Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Xoves 12°
Venres 13°
Sábado 12°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. Trinta nenos e mozos da comarca de Bergantiños aprenderon a navegar no curso de vela de Malpica

15Ago 2016

Trinta nenos e mozos da comarca de Bergantiños aprenderon a navegar no curso de vela de Malpica

vela-4-web

Trinta nenos/as e mozos/as de 9 a 18 anos participaron no curso de vela organizado pola Deputación Provincial da Coruña, coa colaboración do Concello de Malpica, que se desenvolveu ao longo da semana pasada, en quendas de mañá e tarde. A actividade deportiva en Malpica continúa ao longo de todo o mes coa liga de fútbol praia infantil, que rematará o 26. Así mesmo, do 22 ao 25 terán lugar os cursos de vela promovidos polo club Silfo para nenas e nenos de 8 a 16 anos, e do 29 ao 31 realizaranse os cursos de kayak do Club Náutico de Malpica para pequenos/as de 9 anos en diante.