Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Venres 15°
11°
Sábado 16°
14°
Domingo 16°
11°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. Os participantes da II Concentración de Motos da Patroa da Garda Civil 2023 disfrutaron en Malpica

7Out 2023

Os participantes da II Concentración de Motos da Patroa da Garda Civil 2023 disfrutaron en Malpica

Ao redor das once da mañá, o porto converteuse no epicentro da emoción moteira coa chegada dos participantes da II Concentración de Motos da Patroa da Garda Civil 2023.

Os cen moteiros foron recibidos polo concelleiro de Turismo e Festexos, Alfredo  Cañizo, e Miguel Ángel Fernández, concelleiro de Seguridade.

Alfredo Cañizo agradeceulles que elixisen por segunda vez Malpica como un dos destinos da ruta pola Costa da Morte e obsequiounos cunha réplica do Faro Nariga como recordo.

Pola súa parte os organizadores do evento agradeceron a boa acollida e entregaron una figura conmemorativa da II Concentración de Motos da Patroa da Garda Civil 2023. A continuación os asistentes puideron disfrutar duns pinchos.