18Set 2023
Olga Rodríguez presentará o seu libro na Casa do Pescador o vindeiro sábado
A Concellería de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes de Malpica segue apostando por fomentar a cultura durante todo o ano con diversas presentacións de libros e encontros literarios en diferentes espazos da vila.Olga Rodríguez presentará a súa obra “AS CREBAS DA MEMORIA”, o vindeiro venres 22 de setembro ás 19.00 horas, na Casa do Pescador de Malpica.
Nesta presentación colabora a Confraría de Pescadores de Malpica.
Dende o consistorio animamos a todas as persoas que o desexen a participar neste novo encontro literario.