O prazo de inscrición pecharase o día 20 de decembro ás 14 h
As concellarías de Turismo e Promoción Económica poñen en marcha o Concurso de Escaparates de Nadal 2022.
Os establecementos que desexen participar deberán ter adornado o escaparate desde o día 21 de decembro ata o día 7️ de xaneiro e poderán participar todas e todos os empresarios que teñan locais con escaparates ó exterior.
A valoración dos escaparates farase sobre unha puntuación total de 50 puntos e se terán en conta os seguintes criterios de avaliación: calidade artística, omposición, creatividade, orixinalidade e a luminación e utilización de elementos tradicionais do Nadal Os días 29 e 30 de decembro a partir das 10 horas o xurado visitará todos os establecementos participantes para realizar a súa valoración.
A Concelleira de Deportes, Noelia Freire Novo, presentou as actividades programadas para estes días de Nadal nas que abrande diferentes disciplinas deportivas que van dende o atletismo, volei, tenis de mesa, danzas urbanas ou torneo fútbol 3×3.
O prazo de inscrición xa está aberto e o calendario é o seguinte:
CONTROL MARCAS ATLETISMO 20 de decembro para nenos e nenas a partir de 10 anos de 16.30 a 18.30 horas no Pavillón Municipal Inscricións ata o 19 decembro
CLINIC DE VOLEI 27 e 29 de decembro para nenos e nenas a partir de 10 anos de 10.30 a 13.30 horas no Pavillón Municipal Inscricións ata o 23 decembro
TORNEO TENIS DE MESA 30 de decembro para nenos e nenas a partir de 10 anos de 16.30 a 18.30 horas Pavillón Municipal Inscricións ata o 27 decembro
DANZAS URBANAS E DJ 30 de decembro para nenos e nenas a partir de 10 anos e maiores de 14 anos de 19.00 a 21.00 horas no Centro Cívico Inscricións ata o 27 decembro
TORNEO FÚTBOL 3X3 4 de xaneiro para nenos e nenas a partir de 7 anos de 10.30 a 13.30 horas no Pavillón Municipal Inscricións ata o 27 decembro
A asistencia será de balde, sempre baixo inscrición previa a través do Rexistro Xeral do concello, chamando ao teléfono 981720001 ou enviando un correo electrónico a auditoriodemalpica@gmail.com Os formularios xa están a disposición das persoas interesadas no Concello de Malpica e tamén na seguinte ligazón:
As inscricións aos obradoiros xa están abertas e darán comezo o día 23 de decembro.
O Concello de Malpica, a través da súa Concellaría de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes, organiza un ano máis os obradoiros de Nadal, cuxo obxectivo é fomentar a aprendizaxe entre os nenos e nenas mediante obradoiros con diferentes temáticas que abranguen as tradicións do Nadal, as novas tecnoloxías e a artesanía.
Os diferentes obradoiros, ideados para nenos de idades comprendidas entre os 3 anos ata os 12, e serán impartidos por profesionais do eido de cada un dos obradoiros ofertados.
O calendario é o seguinte:
Obradoiro de Adornos de Nadal: 23 de decembro de 10.00 a 12.00 para nenos e nenas de de 8 a 12 anos e de 12.00 a 14.00 para idades comprendidas entre os 4 e 7 anos. O período de inscrición estará aberto ata o 20 de decembro
Obradoiro de Robótica e Tecnoloxía: 27 de decembro no Centro Cívico de 16.30 a 18.00 para nenos e nenas de 4 a 7 anos e de 18.00 a 19.30 para nenos e nanas de 8 a 12 anos. O período de inscrición estará aberto ata o 23 de decembro
Obradoiro de Barro: 28 de decembro na Casa do Oleiro de 17.00 a 19.00 para nenos e nenas a partir dos 5 anos. O período de inscrición estará aberto ata o o 23 de decembro
Obradoiro de Nadal coas Redeiras: De 16.30 a 18.00 para nenos e nanas de 3 a 12 anos dividido en dúas xornadas: a primeira en Buño o 2 de xaneiro nas Escolas Vellas do CEIO JRO e a segundo en Malpica o 4 xaneiro no Centro Cívico. O período de inscrición estará aberto ata o 30 de decembro. Colaboran as Redeiras o Fieital
A asistencia será de balde, sempre baixo inscrición previa a través do Rexistro Xeral do concello, chamando ao teléfono 981707104 ou enviando un correo electrónico a auditoriodemalpica@gmail.com Os formularios xa están a disposición das persoas interesadas no Concello de Malpica e tamén na ligazón desta nova.
Mercadiño de Artesanía e a II Foliada de Cantos de Nadal
O Mercadiño de Artesanía e a II Foliada de Cantos de Nadal organizado pola Concellería de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes e na que colabora a Xunta de Galicia a Deputación da Coruña, a Rede de Dinamización Lingüística, as asociación AC Raigañas, ACD Carcaxía e AC Malante e Rakelúa, levarase a cabo o 18 de decembro na Rúa Eduardo Vila Fano de Malpica.
A programación para o sábado é a seguinte:
10.00: Apertura do mercado
12.00: O Apalpador e os Moniftes
17.00: Actuación do Mago Charlangas
19.00: II Foliada de Cantos de Nadal na que actuarán as asociación AC Raigañas, ACD Carcaxía e AC Malante
Dende o Concello convidamos a todo o mundo a visitar o noso Mercado Artesán de Nadal para gozar destas festas.
Dous espectáculos que portaron temáticas de interese actual da man das compañías de Cultura Activa e Rebordelos.
As conformacións teatrais de As Alumnas e Amantis estiveron venres e sábado no Concello de Malpica. Ambas actuacións atenderon a temáticas contemporáneas e de gran interese social. De tal modo, un gran número de espectadores asistiron ao Centro Cívico para ver en directo os traballos destas compañías teatrais galegas.
Amantis presentou a súa comedia dramática, dirixida a adolescentes e adultos, a través da historia de M, un cativo de barrio obreiro. O rapaz quería ser influecer, dicía, pero tamén buscaba ser amado e aceptado polos demais. Porén, no camiño topou con adversidades dun unverso intanxible. A partir deste momento, M descobre que non todo é o que parece ser… nin sequera el mesmo. Esta obra de 65 minutos foi coordinada pola compañía Rebordelos, xa recoñecida polo Concello no 2021, pois foi gañadora con outra peza teatral ao premio do público da XVIII Mostra do Teatro de Malpica.
As Alumnas, pertencente á compañía de Culturactiva, realizou un teatro actoral cunha demanda de xustiza social e memoria histórica de trasfondo. Representan a historia dúas mulleres: Mónica Carballo e Anabell Gago. Ambas se reencontran no pasamento da súa mestra e, alí, comezan a rememorar o seu pasado dende a infancia, antes do estalido da Guerra Civil, ata os anos 70. Este traballo, dirixido por Fina Calleja, tivo lugar no Centro Cívico de Malpica este venres 2 de decembro, cunha duración de 75 minutos, e a acollida dun público adulto.
Este venres, 9 de decembro, estará a comedia A parábola do angazo no Auditorio, pertencente a Producións Teatrais Talía. Terá unha duración dunha hora e haberá moitas risas, polo que non poden perder a oportunidade de asistir. Será a partir das 20:30h, como as anteriores, e trátase do último espectáculo do evento da XVIII Mostra de Teatro de Malpica.
Apertura da exposición “Mar de Ardora” a partir deste sábado
A mostra de 16 fotografías, que recolle espectaculares fenómenos naturais, estará aberta ao público no Centro Cívico de Malpica.
A fotoxornalista Ana García realizou un traballo de documentación durante dous anos para rexistrar os fenómenos naturais máis destacados nas súas imaxes. Un deles é a chamada bioluminiscencia, un proceso que se crea froito dunha reacción química entre os organismos vivos e que produce luz na beira da auga. A labor da fotoxornalista incentívase trala incesante busca en combinar isto con outros fenómenos, como é o ariglow -luminiscencia norturna- ou coa caída da choiva de estrelas.
A inauguración da exposición será este sábado, 10 de decembro, ás 19.30h. Dende esa data, a compilación de fotografías permanecerá no Centro Cívico ata o 31 de decembro. Os horarios de visita están previstos durante a semana, de luns a venres, dende as 09.00h ás 20.00h.
O Concello de Malpica, a través da Concellería de Cultura, organiza esta exhibición do traballo de Ana García polo seu compromiso en amosar a beleza natural do Mar de Ardora e, asemade, da propia Costa da Morte.
No caso das entidades culturais, as subvencións están dirixidas a aquelas entidades tanto culturais como educativas sen ánimo de lucro dirixidas á formación e á promoción no campo de actividades como a música, a danza, o teatro e a maxia; tamén ás que están vinculadas coa literatura, a fotografía, o cine, as creación audiovisuais, a promoción da lingua galega…
Para poder beneficiarse delas deben estar inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións ou ter solicitada a súa inscrición e, ademais, non serán subvencionadas se xa recibiron algún outro tipo de axuda do Concello de Malpica.
O importe global das axudas é de 20.000€ e o prazo para solicitas as bonificacións remata en 15 días.
No referido ás axudas ao fomento do deporte individual, o prazo para pedilas remata en 10 días e a cantidade total máxima das subvencións convocadas é de 5.000 €.
Para poder beneficiarse dela é necesario estar rexistrado no Concello de Malpica cun mínimo de dous anos consecutivos de experiencia no momento da solicitude. Ademais, a persoa solicitante debe competir durante ese mesmo ano en probas ou eventos deportivos de importancia rexional, nacional ou internacional, entre outros requisitos. Ademais, ao igual que coas axudas ás entidades culturais, a persoa solicitante quedará excluída da convocatoria se xa recibiu outras axudas por parte do Concello de Malpica.
Por último, no caso das subvencións para o fomento das actividades deportivas das entidades deportivas do ano 2022, poderán recibilas aquelas asociacións sen ánimo de lucro, asociacións de ámbito local con personalidade xurídica propia, asociación que desenvolvan as súas actividades no termo municipal…
Subvencionaranse os gastos derivados da realización das actividades de promoción deportiva ou participación en campionatos deportivos federados, gastos xerais de funcionamento, conservación, mantemento ou reparacións menores da entidade… entre outros.
O prazo para poder solicitalas remata en 10 días e a cantidade percibida non poderá ser superior ao 80% do presuposto de gastos. O importe global para as subvención será de 20.000€.
Calquera dos tres tipos de axudas pódense solicitar a través do Rexistro Electrónico do Concello de Malpica: https://sede.malpicadebergantinos.es/gl/index.html
O público gozou coa representación das actrices: Stephy Llaryora, Noelia Blanco e Esther F. Carrodeguas que interpretaron 3 maneiras ben distintas de entender o “feminismo”
O auditorio do Centro Cívico de Malpica acolleu a última hora da tarde de onte, sábado 26 de novembro, a representación “Feminissimas”, de STE Xeito Producións XVIII, unha comedia feminista interpretada por Stephy Llaryora, Noelia Blanco e Esther F. Carrodeguas que expuxeron tres maneiras de entender o feminismo .
O vindeiro venres, 2 de decembro, (Centro Cívico, 20.30 horas) será a quenda doutra cita coa comedia dramática na que a compañía Rebordelos nos representará a obra “Amantis”. Colabora nesta iniciativa a Deputación da Coruña e a concellería de Cultura do Concello de Malpica.
O goberno local, a través da concellería de Patrimonio, deu comezo ás tarefas de sinalización da vía e programa para despois das festas de Nadal a presentación do paso da vía xacobea por Malpica.
Malpica, 23 de novembro de 2022 – O Concello de Malpica reforza a súa decidida aposta pola Vía Céltica mediante o inicio das tarefas de sinalización deste itinerario.
A Vía Céltica, recentemente incorporada como ruta oficial de peregrinación a Santiago de Compostela, permitirá que os camiñantes que partan desde Malpica ou Barizo poidan obter a Compostella.
Ademais, tamén anuncia un acto de presentación, previsto para despois do Nadal, do paso do Camiño polo municipio no que se promocionará ante peregrinos parte do patrimonio histórico e paisaxístico de Malpica.
A Concelleira responsable da área de Patrimonio, Noelia Freijeiro, celebra “poder compartir dun xeito oficial os tesouros do noso Concello con todos os peregrinos que transiten esta vía” e incide compromiso do Concello en “ofrecer unha ruta coa que namorarse de toda a beleza que ofrece Malpica”.
Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario - Ocultar detalles
• Social media Facebook, Twitter e outras Redes Sociais precisan utilizar cookies para recoñecerte.
• Analytics Os datos recollidos polas cookies de Google Analytics son anónimos e só se usan para valorar a experiencia do usuario no nosa web.
• Anuncios Este sitio pode albergar publicidade propia, de afiliados, ou de redes publicitarias.
• Cookies propias Este sitio utiliza cookies propias para facilitar o acceso e mellorar a navegación e experiencia ao usuario Aviso Legal ACEPTOLeer más