Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Luns 15°
Martes 14°
Mércores 13°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. Inaugurada en Malpica a exposición fotográfica “Na beira do mar das Sisargas

29Xul 2023

Inaugurada en Malpica a exposición fotográfica “Na beira do mar das Sisargas

Botou a andar en Malpica a exposición fotográfica ” Na beira do mar das Sisargas”. Sita no Centro Cívico e Cultural de Malpica foi inaugurada onte, polo alcalde do Concello de Malpica, Eduardo Parga, Noelia Freijeiro, concelleira de Cultura e a que tamén asistiu Miguel Ángel Fernández, concelleiro de Obras. O rexedor explicou que, pasaron máis de vinte anos, dende que Peter arribara polas terras de Malpica, e dende entón xa foron moitos os proxectos expositivos que leva desenvolvido: entre eles, non se pode deixar de citar: O País dos Mil Castros, Tempo Escuro, Otra Mirada, En Silencio-Viaxando, A Carón do Mar. Ademais, Parga sinalou que, “Peter Schneider é un creador coñecido en Malpica de Bergantiños, pero non por iso deixa de sorprender con cada un dos seus traballos” e finalizou a súa intervención convidando a todo o mundo a visitar a mostra fotográfica.

Unha vintena de persoas acudiron ó acto no que o autor da exposición, Peter Schneider, fixo unha explicación das obras expostas. Sen dúbida é unha boa ocasión para gozar desta marabillosas fotografías realizadas na nosa Vila.