Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Luns 15°
Martes 14°
Mércores 13°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas

Novas

18Ago 2016

Nenos e nenas do campamento urbano infantil participan nun obradoiro de lingua creativa

IMG-20160818-WA0003-web

Os nenos e nenas do grupo de maiores que participan no campamento urbano infantil organizado polo Concello de Malpica asistiron hoxe á primeira xornada dun obradoiro de lingua creativa impartido por Xosé Manuel Varela, co que traballaron sobre as lendas de Malpica de Bergantiños.

O taller desenvolveu habilidades orais e escritas dos rapaces tomando como base a lenda do trigal maldito, e ao remate os participantes elaboraron ilustracións baseadas na lenda. As imaxes do conde das Torres, o espírito encerrado na igrexa de Santiago de Mens e a moza raptada foron as máis repetidas polos nenos e nenas.

O luns, martes e xoves da vindeira semana continuará o obradoiro con novas actividades.

 

17Ago 2016

O Concurso de Barcanas e Castelos de Area abre as Festas do Mar

CASTELOS-WEB1

O Concurso de Barcanas e Castelos de Area “Praia de Area Maior”, que chega este ano á súa 16ª edición, abrirá as Festas do Mar. Todas as persoas interesadas en participar teñen unha cita este venres, día 19, a partir das 10.30 horas. Ata ese momento poderán realizarse as inscricións, tanto a pé de praia coma os días anteriores no Departamento de Educación e Cultura (Centro Cívico).

Segundo consta nas bases, cada participante individual ou grupo poderá presentar unha única obra. Haberá tres categorías: infantil (ata os 10 anos), amateur (de 11 anos en diante) e barcanas. Haberá seis premios: 1º (130 euros e trofeo), 2º (70 euros e trofeo) e 3º (40 euros e trofeo) na categoría amateur, premio á mellor barcana, premio especial do público e premio infantil, que serán galardoados con cadanseu trofeo. Para optar ao premio infantil todos os autores da obra deberán ter como máximo 10 anos cumpridos.

O Concello de Malpica delimitará a zona do certame. As obras realizaranse entre as 11.00 e as 13.00 horas, e só se poderán utilizar area e materiais que e atopen depositados na praia, así como ferramentas e difusores e auga. O xurado valorará a calidade artística e a orixinalidade dos castelos e barcanas segundo unha serie de criterios: calidade técnica, complexidade da obra realizada, deseño, dimensións, vinculación da obra co Concello de Malpica e orixinalidade. Para a elección do premio especial do público instalarase unha urna, entre as 13.00 h. e as 13.30 h. na Praia de Area Maior, na que todos os espectadores/as do concurso poderán depositar o seu voto. Será premiada a obra con maior número de votos, agás que xa obtivera outro premio por parte do xurado, nese caso outorgaríase á seguinte obra máis votada.

O xurado estará composto por 2 representantes do Concello de Malpica nomeados polo Alcalde (que determinará quen dos dous actuará como Presidente e como vogal) e 2 das entidades colaboradoras (Asociación de Amas de Casa de Malpica e/ou Asociación de Mulleres Redeiras Artesás Mar da Illa).

17Ago 2016

A Área de Igualdade do Concello de Malpica retoma o programa Conectad@s con dous novos cursos

CARTEL CURSOS CONECTAD@S

A Área de Igualdade do Concello de Malpica de Bergantiños, que dirixe Marisol Blanco Gorín, retomará en setembro o programa Conectad@s, que promove o coñecemento e a utilización das novas tecnoloxías para contribuír a diminuír a brecha dixital de xénero. A oferta inclúe un curso de alfabetización dixital para mulleres e outro de novas tecnoloxías para persoas maiores de 55 anos, que se celebrarán na Casa do Oleiro de Buño dende o 12 de setembro ata o 11 de novembro. Os horarios determinaranse segundo as persoas inscritas.

As persoas interesadas deben presentar a solicitude de participación antes do 7 de setembro. Os grupos serán de seis persoas como máximo. Para máis información ou para inscribirse, as mulleres interesadas poden dirixirse ao Departamento de Servizos Sociais ou contactar coa técnica de Igualdade, Patricia Vaquero, no 981 720 280.

16Ago 2016

A Mostra da Olería mantén o tirón con preto de 15.000 visitas entre o Parque Luciano García Alén e o Forno do Forte

IMG_4433-web

Con 5.500 visitas ao Ecomuseo do Forno do Forte e entre 8.000 e 9.000 ao Parque Luciano García Alén, o balance da Mostra da Olería de Buño “só pode ser positivo”, tal como manifestou o alcalde de Malpica, Eduardo Parga Veiga, no acto de clausura da 33ª edición. “Entendemos que a Mostra da Olería mantense, e anímanos a seguir traballando para que medre”, engadiu o rexedor.

Como é habitual, o groso das visitas concentráronse durante as dúas fins de semana, e especialmente nesta última, na que houbo momentos de auténtica avalancha. A presidenta da Asociación Oleira de Buño, Carmen Isabel Labrador, considerou que as cifras son especialmente boas tendo en conta o tempo de praia e a amplísima oferta festiva e cultural en toda a contorna. En canto ás vendas, a presidenta dos oleiros sinalou que tamén se mantiveron nas cifras do ano pasado.

Tanto a Asociación Oleira de Buño coma o Concello de Malpica, que comparten as tarefas organizativas, expresaron a intención de empezar a preparar canto antes a vindeira edición. “Hai que ter en conta que a Mostra da Olería é un referente a nivel autonómico, por calidade e porque estamos a falar dunha parte moi importante do noso patrimonio artístico e cultural. Por iso dende o goberno municipal apoiarémola en todo o que faga falla”, asegurou Eduardo Parga.

O alcalde agradeceu o apoio económico da Deputación da Coruña para poder organizar unha das mostras máis completas da historia, non só pola oferta de artesanía, que incluíu cestería e soprado de vidro ademais de olería, senón tamén polo amplísimo programa de actividades paralelas, coa Cocedura Tradicional ou os obradoiro no Ecomuseo do Forno do Forte, a multitudinaria visita dos Bolechas, o tren turístico ou o variado cartel musical, que concluíu hoxe coa actuación das gaiteiras Habelas Hainas.

15Ago 2016

Trinta nenos e mozos da comarca de Bergantiños aprenderon a navegar no curso de vela de Malpica

vela-4-web

Trinta nenos/as e mozos/as de 9 a 18 anos participaron no curso de vela organizado pola Deputación Provincial da Coruña, coa colaboración do Concello de Malpica, que se desenvolveu ao longo da semana pasada, en quendas de mañá e tarde. A actividade deportiva en Malpica continúa ao longo de todo o mes coa liga de fútbol praia infantil, que rematará o 26. Así mesmo, do 22 ao 25 terán lugar os cursos de vela promovidos polo club Silfo para nenas e nenos de 8 a 16 anos, e do 29 ao 31 realizaranse os cursos de kayak do Club Náutico de Malpica para pequenos/as de 9 anos en diante.

13Ago 2016

O martes empeza a traballar o persoal contratado polo Concello de Malpica dentro do Plan de Emprego Local da Deputación

O alcalde de Malpica, Eduardo Parga, vén de asinar os contratos co persoal de medio ambiente e obras contratado polo Concello con cargo ao Plan de Emprego Local que financia a Deputación Provincial da Coruña. Grazas a esta iniciativa, que ten como finalidade mellorar a empregabilidade e fomentar o desenvolvemento sostible do territorio provincial, en Malpica promoverase a inserción laboral dun total de 14 persoas: 10 peóns de medio ambiente, 3 peóns de albanel e 1 oficial de segunda de albanel. Todos eles empezarán a traballar o vindeiro martes.

13Ago 2016

Xabier Díaz e Mercedes Peón, pratos fortes da IX Festa Galega de Malpica

Os concertos coincidirán coa celebración de IV Feira Medieval Mariñeira, na fin de semana seguinte ás Festas do Mar

Festa-Galega-Cartel-web

A vida cultural no Concello de Malpica está en plena efervescencia neste mes de agosto. Atopámonos na recta final da Mostra da Olería de Buño, que acada a súa 33ª edición, e na fin de semana seguinte ás Festas do Mar chegarán a Festa Galega e a Feira Medieval Mariñeira, que encherán de música e animación as rúas da vila. Este ano temos un cartel de auténtico luxo, encabezado por Xabier Díaz e Mercedes Peón, dous pesos pesados da música galega que subirán ao escenario do porto de Malpica os días 26 e 27, respectivamente.

Do 26 ao 28 estará aberta tamén a Feira Medieval Mariñeira, con ducias de postos de artesanía, gastronomía e produtos do máis variados ao longo da rúa principal. A Feira Medieval Mariñeira abrirá todos os días ás 11 horas.

Programa da IX Festa Galega

Día 26 (Porto de Malpica)

22.00 h.Cantareiras da A. C. Carcaxía

23.00 h. Xabier Díaz & adufeiras do salitre

01.00 h.Fol de veneno

Día 27

11.30 h. Pasarrúas dos gaiteiros da A. C. Carcaxía e da A.C. Raigañas

19.15 h. 4º Desfile de Bandas de Gaitas da A.C. Malante (saída do Centro Cívico de Malpica)

Banda de Gaitas Airiños de Fene

Grupo de Baile Arume de Verdillo (Carballo)

Banda de Gaitas da A.C. Malante  (Malpica)

22.00 h. Cantareiras da A. C. Malante  (porto)

22.30 h. Cantareiras da A. C. Raigañas  (porto)

23.00 h. Mercedes Peón  (porto)

01.00 h. Leirabuxo  (porto)

11Ago 2016

O Concello de Malpica contrata obras por máis de 100.000 €

23-marzo-2016-web

O Concello de Malpica vén de contratar unha serie de obras por un importe que supera os 100.000 euros. A actuación máis importante, cun orzamento de 64.591,62 euros, xa está en marcha tras a sinatura do contrato por parte do alcalde, Eduardo Parga, coa empresa adxudicataria, Construcciones Dámaso Ferreiro. O proxecto consiste na mellora de camiños municipais de acceso ás explotacións agrarias en Barizo e Beo.

Tamén comezaron as obras de mellora da accesibilidade no polideportivo municipal de Malpica, cofinanciado entre a Xunta e o Fondo Europeo Agrario de Desenvolvemento Rural (Feader) con 19.799,23 euros. A empresa adxudicataria é Construcciones López Cao, que ten de prazo ata o 15 de setembro para a execución da actuación.

Pola súa banda, a empresa Emilio Cancela Bouzas resultou adxudicataria dos traballos de prevención de incendios forestais mediante a limpeza das vías de titularidade municipal, que teñen un orzamento de 17.999,96 euros.

10Ago 2016

Presentada a 7ª edición da Travesía a Nado Sisargas – Malpica, que bate outro récord de participación con 200 nadadores

Un operativo integrado por 90 persoas, máis de 20 embarcacións e ambulancias garantirá a seguridade dos participantes por mar e por terra

TRAVESIA-1-web

Na edición do 2014 Daniel Gambón expresaba o seu desexo de que a travesía a nado que realizou por primeira vez o seu bisavó hai 83 anos, e que el recuperou hai sete, acadara os 200 nadadores. Non parecía doado, pero aquel obxectivo é xa unha realidade. Este ano a Travesía a Nado Sisargas – Malpica bate outro récord de participación e chega a esa simbólica cifra. Por iso, Daniel Gambón asegura que “é unha edición moi especial”. Por iso e por algunha que outra sorpresa que se desvelará este domingo 14 de agosto.

Hoxe pola tarde tivo lugar a presentación desta 7ª Travesía Sisargas xunto á escultura “A Balea”, a obra de Miguel Couto que preside o porto, inspirada nunha das pinturas de Urbano Lugrís que poden verse na Casa do Pescador de Malpica e que tamén é o motivo do trofeo co que é agasallada cada ano a primeira persoa en pisar a area da praia despois de cubrir a nado os 4,3 quilómetros que a separan das Illas Sisargas.

TROFEOS-web

Ademais de Daniel Gambón, na presentación participaron o alcalde de Malpica, Eduardo Parga; o concelleiro de Deportes, Iago Espasandín; o tenente de alcalde, Miguel Fernández; o xefe de Protección Civil, Iván Muíño, e o patrón maior, Pedro Pérez.

Daniel Gambón referiuse ao crecemento espectacular da proba, que ten as súas orixes na travesía realizada no ano 1933 polo seu bisavó, Domingo Suárez, o precursor dun reto recuperado no ano 2010 coa aventura en solitario do bisneto, pero que xa no 2013 reunía a un cento de participantes.

A medida que vai medrando, a organización require dun dispositivo de seguridade tamén maior. De feito, despois da presentación de hoxe celebrouse a reunión de coordinación. Máis de 90 persoas, entre Protección Civil, Cruz Vermella, persoal médico, fisioterapeutas, kayakistas e voluntarios, velarán pola seguridade dos nadadores tanto por mar coma por terra.

Dende o porto de Malpica, onde estarán situados o aparcamento para os nadadores e onde poderán recoller os seus dorsais, os participantes desprazaranse en barcos ata as Sisargas. Neste sentido, Daniel Gambón agradeceu a colaboración da Confraría de Pescadores. Embarcacións, motos de auga e kayaks cubrirán todo o percorrido, e en terra haberá dez postos fixos distribuídos entre Santo Hadrián e A Atalaia.

O alcalde, Eduardo Parga, felicitou ao Club Travesía Sisargas pola iniciativa, que contribúe á promoción de Malpica como destino turístico e deportivo. Pola súa banda, o concelleiro de Deportes, Iago Espasandín, destacou a ampla oferta deportiva do domingo, coa Travesía a Nado Sisargas – Malpica, o Trofeo Mostra da Olería de fútbol e o partido da Selección Galega de Fútbol Praia contra un combinado da Costa da Morte.

10Ago 2016

Actividades Mostra da Olería 2016

ACTIVIDADES PERMANENTES XXXIII MOSTRA DA OLERÍA

Parque Luciano García Alén:   

  • Casetas de venta

Tódolos días de 11:00 h. a 14:00 h. e de 17:00 h. a 21:00 h.

  • Exhibicións de cestería tradicional, todos os días de 11:00 h. a 14:00 h. e de 17:00 h. a 21:00 h.

Ecomuseo do Forno do Forte, Forno Novo, s/n – Buño (Malpica)

Tódolos días de 11:00 h. a 14:00 h. e de 17:00 h. a 21:00 h.

  • Exhibicións dun oleiro no torno, todos os días de 11:00 h. a 14:00 h. e de 17:00 h. a 21:00 h.
  • Obradoiro de barro para nenos, todos os días de 11.30 h. a 13.30 h. 17:30 h. a 20:30 h.
  • Exposición dos/as Oleiros/as de Buño, todos os días de 11:00 h. a 14:00 h. e de 17:00 h. a 21:00 h.

 

PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES PARALELAS XXXIII MOSTRA DA OLERÍA

 

Venres 5 de agosto de 2016: Inauguración (Parque Luciano García Alén)

17.30 h. Actuación de Música e Danza Tradicional a cargo da A.C. Raigañas.

18.00 h. Acto oficial de inauguración.

18.30 h. Ofrenda floral ao Doutor Luciano García Alén.

18.45 h. Visita ás dependencias da Mostra da Olería.

 

Sábado 6 de agosto de 2016:  

Tren Turístico MALPICA –  Buño

(Os menores deberán ir acompañados dun adulto autorizado)

Mañá:

Saída de Malpica 11.00 h. (Bar Panchito).

Saída de Buño 14.00 h. (Parque Luciano García Alén).

 

Tren Circular Ruta da Olería. Saída do parque Luciano García Alén ás 12.00 h. regreso as 13.30 h.

Tarde:

Saída de Malpica  18.00 h. (Bar Panchito).

Saída de Buño 21.00 h. (Parque Luciano García Alén).

Tren Circular Ruta da Olería. Saída do parque Luciano García Alén ás 19.00 h. regreso as 21.30 h.

COCEDURA TRADICIONAL – FORNO DO FORTE

11.00 h. Carga do forno (Ecomuseo Forno do Forte).

11.30 h. Roteiro fotográfico. (Saída dende o Parque Luciano García Alén).

16.00 h. Prendido do forno (Ecomuseo Forno do Forte).

17.30 h. Roteiro fotográfico. (Saída dende o Parque Luciano García Alén).

 

A partir das 22.00 h. Gran Queimada Tradicional no Parque Luciano García Alén. (Parque Luciano García Alén).

23.30 h. Concerto do grupo: Os Rebenidos. (Parque Luciano García Alén).

 

Domingo 7 de agosto de 2016

Tren Turístico MALPICA – – Buño

(Os menores deberán ir acompañados dun adulto autorizado)

Mañá:

Saída de Malpica 11.00 h. (Bar Panchito).

Saída de Buño 14.00 h. (Parque Luciano García Alén).

 

Tren Circular Ruta da Olería. Saída do parque Luciano García Alén ás 12.00 h. regreso as 13.30 h.

Tarde:

Saída de Malpica  18.00 h.. (Bar Panchito).

Saída de Buño 21.00 h.  (Parque Luciano García Alén).

 

Tren Circular Ruta da Olería. Saída do parque Luciano García Alén ás 19.00 h. regreso as 21.30 h.

11.00 h. Descarga do forno (Ecomuseo Forno do Forte).

19.00 h. Exbición de Canto e Danza Tradiconal da A. C. Carcaxía. (Parque Luciano García Alén).

 

Luns 8 de agosto de 2016

19.00 h. Concerto de Alberto Knox  (Folk americano, countruy e Blues) (Parque Luciano García Alén).

 

Martes 9 de agosto de 2016

        

Os Bolechas visitan a Mostra da Olería

11.30 h. Roteiro fotográfico. (Saída dende o Parque Luciano García Alén).

17.00 h. Presentación da Publicación Os Bolechas visitan á Mostra da Olería (Parque Luciano García Alén).

17.30 h.  Pasarrúas cos Bolechas Corpóreos. (Parque Luciano García Alén).

17.30 h. Roteiro fotográfico. (Saída dende o Parque Luciano García Alén).

 

Mércores 10 de agosto de 2016

11.00 h. Visita do Campamento urbán Infantil ó Ecomuseo “Forno do Forte”.

11.30 h. Visita do Campamento urbán Infantil á Mostra da Olería de
Buño.

Ás 19.00 h. Actuación dos  Monifates (Zanfoña, cucharas, gaitas e monicreques) (Parque Luciano García Alén).

 

Xoves 11 de agosto de 2016

 

O Día do Neno

11.30 h. Roteiro fotográfico. (Saída dende o Parque Luciano García Alén).

17.00 h. Xogos tradicionais (Parque Luciano García Alén).

17.30 h. Roteiro fotográfico. (Saída dende o Parque Luciano García Alén).

19.00 h. Cé Orquestra (Parque Luciano García Alén).

 

Venres, 12 de agosto de 2016

A Partir das 12.00 h. Mostra doutras artesanías soplado de vidro (Parque Luciano García Alén).

17:30 h. Concurso de modelado en barro para nenos/as con premios (Ecomuseo Forno do Forte).

A partir das 17.00 h.  e ata as 21.00 h. Os Magos Dani e Rafa representarán o espectáculo El Baúl del Mago. Pases cada 10 minutos (Parque Luciano García Alén).

 

Sábado 13 de agosto de 2016

 

Tren Turístico MALPICA – – Buño

(Os menores deberán ir acompañados dun adulto autorizado)

Mañá:

Saída de Malpica 11.00 h. (Bar Panchito)

Saída de Buño 14.00 h. (Parque Luciano García Alén)

 

Tren Circular Ruta da Olería. Saída do parque Luciano García Alén ás 12.00 h. regreso as 13.30 h.

Tarde:

Saída de Malpica  18.00 h.. (Bar Panchito)

Saída de Buño 21.00 h.  (Parque Luciano García Alén)

 

Tren Circular Ruta da Olería. Saída do parque Luciano García Alén ás 19.00 h. regreso as 21.30 h.

A partir das 11.30 h. Pasarrúas de gaiteiros (Parque Luciano García Alén).

19.00 h. Exhibición de música e danza tradicional a cargo da Agrupación Folclórica ATURUXO. (Parque Luciano García Alén).

Ás 23.30 H.  Concerto do grupo Aula 11 (Parque Luciano García Alén).

 

Domingo 14  de agosto de 2016

 

Tren Turístico MALPICA – – Buño

(Os menores deberán ir acompañados dun adulto autorizado)

Mañá:

Saída de Malpica 11.00 h. (Bar Panchito).

Saída de Buño 14.00 h. (Parque Luciano García Alén).

 

Tren Circular Ruta da Olería. Saída do parque Luciano García Alén ás 12.00 h. regreso as 13.30 h.

Tarde:

Saída de Malpica  18.00 h.. (Bar Panchito)

Saída de Buño 21.00 h.  (Parque Luciano García Alén).

 

Tren Circular Ruta da Olería. Saída do parque Luciano García Alén ás 19.00 h. regreso as 21.30 h.

A partir das 11.30 h. Pasarrúas de gaiteiros. (Parque Luciano García Alén).

18:00 h. Trofeo Mostra Olería de Fútbol (Campo Fútbol de Xaviña – Buño)

21.00 h. Entrega de trofeos do Trofeo Mostra da Olería de Fútbol. (Campo Fútbol de Xaviña – Buño)

Ás 19.00 h. Actuación de Cantata Vernácula (Zanfoña,e acordeón). (Parque Luciano García Alén).

 

Luns 15  de agosto de 2016: Xornada de Clausura

 

Tren Turístico MALPICA – – Buño

(Os menores deberán ir acompañados dun adulto autorizado)

Mañá:

Saída de Malpica 11.00 h. (Bar Panchito)

Saída de Buño 14.00 h. (Parque Luciano García Alén)

 

Tren Circular Ruta da Olería. Saída do parque Luciano García Alén ás 12.00 h. regreso as 13.30 h.

Tarde:

Saída de Malpica  18.00 h.. (Bar Panchito)

Saída de Buño 21.00 h. (Parque Luciano García Alén)

 

Tren Circular Ruta da Olería. Saída do parque Luciano García Alén ás 19.00 h. regreso as 21.30 h.

19.00 h. Actuación do grupo Habelas Hainas (Grupo de gaiteiras) (Parque Luciano García Alén).

20.00 h. Acto de clausura da XXXIII Mostra da Olería de Buño (Parque Luciano García Alén).

 

Página 86 de 149« Primera...102030...8485868788...100110120...Última »