Consulta, aquí, como serán as cabalgatas e recepcións reais este 5 de xaneiro en Malpica
Hai cambios con respecto a outros anos debido ó covid

O mércores, 5 de xaneiro, a Concellaría de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes manterá as visitas previstas do Carteiro Real ás parroquias do Concello e das súas Maxestades de Oriente a Buño e Malpica.
En atención á actual situación da pandemia do covid-19, extremaranse as medidas de hixiene e de prevención de contaxios e tomaranse as seguintes pautas para tratar de minimizar as aglomeracións:
- As visitas do Carteiro Real e as cabalgatas serán dinámicas sen realizar ningunha parada que poida favorecer as aglomeracións.
- Por tanto, este ano suspenderase a tradicional recepción das súas Maxestades de Oriente ás/aos nenas/os en Buño (Teleclub) e Malpica (Fonte de Anselmo Villar).
- Tamén se suspenderá o saúda das súas Maxestades de Oriente dende o balcón da Casa do Pescador.
Tamén queremos lembrar a todas/os asistentes a obrigatoriedade de usar máscaras no exterior, e recomendar:
- Evitar as aglomeracións distribuíndose ao longo do percorrido das cabalgatas. O espectáculo será o mesmo en todos os puntos do percorrido.
- Procurar manter as distancias de seguridade entre non convivintes.
- Non retirar a máscara en ningún momento.
HORARIOS E PERCORRIDOS DAS VISITAS REAIS
11.00 horas, saída do Carteiro Real para recoller as cartas das/os nenas/os nas parroquias.
1º Carteiro Real
11.15 horas, Buño (saída da zona do vídeoclub e pequeno percorrido pola parroquia).
11.45 horas, Leiloio (saída da zona do Empalme e pequeno percorrido pola parroquia).
12.15 horas, Cambre (saída da zona do Centro Sociocultural e pequeno percorrido pola parroquia).
12.45 horas, Cerqueda (saída da zona de Aldeola, fronte á gasolineira, e pequeno percorrido pola parroquia).
2º Carteiro Real
11.15 horas, Vilanova (saída da zona do cruceiro da igrexa de Santiso e pequeno percorrido pola parroquia).
11.40 horas, Seaia (saída de fronte á Casa da Cultura de Seaia e pequeno percorrido pola parroquia).
12.10 horas, Barizo (saída de fronte ao Centro Sociocultural e pequeno percorrido pola parroquia).
12.40 horas, Mens (saída de fronte ao Centro Sociocultural e pequeno percorrido pola parroquia).
17.00 horas, saída, dende a Telleira, da cabalgata para Buño:
Percorrido: Telleira, Cantalarrana, Xaviña, Santa Catalina, O Empalme e saída para o Centro Cívico.
18.45 horas, saída dende o Centro Cívico, da cabalgata para a Vila de Malpica.
18.45 horas, actuación do pasarrúas do Folión do Zampón, entre a Casa do Pescador e o Cruceiro.
Percorrido: Centro Cívico, Rúa Ventorrillo, Avenida Emilio González López, Praza Anselmo Villar Amigo, baixada polo Pescador ao porto de Malpica, punta do gas, O Cruceiro, Rúa Eduardo Vila Fano, Praza Anselmo Villar Amigo e Casa do Concello (remate).