O Concello fai fincapé en cumprir as normas para frear a pandemia
Segundo o último informe da Consellería de Sanidade, o noso municipio rexistra 84 casos activos de coronavirus a día 11 de xaneiro.
As persoas contaxiadas que precisen axuda poden poñerse en contacto coa área de Servizos Sociais do Concello no teléfono 981 720 280, ou con Protección Civil de Malpica a través dos números 661 626 166 e 693 400 673.
Cumpramos todas medidas sanitarias para saír pronto desta pandemia.
Son iniciativa da Concellaría de Servizos Sociais e están dirixidos á terceira idade e ás personas con diversidade funcional
Dende o departamento de Servizos Sociais do Concello suspendemos ata novo aviso e debido á incidencia covid no municipio os talleres de manualidades para a terceira idade e persoas con diversidade funcional que desenvolvemos no Centro Cívico de Malpica e na Casa do Oleiro de Buño.
Cando a situación mellore, volveremos a retomar a actividade, pero debemos prever polo ben de tod@s.
Na xuntanza abordáronse temas de interese para o sector no municipio
O martes 4 de xaneiro, na Consellería de Pesca, reuníronse en representación da Xunta de Galicia a Conselleira de Pesca, Rosa Quintana; a Presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas Gil, e a Directora Xeral de Pesca, Mercedes Rodríguez. En representación da Confraría de Pescadores de Malpica, o Patrón Maior, Pedro Pérez Martelo, e o Secretario, Francisco Javier Varela Castro. En representación do Concello de Malpica, o Alcalde, Eduardo José Parga Veiga, e o Concelleiro de Mar, Alfredo Cañizo Garrido.
Na xuntanza, que durou boa parte da mañá, tratáronse varios temas de interese para o sector da pesca do noso concello.
Reparación da estrutura da ponte
A estrutura da ponte que da acceso á zona norte do porto estaba moi danada, polo tanto o paso de vehículos pesados estaba prohibido. As obras de reparación xa están na última fase, polo tanto, nun breve período de tempo xa poderán circular de novo os vehículos pesados sen perigo.
Medidas para garantir a seguridade na entrada da Dársena
A Presidenta de Portos de Galicia e a Conselleira de Pesca informan de que deben de continuar coas medicións un pouco máis de tempo. O inverno pasado e este non foron especialmente adversos, por iso necesitan un pouco máis de tempo.
Grúa de Barizo
Segundo informan Rosa Quintana e Susana Lenguas, mantiveron varias conversas co Club Náutico, nas cales, hai tres ou catro días lles solicitaron por escrito o permiso para a valoración e o arranxo da mesma.
Pesca deportiva
Os representantes do Concello e da Confraría solicitaron ás representantes da Xunta de Galicia que retomaran o tema de levantar a prohibición da pesca deportiva no porto, tan sequera na zona norte. A Presidenta e a Conselleira comprometéronse a volver a analizar o asunto e que volveriamos a falar proximamente.
Investimentos e reformas nas instalacións
O Patrón Maior tamén trasladou en aras de mellorar os servizos existentes para mariñeiros, redeiras e compradores, a necesidade de realizar melloras nas cubertas da nave de redes e na lonxa, ao estar moi deterioradas, así como instalar tomas de auga e puntos de luz para as embarcacións. A maiores, solicitouse unha nova sinalización para o tráfico pesado, considerando que isto repercutiría no benestar da Confraría e dos aparcamentos para o Concello en tempadas estivais.
O alcalde e o deputado de Patrimonio firmaron antes de rematar o 2021
O xoves 30 de decembro celebrouse na sala de documentación de plenos da Secretaría Xeral a sinatura da renovación do convenio de colaboración entre a Deputación da Coruña e o Concello de Malpica para a xestión integral do Ecomuseo Forno do Forte en Buño.
Asinaron o alcalde de Malpica, Eduardo Parga, e o deputado de Patrimonio, Xosé Luís Penas, ante o fedatario e secretario accidental, Miguel Iglesias.
Os interesados en renovar ou obter este documento poden anotarse xa no Concello
O equipo móbil do DNI visitará Malpica o 24 de febreiro. Será na casa consistorial, en horario de 9.00 a 12.00 horas. Os interesados en renovar ou obter este Documento Nacional de Identidade poden anotarse xa no Concello.
Hai cambios con respecto a outros anos debido ó covid
O mércores, 5 de xaneiro, a Concellaría de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes manterá as visitas previstas do Carteiro Real ás parroquias do Concello e das súas Maxestades de Oriente a Buño e Malpica.
En atención á actual situación da pandemia do covid-19, extremaranse as medidas de hixiene e de prevención de contaxios e tomaranse as seguintes pautas para tratar de minimizar as aglomeracións:
As visitas do Carteiro Real e as cabalgatas serán dinámicas sen realizar ningunha parada que poida favorecer as aglomeracións.
Por tanto, este ano suspenderase a tradicional recepción das súas Maxestades de Oriente ás/aos nenas/os en Buño (Teleclub) e Malpica (Fonte de Anselmo Villar).
Tamén se suspenderá o saúda das súas Maxestades de Oriente dende o balcón da Casa do Pescador.
Tamén queremos lembrar a todas/os asistentes a obrigatoriedade de usar máscaras no exterior, e recomendar:
Evitar as aglomeracións distribuíndose ao longo do percorrido das cabalgatas. O espectáculo será o mesmo en todos os puntos do percorrido.
Procurar manter as distancias de seguridade entre non convivintes.
Non retirar a máscara en ningún momento.
HORARIOS E PERCORRIDOS DAS VISITAS REAIS
11.00 horas, saída do Carteiro Real para recoller as cartas das/os nenas/os nas parroquias.
1º Carteiro Real
11.15 horas, Buño (saída da zona do vídeoclub e pequeno percorrido pola parroquia).
11.45 horas, Leiloio (saída da zona do Empalme e pequeno percorrido pola parroquia).
12.15 horas, Cambre (saída da zona do Centro Sociocultural e pequeno percorrido pola parroquia).
12.45 horas, Cerqueda (saída da zona de Aldeola, fronte á gasolineira, e pequeno percorrido pola parroquia).
2º Carteiro Real
11.15 horas, Vilanova (saída da zona do cruceiro da igrexa de Santiso e pequeno percorrido pola parroquia).
11.40 horas, Seaia (saída de fronte á Casa da Cultura de Seaia e pequeno percorrido pola parroquia).
12.10 horas, Barizo (saída de fronte ao Centro Sociocultural e pequeno percorrido pola parroquia).
12.40 horas, Mens (saída de fronte ao Centro Sociocultural e pequeno percorrido pola parroquia).
17.00 horas, saída, dende a Telleira, da cabalgata para Buño:
Percorrido:Telleira, Cantalarrana, Xaviña, Santa Catalina, O Empalme e saída para o Centro Cívico.
18.45 horas, saída dende o Centro Cívico, da cabalgata para a Vila de Malpica.
18.45 horas, actuación do pasarrúas do Folión do Zampón, entre a Casa do Pescador e o Cruceiro.
Percorrido:Centro Cívico, Rúa Ventorrillo, Avenida Emilio González López, Praza Anselmo Villar Amigo, baixada polo Pescador ao porto de Malpica, punta do gas, O Cruceiro, Rúa Eduardo Vila Fano, Praza Anselmo Villar Amigo e Casa do Concello (remate).
Estamos nos últimos días para participar na campaña “Un Nadal de premio no comercio de Malpica”, que chegará á súa fin este xoves, día 6 de xaneiro. Hai 27 negocios adheridos, nos cales por cada 20 euros de compra, os clientes poderán optar a un vale de 100 euros para gastar nos mesmos. Sortearanse cinco tarxetas en total.
Organiza a Concellaría de Promoción Económica, Emprego e Comercio e os establecementos que forman parte da iniciativa son os seguintes: Administración de Loterías Pedra D’ Ouro, Almacenes Armas, Alverixa, Asfeco Asesores, A Tenda de Vera, A Tenda de Carmen, Calzados LC, Elemoba, Estanco Vanessa Varela Morales, Estanco Visi, Farmacia Ana Fernández Viñas, Farmacia Atlántico, Floristería Lolita, Gemma Chouciño Estética, Joyería Pallas, Librería Casa Pardo, Librería Miguens, Lolas, Muxa, Peluquería Ana Ures, Peluquería Cristal, Peluquería Isabel, Peluquería Marta, Peluquería Spellos, Teresiña de Facal, Tien21 e Torrado Anido SL.
O Concello incide en respectar as medidassanitarias
Segundo informa a Consellería de Sanidade, o noso municipio rexistra 46 casos activos de covid-19 a día de hoxe, 4 de xaneiro. As persoas contaxiadas que precisen axuda poden poñerse en contacto coa área de Servizos Sociais no teléfono 981 720 280, ou con Protección Civil a través dos números 661 626 166 e 693 400 673. Contamos coa Concellaría de Sanidade.
A tarde deste sábado 24 de decembro estivo moi animada no centro da vila
Fantástica tarde a que vivimos este sábado de Nadal en Malpica coa primeira Foliada de Cantos de Nadal, na que participaron as tres asociacións culturais da localidade e moita máis xente que se uniu logo. Organizou a Concellaría de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes, en colaboración coas entidades ACD Carcaxía, AC Raigañas e AC Malante.
Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario - Ocultar detalles
• Social media Facebook, Twitter e outras Redes Sociais precisan utilizar cookies para recoñecerte.
• Analytics Os datos recollidos polas cookies de Google Analytics son anónimos e só se usan para valorar a experiencia do usuario no nosa web.
• Anuncios Este sitio pode albergar publicidade propia, de afiliados, ou de redes publicitarias.
• Cookies propias Este sitio utiliza cookies propias para facilitar o acceso e mellorar a navegación e experiencia ao usuario Aviso Legal ACEPTOLeer más