Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Luns 13°
10°
Martes 12°
Mércores 12°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE

ACTUALIDADE

12Nov 2023

Clara Vidal gaña o XVIII Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas

Unha vintena de persoas asistiron a entrega dos premios do XVIII Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas que se celebrou onte na Casa do Pescador de Malpica. Nun acto cargado de emoción, Emma Abella inaugurou o evento, destacando a importancia deste certame que alcanza, este ano, a maioría de idade. Rememorou so seus inicios xunto ao seu esposo Paco Souto e Paco de Tano, así como outros colaboradores presentes no evento. Abella subliñou o seu orgullo pola calidade excepcional das obras publicadas ao longo de todas as edicións. O alcalde de Malpica, Eduardo Parga, agradeceu a labor do xurado deste ano e tivo  palabras de agarimo para un membro do xurado que por causas da enfermidade dun familiar non puido asistir. Parga felicitou á gañadora, Clara Vida, e agradeceu o traballo da Asociación Caldeirón comprometéndose a seguir apoiando o certame.

A obra gañadora foi “Masaxe con argán mal pronunciada”, de Clara Vidal, elixida por unanimidade polo xurado conformado por Dª Diana Rey Martínez (Diana Kurich), gañadora da XVII edición Dª Teresa Ríos, en representación do Concello de Malpica, Dª Mª Olga Rodríguez Díaz, en representación da Editorial Caldeirón que, ademais, actuou como secretaria, entre as 21 obras presentadas.

Olga Rodríguez, representante do xurado, explicou que “o xurado valora a obra no seu conxunto como un poemario de ausencia doce, onírico e altamente sensual, no que os versos frescos e curtos son dunha contundencia inequívoca”.
Emma Abella tivo a honra de entregar o premio á gañadora deste ano, mentres que o alcalde de Malpica, Eduardo Parga, agasallou cun obsequio aos membros do xurado. Ambas pezas de barro foron elaboradas pola olería de Buño.

Clara Vidal explicou que xa se presentara varias veces a este certame e expresou o seu agradecemento tanto ao xurado coma a todas as persoas que o apoian. Rematou a súa intervención lendo un fragmento da súa obra.

11Nov 2023

‘Ás Para Alex’ emocionou aos asistentes na XIX Mostra de Teatro de Malpica

O Auditorio do Centro Cívico de Malpica disfrutou coa brillante representación da obra familiar “Ás Para Alex”, durante a XIX Mostra de Teatro. Os actores Iria Piñeiro e Xosé Esperante cativaron á audiencia cunha interpretación poderosa, mergullando a todos nunha historia conmovedora de superación e esperanza.

O teatro volverá o vindeiro venres, 17 de novembro, da man da compañía Fantoches Baj, quen nos sorprenderá coa obra “Pedro e ou lobo”. A función dará inicio ás 20:30 horas no centro cívico de Malpica.

Se desexas máis información sobre esta nova obra da Mostra de Teatro, non dubides en contactar ao Departamento de Educación e Cultura en horario de 9:30 a 14:00, ou chama ao 981 707 104.

Prepárate para vivir unha nova xornada teatral inesquecible en Malpica!

8Nov 2023

Aberto o prazo para inscribirse na Campaña da Neve 2024 da Deputación da Coruña

O Concello de Malpica foi incluído no programa Campaña de neve 2024 da Deputación da Coruña que transcorrerá dende o 26 de xaneiro ao 29 do mesmo mes. Serán catro intensos días na estación invernal de Valgrande-Pajares, pois ademais dos cursos de esquí, levaranse a cabo actividades complementarias ou alternativas no caso de que non se poida esquiar.
A actividade está dirixida a participantes de 12 a 15 anos inclusive, cumpridos a 31 de decembro do 2023. Terán preferencia os/as nenos/as que nunca asistiran e as prazas adxudicaranse por sorteo público. Para poder optar ás prazas , os interesados deben estar empadroados no Concello de Malpica, onde deben anotarse presentando a ficha no Departamento de Deportes do Concello de Malpica.

Para a formalización da inscrición, debes entregar
no Concello:

  1. Ficha de inscrición debidamente cuberta e
    asinada polo pai e a nai, ou de ser o caso, polo
    titor.
  2. Fotocopia da tarxeta sanitaria.
  3. Fotocopia do carné de identidade do neno ou
    libro de familia.
  4. Copia do aboamento da cota de inscrición
    (cando a praza estea conrmada e no número
    de conta dado pola Deputación e publicado
    na súa web).
  5. No caso de que o/a neno/a tivese tratamento
    ou doenza que teñan que ser tidos en conta,
    axuntarase certicado médico asinado por
    facultativo/a. De igual xeito, no caso de
    medicación especíca ou alerxia alimentaria
    ou doutro tipo.
8Nov 2023

A praia Area Maior de Malpica acolle a 3ª Proba do Circuito Nacional ( FES), Campionato Galego de LONGBOARD E SUP WAVE (FGS) o vinderio sábado 11 de novembro.

O Concello de Malpica convértese esta sábado na capital do Lognboard. A praia de Area maior acolle 3ª Proba do Circuito Nacional ( FES), Campionato Galego de LONGBOARD E SUP WAVE (FGS) o vinderio sábado 11 de novembro. O evento está organizado polo Concello de Malpica, FESURFING e a Xunta de Galicia con One Surf Academy.

Nesta ligazón dispos de toda a información da proba.

3 PRUEBA DEL CIRCUITO NACIONAL DE LONGBOARD ( FES) ,CAMPIONATO GALEGO DE LONGBOARD Y SUP WAVE (FGS) Praia de Malpica – Municipio de Malpica (fgsurf.org)

7Nov 2023

Alberto Mancebo presentará o seu libro “O que me quedaba por decirche” o vindeiro luns 13 de novembro, na A biblioteca municipal Eduardo Blanco Amor

A biblioteca municipal, Eduardo Blanco Amor de Malpica, acolle o vindeiro luns, 13 de novembro ás 18:15 horas, a presentación do libro “O que me quedaba por decirche” do autor Alberto Mancebo.

A Concellería de Cultura de Malpica e a Biblioteca Manuel María do IES Urbano Lugrís organizan esta actividade.

Dende o consistorio inviamos a todas as persoas a participar neste encontro literario.

Sinopse: A vida de Xoán transcorre nunha especie de entresoño que o obriga a manter unha relación dificultosa e estraña co mundo que o rodea. A súa inusitada beleza, na que todos reparan, e as experiencias que percibe cando adormece, convérteno nun mozo tan peculiar coma a súa familia. Ao pouco de coñecer a Paula, decidida, madura e cunha marcada historia, Xoán descobre unha calma que pouco lle vai durar. Ao mesmo tempo, coa axuda da súa irmá procurará unha peza enquistada do pasado da que aínda quedaban asuntos por resolver. En «O que me quedaba por dicirche» Alberto Mancebo tece con axilidade e sutileza unha historia familiar, íntima e sentimental baseada nas intensas emocións dun estraño protagonista co que calquera persoa se podería identificar.

6Nov 2023

Malpica celebra este sábado a Cea das Letras 2023

No evento darase a coñecer o gañador ou gañadora do XVIII Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas

Este sábado 11 de novembro terá lugar na Casa do Pescador, en Malpica de Bergantiños, a Cea das Letras 2023. O evento comezará ás 21:00h e nel darase a coñecer o gañador ou gañadora do XVIII Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas. Para poder asistir é necesario inscribirse chamando ao 649 507 285 ou ao 981 707 104.

26Out 2023

O Concello de Malpica segue apostando pola reciclaxe

Estamos emocionados de anunciar o noso programa de compostaxe doméstica para promover un entorno mais saudable no noso concello. Queremos invitar a todos os veciños e veciñas a unirse a esta iniciativa.

En que consiste? Imos entregar un total de 50 composteiros ás persoas interesadas. Con isto, poderedes reciclar os residuos orgánicos dunha forma ecolóxica e contribuír a preservación do noso entorno.

Se queres ser parte de este proxecto e recibir o teu composteiro,a partir de hoxe xa podes pasarte polo concello para solicitar o formulario ou descargalo dende a paxina web do concello e devolvelo debidamente cuberto nas nosas oficinas ou no seguinte enderezo correo@malpicadebergantinos.com.
Dado que o número de participantes e limitado, as prazas asígnase por orde de inscrición, quedando o resto dos interesado/as anotado/as para unha seguinte fase do programa
Este programa leva aparellada unha xornada de formación de aproximadamente 1 hora. Ó remate da mesma farase entrega dos composteiros e de un manual didáctico
Únete a nosa iniciativa , xuntos podemos marcar a diferencia no noso entorno.

¡Coidemos do noso concello e fagamos de Malpica un lugar mais verde e limpo!

24Out 2023

A Deputación Provincial da Coruña financiou ao concello de Malpica de Bergantiños a través da convocatorio do programa MA100 SUBVENCIÓNS A CONCELLOS DA PROVINCIA DA CORUÑA PARA LIMPEZA DE PRAIAS MARÍTIMAS 2023 finaciou a contratación dunha brigada de 5 peóns de limpeza de praias por importe de 12.449,09 euros.

A brigada estivo operativa nos meses de agosto e setembro de 2023 rematando os seus traballos o 11 de setembro de 2023 e foron contratados cinco peóns de limpeza de praias.

21Out 2023

A XIX Mostra de Teatro Malpica volve con unha ampla programación

O Concello de Malpica, en colaboración coa Deputación da Coruña organiza a XIX  Mostra de Teatro Malpica con ampla programación. A Mostra componse de oito obras de teatro para diversos públicos, con funcións os venres dende o  27 de outubro ata o venres 22 de decembro. O horario das actuacións será sempre ás 20:30, no auditorio do centro cívico de Malpica.

As obras de teatro da mostra son  as seguintes:

Finalista dos Premios de Teatro María Casares á Mellor

Espectáculo Infantil

Elenco:

Victor Mosqueira

Josito Porto

Duración: 50 minutos

Xénero: Comedia

Público preferente: familiar, recomendado para crianzas de 4 a 12 anos)

Elenco:

Alba Bermúdez

Tone Martínez

Miguel Canalejo

Alba Nogueira

Duración: 70 minutos

Xénero: teatro actoral

Público preferente: adultos e maiores de 14 anos

Compañía gañadora do premio do público da XVIII Mostra de Teatro 2022 de Malpica co espectáculo Mai Mai.

Premio na Feria de Teatro Castilla y León 2022.

Elenco:

Iria Piñeiro

Xosé Esperante

              Dirección: Andrea Bayer e Oscar Ferreira

Duración: 45 minutos

Xénero: teatro infantil

Público preferente: familiar, recomendado a partir de 4 anos

Elenco:

Larraitz Urruzola

Luchi Iglesias

Inacio Vilariño

Duración: 50 minutos

Xénero: monicreques

Público preferente: público familiar a partir de 3 anos

Elenco:

Montse Piñón

Jorge Casas

Pepablo Patiño

Duración: 50 minutos

Xénero: teatro actoral

Público preferente: maiores de 5 anos

  • Venres 1 de decembro, ás 20.30, Running. Unha Suorenta Comedia de Ste Xeito Producións. 

Elenco:

Stephy LLaryora

Sergio Macias

Dirección:

Esther F. Carrodeaguas

Duración: 75 minutos

Xénero: comedia

Público preferente: adultos e mozas/os a partir de 12 anos

  • Venres 8 de decembro, ás 20.30, Entrega en man. Contraproducións

Elenco:

              Evaristo Calvo

Santi Romai

María Roja

Diego Sales

Duración: 90 minutos

Xénero: Comedia

Público preferente: Adultos

  • Venres 22 de decembro, ás 20.30, Degustación de imposibles do mago Joshua Kenneth

Duración: 70 minutos

Xénero: maxia

Público preferente: todos os públicos

Para máis información as persoas interesadas poden  acudir ao departamento de Educación e Cultura do Concello de Malpica en horario de 9:30h a 14:00 ou chamar ao 981 707 104.

14Out 2023

Asinada a acta de replanteo para o inicio das obras para melloras na estación de tratamento de agua potable de Ponte Berrón no que se instalará o circuito de Dosificación de Reactivos Químicos

O alcalde de Malpica, Eduardo Parga reuniuse  coa empresa adxudicataria  para formalizar o inicio das obras que se prevé que comezarán en breve.

DEMAIN OBRAS E SERVICIOS, S.L será a encargada de realizar os traballos que contan cun orzamento total de 54.377,40€.  

Página 12 de 157« Primera...1011121314...203040...Última »