Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Xoves 20°
16°
Venres 21°
17°
Sábado 22°
18°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. O Concello de Malpica presenta os talleres de memoria e manualidades para o curso 2023/2024

15Set 2023

O Concello de Malpica presenta os talleres de memoria e manualidades para o curso 2023/2024

Ambas actividades desenvolveranse en Malpica e Buño

A concellería de Servizos Sociais de Malpica pon en marcha dous talleres dirixidos a persoas de máis de 55 anos.
O taller de memoria desenvolverase en Malpica os luns de 10.30 a 12.00 horas a partir do 2 de outubro na aula de Lecer do Centro Cívico. Os venres de 10.30 a 12.00 horas a partir do 6 de outubro no CAT (antigo Centro Comarcal).
Por outra bando no taller de Manualidades tamén haberá dous grupos, un en Buño, na Casa do Oleiro de martes e xoves de 15.45h a 17.45h e o outro en Malpica, na aula de lecer do Centro Cívico de martes e xoves en horario de 18.00h a 20.00 horas.
O prazo para inscribirse no taller de manualidades e de memoria para a terceira idade (+ 55 anos) será do 18 ao 29 de setembro.
As persoas interesadas en calquera dos dous cursos poden facer a reserva da praza chamando ao 981 720 280 ou acudindo de maneira presencial a Servizos Sociais. O taller de memoria comeza a partir do 2 e o de manualidades o 3 de outubro.
Para que se leve a cabo estas actividades é preciso como mínimo ter sete asistentes por grupo.