Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Venres 18°
15°
Sábado 20°
16°
Domingo 19°
16°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. Javier Paradela Martico e Olga Pose Chouciño gañan a Carreira Pedreste de Malpica

1Out 2023

Javier Paradela Martico e Olga Pose Chouciño gañan a Carreira Pedreste de Malpica

252 corredores participaron a animada proba

Onte, nunha tarde asollada, Malpica converteuse no epicentro dunha apaixonante aventura deportiva e solidaria.

Antes de que a consagrada VI edición da Carreira Pedreste Concello de Malpica partise desde a rúa Emilio González López, Noelia Freijeiro e o rexedor de Malpica, Eduardo Parga, entregaron un cheque por importe recadado de 252€ á presidenta da Asociación Contra o Cancro de Malpica, Carmen Teresa Blanco. ⚓A proba deportiva discorreu por un impresionante percorrido ao longo da costa de Malpica cunha sinfonía visual de impresionantes vistas e idílica paisaxe costeira.

Un gran número de persoas congregáronse ao longo do percorrido para aplaudir e animar aos/as deportistas. Familias, amigos/as e espectadores reuníronse para celebrar os logros deportivos, creando un ambiente de apoio aportando emoción á carreira. En definitiva, a carreira pedreste de onte non foi só un desafío físico senón tamén un goce das nosas marabillosas paisaxes.

Ao finalizar a competición o alcalde de Malpica, Eduardo Parga, a concelleira de Deportes, Noelia Freijeiro e Luís Miguel Fernández García, concelleiro de Promoción Económica, entregaron os trofeos aos campións e campioas das diferentes categorías.

O Concello de Malpica tamén ofreceu aos participantes unha degustación de roscas de pan de ovo feitas en Malpica. Ademais, os corredor@s recibiron un agasallo dunha bolsa que contiña, entre outros regalos, unha camiseta conmemorativa do evento. Desde o Concello de Malpica agradecemos o gran labor de Protección Civil de Malpica, Policía Local, traballadores/as do Concello, Asociación Mediaducia, UD Cequeda, Sporting Seaia, SCD Malpica, Veteranos Malpica, Veteranos Leiloio e AECC MALPICA. Grazas a tod@s por participar e felicidades aos gañadores e gañadoras.

Gañadores/as da 2k

Categoría Masculina: Javier Paradela Martico Rubén Penas García Miguel Anxo Nogueira Pérez

Categoría Feminina: Olga Pose Chouciño, Noemí Eiranova Ogando eLaura Núñez Calo

Gañadores/as absoluta

Categoría masculino: Cristian Muiño Varela, Francisco Roca Ledo eJaci Augusto Mello Birkhan

Categoría feminina: Natalia Rivas Suárez, Carlota Pazos Suena eGeli López Vilas