Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Sábado 19°
17°
Domingo 21°
17°
Luns 20°
16°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE

ACTUALIDADE

30Xuñ 2023

A XUNTA PON EN VALOR O TRABALLO DOS POLOS DA PROVINCIA CORUÑESA QUE EN MENOS DUN ANO ASESORARON ARREDOR DE 180 PERSOAS EMPRENDEDORAS

  • O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, e a directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, participaron hoxe en Buño nos Venres dos polos: tradición e innovación
  • Destacaron que a Rede autonómica de polos está a conectar ás persoas con iniciativa empresarial, ás administracións, aos axentes e técnicos que prestan servizos no eido laboral e ás empresas para seguir a crear emprego de calidade en Galicia
  • Na provincia da Coruña están en activo desde o ano pasado o polo Rías Altas e Arco Ártabro (sito en Ferrol) e Costa da Morte (Coristanco) que acompañaron desde a súa posta en marcha 169 proxectos empresariais

O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, e a directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, participaron hoxe na actividade Os Venres dos Polos: tradición e innovación sobre emprendemento sustentable e ligado ao territorio, onde resaltaron o traballo que se está a facer na Rede galega de polos de emprendemento que, no caso da provincia da Coruña, permitiu acompañar xa, en menos dun ano, arredor de 180 persoas relacionadas con 169 proxectos empresariais.

Os dous representantes autonómicos sinalaron o importante labor que a través dos polos se está a desenvolver para dinamizar o mercado laboral e xerar traballo de calidade e pegado ao territorio. Estes recursos, segundo apuntou o secretario xeral de Apoio ao Emprego, conectan ás persoas emprendedoras, ás administracións, aos axentes e técnicos que prestan servizos no ámbito do emprego, e aos sectores tractores e empresas do territorio. “Unha conxugación eficaz e imprescindible para dar resposta ás necesidades de todos eles”, especificou.

Nos polos que actualmente están activos (serán 15 a finais deste ano) e que xa prestan cobertura ao 100 por cento da xeografía galega, acompáñase ás emprendedoras e emprendedores galegos nos seus proxectos, desde principio ao fin, ao tempo que se celebran actividades de difusión da cultura emprendedora nas que se fomentan o intercambio de ideas e coñecementos.

En toda Galicia xa se está a prestar apoio a través desta iniciativa a unhas 380 persoas emprendedoras con máis de 1.000 sesións de titorización, e se está tamén a atender 355 proxectos, dos cales o 80,28% están activos (285).

Na provincia da Coruña están a funcionar na actualidade o polo Rías Altas e Arco Ártabro, e Costa da Morte que dan cobertura a emprendedores de 29 e 39 concellos destas áreas, respectivamente.

Desde a súa posta en marcha hai menos dun ano, atendéronse no polo situado en Coristanco, 61 proxectos, impulsados por 41 persoas. Na oficina situada en Ferrol, son xa 108 os proxectos asesorados de diferentes sectores promovidos por 118 persoas emprendedoras, dos que un total de 22 iniciativas proceden do municipio herculino. No 81,6% dos casos, os negocios están activos.

Por sectores, nos polos en funcionamento na provincia da Coruña, teñen maior representatividade entre as propostas emprendedoras o comercio por xunto e ao retallo (19%), a agricultura (17%), as actividades artísticas, recreativas e de entretemento, código (12%) ou a hostalería (7%).  

Na actividade celebrada hoxe desde o polo Costa da Morte participaron para expoñer a súas experiencias como emprendedores responsables da empresa Alfarería Aparicio, un obradoiro de olería de Buño, no que se levan 40 anos facendo pezas artesanais de cerámica; Redeiras de Corme (Asociación Illa da Estrela), unha entidade sen ánimo de lucro constituída desde 2009 con 17 socias de procedencia familiar do mar e autónomas; e a firma The Surf Factory, formada por artesáns que desenvolven tablas de surf.

Axudas ao emprendemento

A directora xeral de Emprendemento, pola súa banda, destacou a nova edición das axudas ao emprendemento que se aprobou onte no Consello da Xunta. Por segundo ano consecutivo, a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade convocará apoios para axudar cos investimentos desenvolvidos polas iniciativas empresariais máis recentes e contribuír a mellorar a súa competitividade. A iniciativa contará cun orzamento de  7 millóns de euros e poderanse beneficiar pemes, persoas traballadoras autónomas, sociedades cooperativas e laborais, empresas de inserción e centros especiais de emprego, que teñan iniciado a súa actividade desde o 1 de xaneiro de 2021 (ou máis tarde) e permanezan en activo.

Outorgaranse axudas para financiar investimentos realizados polas entidades entre o 5 de novembro de 2022 ata a data da solicitude. Cubriranse, deste xeito, investimentos xa realizados (debidamente xustificados mediante factura) en equipamento informático, melloras da eficiencia enerxética, adquisición de mobiliario, reforma e/ou habilitación de locais ou adquisición de equipos de segunda man para o negocio, entre outros. Saúdos do Gabinete de Comunicación da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

30Xuñ 2023

O Concello de Malpica presenta a programación “Malpica Verán”

As actividades van dirixidas a todo tipo de público e desenvolveranse entre o 1 de xullo e o 31 de agosto

O Concello de Malpica, a través da súa Concellaría de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes, e de Servizos Sociais  lanza o programa “Malpica Verán”, cuxo obxectivo é dinamizar a vila a través de actividades variadas coma visitas treatalizadas, actos literarios, rutas culturais e actividades deportivas.

As fichas de inscrición poden descargarse da páxina web do Concello de Malpica ou solicitarse no Concello.

A programación e a seguinte:

XULLO

Actividades infantís

Do 17 ao 31 de xullo

Pintar na rúa: os laborais do 17 ao 31 de xullo, na vila de Malpica, de 10.00 a 14.00. Para crianzas de 6 a 14 anos.

Grupos e horarios:

De 11 a 14 anos – 10.00 a 12.00.

De 6 a 10 anos – 12.00 a 14.00.

Prezo: 11,00 €.

Inscricións: Do 1 ao 12 de xullo.

Do 4 ao 28 de xullo

Obradoiros de Barro/Talleres de Modelado, no Ecomuseo do Forno do Forte, de 16.30 a 18.30. Os martes e os venres. Para crianzas de 3 a 12 anos, acompañadas de adultos. Sen inscrición previa, de balde.

Visitas teatralizadas

Sábados 1, 15 e 29 de xullo

Visitas teatralizadas no EcoMuseo do Forno do Forte, ás 12.00. Para todos os públicos. Sen inscrición previa, de balde.

Seráns na Vila (público familiar)

Venres, 21 de xullo

Actuación do Mago Polo co espectáculo Combina, no paseo da Praia, a partir das 20.30.

Sábado, 29 de xullo

Representación de Xela contra o Dragón Traga-Verbas de Títeres Cachirulo, no paseo da Praia, a partir das 20.30.

Actos literarios

Venres, 30 de xuño

Presentación da obra Hijos de York de Cristina Mourón Figueroa, no Auditorio do Centro Cívico de Malpica, as 18.00. Organiza: Biblioteca Manuel María do IES Urbano Lugrís e Concellería de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes.

Sábado, 1 de xullo

Presentación da obra A saga das curandeiras de Marisa Castro Cerceda,  no Salón de Actos da Casa do Pescador  ás 20.00.

Sábado, 8 de xullo

Presentación de A cadeliña pinta de Francisco Iglesias con ilustración Estefanía Padullés, no Salón de Actos da Casa do Pescador, ás 20.00.

Rutas culturais

Sábado, 22 de xullo

Razo – Malpica. Distancia: 16 km. Duración estimada: 5 horas 30 minutos. Puntos de interés: As Torradas, O Riás, A Devesa dos conventos, San Miro e Muíños da Ribeira. Saída de Malpica en bus, ás 11.30. Información e inscricións: Tel.: 697 993 182 / 603 741 747 Email: salitremalpica@gmail.com Organiza: ACD Salitre. Colabora: Concellería de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes. Concello de Malpica.

Sábado, 29 de xullo

Malpica – Nariga. Distancia: 18 km. Duración estimada: 5 horas 45 minutos. Puntos de interés: Seaia, miradoiro de Santo Hadrián, illas Sisargas, Beo e Seiruga. Saída de Malpica, ás 10.00; Regreso en bus dende Nariga ás 16.15. Información e inscricións: Tel.: 697 993 182 / 603 741 747 Email: salitremalpica@gmail.com Organiza: ACD Salitre. Colabora: Concellería de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes. Concello de Malpica.

Actividades deportivas

Martes, 4 de xullo

Activ@s cos deportes de raqueta (Bádminton e Tenis de mesa), no Pavillón Polideportivo de Malpica, de 10.30 a 13.00. Destinado a crianzas a partir de 10 anos. Sen inscrición previa, de balde.

Xoves, 6 de xullo

Activ@s co Fútbol Sala, no Pavillón Polideportivo de Malpica, de 10.30 a 13.30. Destinado a crianzas de 6 a 15 anos. Inscricións ata o 5 de xullo, de balde.

Venres, 7 de xullo

Zumba na praia, na praia de Area Maior, de 11.30 a 12.30. Para todas as idades. Sen inscrición previa, de balde.

Martes, 11 de xullo

Activ@s co Volei, no Pavillón Polideportivo de Malpica, de 10.30 a 13.00. Destinado a crianzas a partir de 10 anos. Inscricións: ata o 7 de xullo, de balde.

Xoves, 13 de xullo

Activ@s co fútbol 3×3,na Pista Polideportiva do Mercado Municipal, de 10.30 a 13.00. Para crianzas a partir de 6 anos. Inscricións ata o 7 de xullo, de balde.

Venres, 14 de xullo

Xogos na praia, na praia de Area Maior de Malpica, de 10.30 a 13.00. Para crianzas a partir de 6 anos. Inscricións ata o 7 de xullo, de balde.

Mércores e Xoves, 19 e 20 de xullo

Torneo de Fútbol Praia, na praia de Area Maior de Malpica, horario en función das mareas e número de inscritos. Para moz@s de 15 a 20 anos. Inscricións ata o 14 de xullo, de balde.

Venres, 21 de xullo

Zumba na praia, na praia de Area Maior de Malpica, de 11.30 a 12.30. Para todas as idades. Sen inscrición previa, de balde.

Do 3 ao 28 de xullo

IV Campus de verán UD Cerqueda, no Campo de Fútbol de Xaviña (Buño). Para crianzas de 4 a 17 anos. Inscricións e información: 660 099 288 Correo: cdudcerqueda@gmail.com

AGOSTO

Actividades infantís

Do 1 ao 29 de agosto

Obradoiros de Barro/Talleres de Modelado, no Ecomuseo do Forno do Forte, de 16.30 a 18.30. Os martes e os venres. Para crianzas de 3 a 12 anos, acompañadas de adultos. Sen inscrición previa, de balde.

Do 1 ao 31 de agosto

Campamento Concilia 2023 (Concellería de Servizos Sociais): De luns a venres, do 1 de ao 31 de setembro, no Centro Cívico de Malpica, de 9.00 a 14.00. Para crianzas de 3 a 12 anos, ambas incluídas.

Prazas: 30.

Prezo: de balde.

Inscricións: No Departamento de Educación e Cultura, en horario de 10.30 a 14.00, do 19 de xuño ao 21 de xullo.

Venres, 25 de agosto

XXII Concurso de Barcanas e Castelos de Area, Praia de Area Maior, na praia de Area Maior de Malpica, de 10.00 a 14.00. Para adultos e crianzas a partir de 6 anos. Inscricións: do 1 ao 23 de agosto, no Departamento de Educación e Cultura, en horario de 10.30 a 14.00 e o 25 de agosto na praia de Area Maior de Malpica de 10.00 a 11.00.

Visitas teatralizadas

Sábados 12 e 26 de agosto

Visitas teatralizadas no EcoMuseo do Forno do Forte, ás 12.00. Para todos os públicos. Sen inscrición previa, de balde.

Seráns na Vila (público familiar)

Sábado 5 de agosto

Representación de As palabras perdidas de Inventi Teatro, no paseo da Praia, a partir das 20.00.

Sábado 5 de agosto

Representación de Rogelio, un paiaso en recuperación de As Sircópatas, no paseo da Praia, a partir das 20.00.

Rutas culturais

Sábado, 5 de agosto

Circular Nariga. Distancia: 12 km. Duración estimada: 4 horas 30 minutos. Puntos de interés: Faro Nariga, Laxa do Lago, miradoiro de Navás e gravados históricos de Nariga. Saída de Nariga, ás 10.00. Información e inscricións: Tel.: 697 993 182 / 603 741 747 Email: salitremalpica@gmail.com Organiza: ACD Salitre. Colabora: Concellería de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes. Concello de Malpica.

Venres, 11 de agosto

Perseidas 2023

21.00 Charla teórica no Auditorio do Centro Cívico.

21.45 Saída para a observación astronómica.

Información e inscricións: Tel.: 697 993 182 / 603 741 747 Email: salitremalpica@gmail.com Organiza: ACD Salitre. Colabora: Concellería de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes. Concello de Malpica.

Actividades deportivas

Do 1 ao 31 de agosto

Torneo de Fútbol Praia Infantil, na praia de Area Maior de Malpica, horarios en función das mareas, aproximadamente 2 días á semana cada categoría. Para crianzas de 6 a 14 anos. Inscricións: ata o 21 de xullo, custe: 21,71 €.

Venres, 4 e 18 de agosto

Zumba na praia, na praia de Area Maior de Malpica, de 11.30 a 12.30. Para todas as idades. Sen inscrición previa, de balde.

Inscricións:

            Actividades deportivas

            Centro Cívico de Malpica. Oficina de Deportes

Luns, mércores e venres de 8.30 a 13.00

Martes e xoves de 8.30 a 10.00

            Teléfono de información: 690 047 448

Actividades culturais

Departamento de Educación e Cultura, no Centro Cívico. De 10.30 a 14.00

Teléfono de información: 981 707 104

Nas actividades municipais as prazas adxudicaranse por orde de inscrición, no obstante, terán preferencia as/os solicitantes empadroados no Concello de Malpica de Bergantiños.

 

29Xuñ 2023

Volven as visitas teatralizadas para coñecer a historia da vida no Forno do Forte

O Ecomuseo Forno do Forte ofrecerá visitas teatralizadas gratuítas durante os sábados 1, 15 e 29 de xullo e os días 12 e 26 de agosto, en horario de 12.00 a 13.00 horas. Despois do éxito acadado na pasada edición o Concello volve a apostar por esta modalidade que da man de Yago Espasandín e Raquel Crespo, compoñentes de Alalá Teatro, que darán vida á obra “Ao principio había barro”.A obra representa a visita dunha rapaza peculiar (Lola) que durante o itinerario polo Ecomuseo Forno do Forte vai romper coa tranquilidade do guía do museo (Carlos).Lola ven buscando respostas a todo canto ten escrito nun caderno, que segundo ela, levan escribindo dende o principio dos tempos os seus antepasados. A incredulidade de Carlos e as intencións de Lola, desembocarán nunha viaxe no tempo, grazas as “propiedades máxicas” da boca do forno.Desta vez, a visita teatralizada do Ecomuseo Forno do Forte, convídanos a unha viaxe ao Buño primitivo, preto dos Barreiros, as orixes, pero tamén un chisco máis atrás, ao momento no que naceu a historia do barro e a humanidade.Ao principio había barro é un xeito de coñecer mellor a historia local permitindo aos visitantes introducirse na historia que conta a exposición e as vivendas do Forno do Forte por medio da teatralización.

16Xuñ 2023

O alcalde de Malpica asinou esta mañá os contratos dos 6 socorristas para Area Maior e Canido

Darán servizo desde mañá 17 de xuño ata setembro

O alcalde de Malpica, Eduardo Parga, vén de asinar os contratos de seis socorristas, que comezarán mañá día 17 de xuño a traballar nas praias de Area Maior e Canido. A contratación realizouse para que o servizo de inicio o 17 de xuño ata o 11 de setembro. Estarán a xornada completa e realizarán función de  prever accidentes ou situacións de emerxencia nas praias indicadas na base primeira, realizando a través, tarefas de vixilancia e información. Rescatar persoas en casos de accidente ou situación de emerxencia. Asistir como primeiro interveniente no caso de accidente ou situación de emerxencia. Velar pola seguridade dos usuarios das praias indicadas do Concello de Malpica de Bergantiños previndo situacións potencialmente perigosas realizando unha vixilancia permanente e eficiente e intervindo de forma eficaz ante un accidente ou situación de emerxencia.

15Xuñ 2023

O Concello de Malpica lanza o “Campamento Concilia 2023”

Nenos e nenas de entre 3 e 12 anos poderán gozar de múltiples actividades coma xogos populares, linguaxe de signos, seguridade vial, xogos deportivos, cine búsqueda do tesouro e moito máis no “Campamento Concilia 2023”. 1 ao 31 de agosto de 09.00 a 14.00 horas, no Centro Cívico de Malpica.

As persoas interesadas poderanse inscribir do 19 de xuño ao 21 de xullo no Departamento de Cultura de 10.30 a 14.00 horas, no Centro Cívico.

O campamento é de balde e as prazas son limitadas tendo sempre preferencia as persoas empadroadas no noso municipio.

Para poder inscribirte recorda que tes que aportar a seguinte documentación:

  • Ficha de inscrición correctamente cuberta.
  • Documento que acredite a tutela da/o menor (fotocopia do libro de familia, sentencia xudicial ou outro).
  • Fotocopia da cartilla da seguridade social da/o participante. Fotocopia do DNI da/o titora/r legal que representa á/ao menor.
  • 1 fotografía tamaño carné da/o participante.

O formulario pódese descargar no seguinte enlace:

15Xuñ 2023

Instancia xeral CACHARELA SAN XOÁN

Dende o Concello de Malpica lembrámoche que se aínda non cumprimentaches a solicitude para realizar a #cacharela de #SanXoán estás a tempo de facelo, o prazo remata o día 23 de xuño ás 13.00 h.
ESTAS SON AS NORMAS PARA A REALIZACIÓN DA CACHARELA “SAN XOAN”:
✅Na zona urbana, o volume de combustible do lume no sobre pasará os 3 mts de perímetros nin o metro ( 1 metro) de altura. No rural non poderá exceder os 6 metros de perímetro nin os 3 metros de altura.
✅A separación entre as cacharelas e os edificios, árbores, vehículos e mobiliario urbán serán como mínimo 12 metros, agás no casco urbano.
✅Pórase especial coidado de non situalas baixo tendidos eléctricos ou telefónicos, así como que nos arredores non exista ningún local no que se almacén de produtos inflamables
✅Queda prohibida a queima de rodas, plásticos, escumas de poliuretano, aceites e, de xeito xeral, calquera substancia que ao arder desprenda fume tóxico.
O material de combustión serán: leña, polas, toro de árbores e madeiras vellas etc.
✅En ningún caso se botarán ao lume recipientes que conteñan líquidos inflamables ou gases a presión ( areosois) aínda que estean baleiros.
✅As persoas interesadas na celebración da cacharela de San Xoán, deberán presentar a correspondentecomunicación no Concello por rexistro de entrada ou Sede Electrónica comunicando a celebración damesma e lugar. Debendo en todo momento vixiar o lume ata que estea totalmente apagado. Para asegurarse de que quede totalmente apagado deberán empapar a cinza con auga.
✅As persoas interesadas en montar unha cacharela deberán coidar os arredores e coñecer o número de Emerxencias (112) e o de incendios (085). Ademais terán preto do lume unha mangueira ou auga suficiente en recipientes para apagar o mesmo en caso de que se extenda co fin de evitar un incendio ou a súa propagación.
✅A presentación da solicitude de comunicación de celebración da caharela non exime das responsabilidade por danos ou perdas que procedan no caso de incendio cando concorra neglixencia, imprudencia ou incumprimentos das normas ditadas.

Podes descargar aquí a instancia

11Xuñ 2023

Malpica vibrou coas actuacións de Tálesien e The Cerne Revival Band no I Concerto Rock

I Concerto Rock Concello de Malpica, no que actuaron Tálesien e The Cerne Revival Band, foi todo un éxito. Con esta nova cita organizada pola  Concellaría de Turismo e Festexos, con Alfredo Cañizo á fronte, séguese a traballar para dinamizar Malpica.

A cita celebrouse este sábado 10 de xuño á noite na Rúa Eduardo Vila Fano, ante un numeroso público que se achegou para gozar das actuación de ambos grupos de gran traxectoria no xénero Rock.

8Xuñ 2023

O Concello de Malpica conmemora o Día Mundial dos Océanos coa presentación da lenda “EL ENCUENTRO. Un cuento de humanos y orcas”

A Concellería de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes de Malpica colaborou na creación dunha lenda educativa escrita para o proxecto “Aprende a través do surfing”, que se presenta hoxe para conmemorar o Día Mundial dos Océanos.

Nesta ligazón podes descargar “EL ENCUENTRO. Un cuento de humanos y orcas”, escrito por David Blanco de Rojas e ilustrado por Catalina Rodríguez Villazón

https://www.msc.org/…/recurso…/primaria/el-encuentro.pdf

Página 13 de 153« Primera...1112131415...203040...Última »