.00
Organiza: Concello de Malpica de Bergantiños
Colaboran: ANPA Ventorrillo, AC Malante, AC Raigañas, ACD Carcaxía, Veteranos de Leiloio, Buño SCD.
Leiloio, a partir das 18.30. Saída da Feira Nova, percorrendo todos os lugares da parroquia
Organiza: A.C. A Feira
SÁBADO 6 DE XANEIRO
Os Reis Magos de Oriente chegarán a:
Cambre, ás 10.00 no campo da festa
Cerqueda, ás 10.30 no campo da festa
Santiso, ás 11.00 no campo da festa
Beo, ás 11.30 na estrada xeral no cruce para a praia de Beo
O alcalde, Eduardo Parga, asinou ante notario a adquisición da parcela, que conta cunha superficie de 4.245 m2, dos cales 1.800 m2 cederanse ao Sergas para a construción do novo centro de saúde de Malpica. O custo da compra ascende a 165.300€ sen incluír o IVE.
O novo centro terá catro consultas de medicina xeral e tres de enfermería para adultos; unha consulta de pediatría e unha de enfermería pediátrica; unha sala de toma de mostras e unha polivalente; e unha sala de urxencias.
Tamén terá sala de docencia e un despacho de coordinación.
O centro duplicará a superficie do actual, o que suporá que as consultas de adultos serán tres máis que no de agora, e engádese a de enfermería pediátrica, ademais de espazos propios para as salas de extraccións e urxencias, que agora sitúanse en espazos compartidos
Onte, 29 de decembro, renovouse o convenio de colaboración entre o Concello de Malpica e a Deputación da Coruña para a xestión integral do Ecomuseo Forno do Forte. A partir do 1 de xaneiro de 2024, este acordo, no cal o ente provincial destinará 80.000 euros, entrará en vixencia.
O convenio foi asinado polo alcalde de Malpica, Eduardo Parga, e o deputado Patrimonio Provincial e Equipamento, Xosé Luís Penas.
O Concello de Malpica continúa dinamizando a localidade e prepárase para celebrar a III Foliada de Cantos de Nadal, como parte da programación do Nadal. O evento terá lugar o 30 de decembro no Centro Cívico de Malpica. No marco desta celebración, presentarase a reedición de “Guadar ou cabalo de ouro para as patas de Xelucio Abella Chouciño,” na Biblioteca Eduardo Blanco Amor, situada no Centro Cívico de Malpica, ás 18:30 horas. Posteriormente, dará comezo a III Foliada de Cantos de Nadal ás 20:30 horas no Auditorio do Centro Cívico de Malpica, coa colaboración das asociacións locais ACDCarcaixía, AC Raigañas, e AC Malante. Estas asociacións encargaranse de amenizar a tarde do Nadal. Ás 21:30 horas, o grupo Camaño&Ameixeiras presentará o seu novo traballo “QUITAR O AIRE.” Este dúo, composto por Sabela Caamaño (acordeón cromático) e Antía Ameixeiras (violín e voz), ofrecerá unha actuación onde resignifican e actualizan os códigos da música de raíz, dando un volantazo ao seu son, elevando a mística e a profundidade e levando a sonoridade da tradición galega e ibérica á virulencia de planos más frontais e de músicas que saen das marxes dos xéneros. O evento é organizado pola Concellería de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes do Concello de Malpica.
O Concello de Malpica convida á veciñanza a gozar dun Nadal máxico con numerosas actividades programadas para celebrar estas datas na nosa localidade.
O Concello de Malpica, en colaboración con entidades de Malpica, xa ten conformado o programa completo de actividades para este Nadal que rematarán o 19 de xanerio do 2024.
As actividades que o integran son moi numerosas e variadas. Haberá artesanía, deporte, música, exhibicións, obradoiros, xogos, campamentos, contos e moito máis.
Por outra banda hoxe o alcalde de Malpica, Eduardo Parga, e a concelleira de Educación, Cultura, Patrimonio e deportes, Noelia Freijeiro, entregaron os agasallos aos alumnos e alumnas gañadores e gañadoras do Concurso Escolar de Debuxo e Pintura de Nadal.
Unha actividade que xa ven sendo unha tradición por estas datas.
Os premidados son os seguintes:
1º Lote Premio Cartel Nuno 3º Primaria CEIP JRO
2º Lote Premio Saúda da Prensa Erishel Mojica 3º de ESO IES Urbano Lugrís
O 4º Lote Premio Pantalla Dixital entregarase o vindeiro luns, aos Alumn@s Escola de Mens do CRA A Nosa Señora do Faro, debido a que hoxe o colexio non podía.
A continuación deixamos aquí a candelización de actividades
Do 18 de novembro ao 18 de decembro
Concurso de Coplas e Debuxos de Nadal.
Requirimentos: en galego, relacionados co Nadal, a musica ou a natureza.
Lugar de entrega: Centro Sociocultural das Pozacas ou no mail: acraiganhas@gmail.com
Organiza: A.C. Raigañas.
Do 21 de novembro ao 1 de decembro
Concurso Escolar de Debuxo e Pintura de Nadal
Premio: lote de libros e publicación da obra como motivo dos materiais gráficos de difusión das actividades de nadal
Premio: lote de libros e publicación da obra como motivo do saúda de nadal
Premio: lote de libros e publicación da obra nos saúdas dixitais de Nadal
Premio: lote de libros e publicación da obra na pantalla dixital
Colaboran: CEIP Milladoiro, CEIP Joaquín Rodríguez Otero, Escola de Mens do CRA A Nosa Señora do Faro e IES Urbano Lugrís
Do día 1 de decembro de 2023 ao 14 de xaneiro de 2024
Madeiras do Mar de Ruth Beltran
No Espazo Expositivo do Centro Cívico de Malpica
Do 8 de decembro ao 8 de xaneiro
En horario de 11.00 a 13.00 e de 17.00 a 21.00 Exposición de Belén de Amigurumis, de Marta Rojo Amigo no Fogar do Pensionista da Casa do Pescador de Malpica
Organiza: Fogar dos Pensionistas San Adrián do Mar
15 de decembro (venres)
Colocación do Buzón Real na Praza Anselmo Villar Amigo
15 de decembro (sábado)
Actuación de Sementeira no Auditorio do Centro Cívico, ás 20.30. Organiza: ANPA Orxeira
Día 20 de decembro (mércores)
Visita do Carteiro Real aos centros de ensino do Concello de Malpica:
11.00 visita á Galiña Azul de Cerqueda
11.30 visita ao CEIP J.R.O.
12.00 visita á Escola Unitaria de Mens
Caxoto, un paxe en apuros, ás 12.00 no Auditorio do Centro Cívico. Organiza: ANPA Ventorrillo.
Día 22 de decembro (venres)
Obradoiro de adornos de Nadal
No Salón de Actos da Casa do Pescador de 17.00 a 19.00. Inscricións, ata o 20 de decembro no teléfono: 616 753 103 / 616 817 389. Organiza: AC Malante
Exhibición de patinaxe,ás 19.00 no Pavillón Polideportivo de Malpica. Club Patín Velúa
Contos, Cantos e Bailes de Nadal. A partir das 20.00 no Centro Sociocultural das Pozacas. Organiza: AC Raigañas
Degustación de imposibles do Mago Joshua Kenneth, no Auditorio do Centro Cívico ás 20.30.
Día 23 de decembro (sábado):
Día da Convivencia das 10.30 ás 13.30. Percorrido de “maitines” pola parroquia de Cerqueda e visita do pendigueiro ao Centro Sociocultural das Pozacas. Organiza: A.C. Raigañas
Partido Benéfico. Un xoguete, un sorriso, no Campo de Fútbol de Pedra Queimada
16.15 Fut 7 Feminino Sporting Seaia – Cabana SD
17.30 Fut 7 Masculino Sporting Seaia – Cabana SD
Organiza: Sporting Seaia C.F.
Día 24 de decembro (domingo)
Papa Noel recibirá ás crianzas a partir das 17.30, na Fonte de Anselmo Villar Amigo. Organiza: A.C. Malante.
Día 26 de Nadal (martes)
Obradoiro de Redeiras en Malpica
No Centro Cívico, de 16.30 a 18.00, para nenas/os de 3 a 12 anos
Inscricións de balde, ata o 22 de decembro no rexistro xeral do concello, información no teléfono 981 707 104 ou no correo electrónico auditoriodemalpica@gmail.com
Colabora: Asociación Profesional de Redeiras O Fieital
Días 26, 27, 28, e 29 de decembro, 2, 3 e 4 de xaneiro
Campus de Fútbol de Nadal TEC Cerqueda de 10.00 a 14.00
Para rapazada de 5 a 16 anos. Prezo: campus completo, 100,00 €, campus decembro, 60,00 €, campus xaneiro, 45.00 €, servizo madrugadores, +10,00 €. Inscricións: 689625529. Organiza: U.D. Cerqueda.
Días 26, 27, 28, e 29 de decembro, 2, 3, 4 e 5 de xaneiro
Campamento de Nadal en Seaia
Na Casa da Cultura de Seaia de 9.00 a 14.00. Destinado a crianzas a partir de 4 anos. Prazas limitadas. Inscricións: 611 747 756. Prezo: Socios 70,00 €, Non socios 80,00 €. Organiza: A.C.D. Carcaxía
Día 27 de decembro (mércores)
Festa infantil con inchables en Malpica
No Pavillón Polideportivo Municipal, de 17.00 a 20.00
Colabora: ANPA Ventorrillo
Día 28 de decembro (xoves)
Obradoiros de Ioga en familia, ás 17.00 no Auditorio do Centro Cívico. Duración 45 minutos. Inscricións: só por whatsapp no teléfono 647 803 407. Ate esgotar as prazas (10 parellas, adulto+neno). Organiza: ANPA Ventorrillo.
Conta contos KAMISHIBAI de Nadal de Juste Kamishibai papel e teatro. Historias, contos e lendas de Nadal, unha viaxe por culturas e países que viven o Nadal. Ás 18.15 no Salón de Actos da Casa do Pescador
Día 29 de decembro (venres)
Obradoiro de adornos de Nadal
Na Casa do Pescador de 17.00 a 19.00. Inscricións, ata o 27 de decembro no teléfono: 616 753 103/ 616 817 389. Organiza: AC Malante
Días 29 de decembro e 5 de xaneiro (venres de Nadal)
Adestramento en circuíto. Masterclass para un inicio ao adestramento físico dunha forma amena. A sesión será adaptada a todos os niveis. Para maiores de 16 anos. Horario de 10.45 a 11.45 no Pavillón Municipal. Información e inscricións: no Ximnasio Deportivo Municipal ou no 690 047 448, de 8:15 a 15:00, ata as 12.00 do xoves anterior á sesión.
30 de decembro (sábado)
Presentación da reedición deGundar o cabalo de oito patas de Xelucho Abella Chouciño, na Biblioteca Eduardo Blanco Amor (Centro Cívico de Malpica) ás 18.30.
III Foliada de Cantos de Nadal
No Auditorio do Centro Cívico de Malpica,
Ás 20.30 III Foliada de Cantos de Nadal (AC Raigañas, ACD Carcaxía e AC Malante)
Ás 21.30 actuación de Caamaño&Ameixeiras.
Día 31 de decembro (domingo)
VI San Silvestre Malpicana
Prezo: 2,00 €. Requisito imprescindible ir disfrazado. Percorrido: Senior: Fonte – San Hadrián – Fonte (7 Km), Infantil: rúas de Malpica (500 m). Inscricións do 4 ao 26 de decembro nos whatsapps: 620 927 729 e 620 661 699. Organiza: AC Malante
Baile de Fin de Ano
No Auditorio do Centro Cívico, das 23.45 ás 4.00. Uvas, cava e cotillón, coa actuación do Dúo Nuevo Siglo. Organiza: Concellería de Servicios Sociais, Igualdade, Sanidade e Olería.
Escolas Vellas CEIP JRO, de 16.30 a 18.00. Para nenas/os de 3 a 12 anos
Inscricións de balde, ata o 30 de decembro no rexistro xeral do concello, información no teléfono 981 707 104 ou no correo electrónico auditoriodemalpica@gmail.com
Colabora: Asociación Profesional de Redeiras O Fieital
Día 3 de xaneiro (mércores)
Festa infantil con inchables en Buño
De 17.00 a 20.00 no Pavillón do CEIP J.R.O.
Colabora: ANPA Xaviña
Día 4 de xaneiro (mércores)
Ás 18.00 no Salón de Actos da Casa do Pescador Os Contos de Atenea de Xarope Tulú.
Día 5 de xaneiro (venres)
Os Reis Magos de Oriente chegarán a :
Buño, ás 17.30, parada no Teleclube
Malpica, ás 19.00
Organiza: Concello de Malpica de Bergantiños
Colaboran: ANPA Ventorrillo, AC Malante, AC Raigañas, ACD Carcaxía, Veteranos de Leiloio, Buño SCD.
Leiloio, a partir das 18.30. Saída da Feira Nova, percorrendo todos os lugares da parroquia
Organiza: A.C. A Feira
Día 6 de xaneiro (sábado)
Os Reis Magos de Oriente chegarán a:
Cambre, ás 10.00 no campo da festa
Cerqueda, ás 10.30 no campo da festa
Santiso, ás 11.00 no campo da festa
Mens, ás 11.30 no campo da festa
Barizo, ás 12.00 no campo da festa
Beo, ás 12.30 na estrada xeral no cruce para a praia de Beo
Seaia, ás 13.45 no campo da festa
Ás 18.00 Inchables no campo da festa de Seaia
Colabora: ACD San Xulián
Día 7 de xaneiro (domingo)
Obradoiro de Regueifa con Lupe Blanco
De 17.00 a 18.30, no Centro Sociocultural das Pozacas. Organiza: AC Raigañas
Día 19 de xaneiro (venres)
Representación do “Principiño” da compañía Valverde, ás 18.00 no Auditorio do Centro Cívico. Organiza: ANPA Ventorrillo.
Os establecementos interesados en participar poden anotarse ata ás 14.00 horas do 20 de decembro
O Concello de Malpica dende a Concellería de Festexos e Turismo segue presentar propostas para este Nadal. Seguindo coa tradición dos anos anteriores Alfredo Cañizo volver a presentar o concurso de escaparates, de temática propia do Nadal. Os interesados teñen ata o próximo mércores, día 20 de decembro ata ás 14.00 horas para apuntarse no consistorio. Deberán cubrir un formulario que se pode descargar na páxina web ou solicitalo no Concello de Malpica. Os establecementos participantes deberán ter adornado o escaparate dende o día 20 de decembro ata o día 7 de xaneiro. Poderán participar aqueles negocios de Malpica que teñan locais con escaparates ao exterior. Para a valoración dos mesmos, terase en conta o traballo, a calidade artística, a composición, creatividades e orixinalidade.
Haberá premios a repartir entre os mellores. Un primeiro de 300 euros, un segundo de 200, e sete terceiros de 100.
Para máis información pódese chamar ó teléfono 981720001
O vindeiro sábado 16 de decembro, ás 20.30 horas, o Centro Cívico de Malpica acollerá a actuación do Grupo Sementeira. O evento está organizado pola Anpa Orxeira e colabora Concellería de Cultura.
Sesenta e seis establecementos da vila adheríronse á campaña que dará inicio o 15 de decembro
O Concello de Malpica presentou hoxe a campaña “Merca Nadal Malpica” impulsada pola Concellaría de Promoción Económica que dará comezo o vindeiro 15 de decembro. O funcionamento é o seguinte: hai sesenta e seis negocios adheridos, nos cales por cada 5 euros de compra, os clientes recibirán unha rifa para optar a un vale de 100 euros para gastar nos mesmos. Sortéanse cinco tarxetas en total. A campaña remata o 5 de xaneiro. Trátase de fomentar a compra na vila nestas datas tan importantes para as empresas. O sorteo levarase a cabo en directo no Facebook do Concello de Malpica.
Lista dos negocios que forman parte desta campaña:
As representacións teatrais finalizán o vindeiro venres 22 de decembro coa obra “Degustación de Imposibles”
Os asistentes á representación teatral da obra “Entrega en Man” de Contraproduciones viviron unha marabillosa actuación chea de risas, enerxía e entusiasmo.
A enxeñosa trama, protagonizada por un elenco de grandes actores como Evaristo Calvo, Santi Romay, María Vermella e Diego Saes, mergullaron ao espectador na comedia louca e denegrida cun humor mordaz e corrosivo.
A obra de 90 minutos non só entretivo, senón que tamén explorou con dureza temas socialmente relevantes como o racismo, o machismo e a xenofobia.
A obra “Degustación de imposibles” do meigo Joshua Kenneth pechará, o vindeiro venres 22 de decembro, a XIX Mostra de Teatro de Malpica. A representación xira na selección de imposibles a realidade do público distorsiónase con impactantes elementos visuais e poéticos como as pompas de xabón, panos de seda ou sombras chinesas.
Serán 70 minutos de asombro, humor e misterio. Unha experiencia interactiva, divertida e artística que deleita ao espectador invitándoo a entrar nun mundo onde todo preséntase susceptible a ser transformado, onde nada e imposible. A obra levarase a cabo non Auditorio do Centro Cívico de Malpica ás 20.30 horas. Para máis información as persoas interesadas poden dirixirse ao departamento de Educación e Cultura no teléfono: 981 707 104 en horario de 10.30 horas a 14.00 horas.
O sábado 16 de decembro, ás 11.00 horas, o salón de actos do CAT (Antes o Centro Comarcal) acolle a presentación do proxecto Escola de Pais e Nais.
No evento darase a coñecer ás familias interesadas a duración, os horarios como anotarse.
O curso estará impartido por unha doutora en psicoloxía e neuropsicoloxía clínica e abordaranse temas sobre como conseguir xerar apegos seguros, vínculos afectivos e tódalas necesidades que estea vivido cada familia cos seus fillos e fillas.
Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario - Ocultar detalles
• Social media Facebook, Twitter e outras Redes Sociais precisan utilizar cookies para recoñecerte.
• Analytics Os datos recollidos polas cookies de Google Analytics son anónimos e só se usan para valorar a experiencia do usuario no nosa web.
• Anuncios Este sitio pode albergar publicidade propia, de afiliados, ou de redes publicitarias.
• Cookies propias Este sitio utiliza cookies propias para facilitar o acceso e mellorar a navegación e experiencia ao usuario Aviso Legal ACEPTOLeer más