Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Venres 15°
11°
Sábado 16°
14°
Domingo 16°
11°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. Pegadas no Tempo: Isabel Soutullo deixa a súa pegada artística en Malpica

9Out 2023

Pegadas no Tempo: Isabel Soutullo deixa a súa pegada artística en Malpica

O pasado sábado, o Centro Cívico de Malpica acolleu a inauguración da exposición “Pegadas non Tempo” da artista Isabel Soutullo. O alcalde, Eduardo Parga Veiga, deulle a benvida e expresou o seu agradecemento por aceptar a invitación da Concelleira de Cultura, Noelia Freijeiro, para exhibir a súa obra neste espazo expositivo.A propia artista compartiu a súa visión sobre a exposición: “Con ‘Pegadas non Tempo’, busco trazar un pequeno percorrido, desde a miña primeira exposición ‘Campo a través’ presentada en decembro de 2018 no concello de Coristanco, onde o meu obxectivo era concienciar sobre o coidado da natureza. Ata ‘Sabor a sal’ en agosto de 2023, onde continuei coa mesma idea, pero dunha maneira máis sutil. Non deixei de lado colaboracións artísticas en favor da igualdade de xénero, nin de resaltar o mérito do traballo da xente labradora e mariñeira. Ademais, o tempo é outro tema que abordei e que desexo seguir profundando”.A exposición “Pegadas non Tempo” ofrece aos visitantes unha viaxe a través do tempo, revelando a evolución artística da coristanquesa Isabel Soutullo desde as súas primeiras obras ata o presente. Cada pintura reflicte o seu compromiso coa conciencia ambiental, a igualdade de xénero e o recoñecemento do arduo traballo das persoas labradoras e mariñeiras.

A exposición poderase visitar ata o 5 de novembro de 08.30 a 14.00 e de 18.00 a 22.00 horas