Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Domingo 19°
16°
Luns 18°
15°
Martes 19°
15°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. Uncategorized

Uncategorized

27Nov 2022

«Feminíssimas», a comedia feminista que arrasou en Malpica

O público gozou coa representación das actrices: Stephy Llaryora, Noelia Blanco e Esther F. Carrodeguas que interpretaron 3 maneiras ben distintas de entender o “feminismo”

O auditorio do Centro Cívico de Malpica acolleu a última hora da tarde de onte, sábado 26 de novembro, a representación “Feminissimas”, de STE Xeito Producións XVIII, unha comedia feminista interpretada por Stephy Llaryora, Noelia Blanco e Esther F. Carrodeguas que expuxeron tres maneiras de entender o feminismo .

O vindeiro venres, 2 de decembro,  (Centro Cívico, 20.30 horas) será a quenda doutra cita coa comedia dramática na que a compañía Rebordelos nos representará a obra “Amantis”. Colabora nesta iniciativa a Deputación da Coruña e a concellería de Cultura do Concello de Malpica.  

9Nov 2022

Un vertido no río obriga a bailerar e a limpar os depósitos de Pedra Queimada e as Papeiras

O auga municipal non se recomenda para consumo humano ata que se saiban os resultados das análises nas vindeiras 24 horas.

Varios veciños alertaron de malos cheiros no abastecemento da auga municipal, esta mañá, ao Concello de Malpica, polo que desde o consistorio tomáronse as medidas para comprobar a que era debido.

O concello xunto cos traballadores municipais e coa empresa xestora da agua municipal procedeuse a revisar os sistemas tanto os depósitos como a captación da auga detectando que o mal cheiro estaba nos depósitos de Pedra Queimada e das Papeiras, polo que os técnicos chegaron á conclusión de que debeu ser unha vertedura no río.

O alcalde de Malpica, Eduardo Parga, procedeu a avisar a Augas de Galicia, a chamar ao 112 e a realizar a pertinente denuncia ao Seprona que xa está a realizar as investigacións pertinentes par determinar a orixe da vertedura. O depósito de Pedra Queimada vaise baleirar para proceder a súa limpeza esta tarde e mañá pola mañá será a quenda do depósito das Papeiras. O auga municipal non se recomenda para consumo humano ata que se saiban os resultados das análises nestas 24 horas.

5Out 2022

O Concello de Malpica visibiliza nunha exposición o traballo das mulleres na pesca

A mostra inaugúrase mañá e poderase visitar ata o 20 de outubro

A exposición “As mulleres na pesca: traballo invisible pero esencial” poderase visitar no Centro Cívico Cultural de Malpica a partir de mañá. Trátase dunha mostra impulsada pola Xunta de Galicia e a Asociación Nacional de Mulleres da Pesca (ANMUPESCA) dentro do marco do ano Xacobeo 21-22. Un dos obxectivos desta iniciativa é darlle visibilidade ás mulleres que traballan no mar e amosar o importante papel que desempeñan neste mundo no que ás veces parece que non existen.
A inauguración da exposición terá lugar mañá ás 19:30h no Centro Cívico Cultural de Malpica e estará aberta ao público ata o vindeiro 20 de outubro.

5Out 2022

O V Torneo Concello Malpica e IV Memorial Ángel Rubio repartirá 800 euros en premios

O prazo para inscribirse nesta competición de xadrez permanecerá aberto ata o venres.

Os amantes do xadrez teñen unha cita en Malpica o próximo sábado 8 de outubro. O Pavillón Municipal da vila acollerá ás 16.00h o V Torneo Concello Malpica (IV Memorial Ángel rubio) organizado polo Club Xadrez Arteixo en colaboración coa Deputación da Coruña, a Olería de Buño e Frutas Fondo S.L.

O Concello de Malpica patrocina este evento deportivo que será válido para o IV Circuíto Intercomarcal de xadrez rápido Deputación da Coruña e tamén para o ELO FIDE de xadrez rápido.

Segundo o número de xogadores que participen haberá entre 7 e 8 rondas de 10 minutos cada unha e un incremento de 3” por cada xogada. En total repartiranse uns 800€ en premios. Poden obter máis información sobre as bases do torneo na web pokeryajedrez.com.

Aquelas persoas interesadas poden inscribirse chamando ao 617 23 43 93 ou enviando un correo electrónico a pokeryajedrez@gmail.com. O prazo para solicitar praza remata o venres 7 de outubro.

17Set 2022

O Concello de Malpica saca a licitación o contrato para suministrar o Centro de Día de mobiliaario

O contrato terá un valor de 30.220,56€

O Concello de Malpica vai equipar o Centro de Día cunha sala de curas, unha sala de rehabilitación, unha sala polivalente, unha recepción, despachos, comedor e outros mobles.
Para iso, sacou a licitación un contrato para o suministro de mobiliario e equipamento por un valor de 30.220,56€ (IVE incluído). O prazo de entrega será de dous meses a partir do día da firma do contrato.

13Set 2022

Malpica de Bergantiños e Malpica de Tajo consolidan a súa irmandade

O Concello de Malpica viaxou con algúns veciños do pobo ata o municipio toledano de Malpica de Tajo para afianzar os lazos que os unen. Despois de moitos intentos e atrasos motivados por diferentes cuestións, entre elas, a pandemia, levouse a cabo un feito polo que o tenente alcalde, Alfredo Cañizo, leva loitando desde hai anos.Arredor de 2.000 persoas asistiron onte a un acto moi importante no que o alcalde de Malpica de Bergantiños, Eduardo Parga, e o alcalde de Malpica de Tajo, Santiago Huertas, asinaron unha carta na que se comprometeron a favorecer a creación de lazos de amizade entre os dous pobos, a dialogar e intercambiar experiencias, a promover o intercambio entre veciños para desenvolver o sentimento de fraternidade e a promover os valores universais que constitúen a liberdade, a democracia, a igualdade e o Estado de dereito.Eduardo Parga explicaba con ledicia que estaba “cheo de orgullo de ter a oportunidade de coñecer Malpica de Tajo, un pobo ao que xa sentimos como Irmán”, e aseguraba, “os mais de 700 km que separan ambos concellos non son nada comparado con todo aquilo que nos une, o sentimento de pertenza á nosa cultura, terra e forma de ver a vida”. Parga agradeceu a asistencia a todos os que estiveron presentes “nun día histórico”.O alcalde de Malpica de Tajo, Santiago Huertas, iniciaba feliz o seu discurso falando das “dúas Malpicas máis importantes de España”, que onte, 3 de setembro, “afianzaban a súa irmandande para coñecerse e confraternizar”. Huertas agarda que coa sinatura da carta, “se favoreza á creación de lazos de amizade e que os pobos se acheguen máis para crear proxectos de acción e progreso”.O tenente alcalde de Malpica, Alfredo Cañizo, é realmente o que leva moito tempo loitando para que se asinase a irmandade de maneira oficial. O tenente alcalde pronunciou un discurso moi emocionado no que recordou a Jesús Cedena, ex alcalde de Malpica de Tajo, que faleceu recentemente e que segundo conta Cañizo, “foi o primeiro contacto con este pobo”. Cañizo está moi agradecido a un pobo “bonito, acolledor e que ten artesanía de Buño por todas partes porque sempre lle traio algún recordo”.No acto estiveron presentes tamén o alcalde de Bernuy, Rafael Machín, o alcalde de San Martín, o ex alcalde de Malpica de Tajo, Mario Cruz, o tenente alcalde, Alfredo Cañizo, a concelleira de Promoción Económica, Pilar Doldán, o concelleiro de obras, Miguel Fernández, o delegado da Xunta e a vicepresidenta da Deputación de Toledo e outras personalidades.Tralos discursos, houbo un intercambio de bastóns e de bandeiras e asinouse a irmandade. Tamén houbo unha degustación de comida tradicional e unha demostración de baile: por unha banda, o folclore da zona de Toledo, da man de Aires de Ronda, e, por outra banda, amenizaron a xornada os gaiteiros coruñeses da Asociación Donaire.

18Ago 2022

A música galega volverá a ser a protagonista en Malpica coa nova edición da “Festa Galega”.

Malpica será o epicentro da música galega durante o venres 18 e o sábado 19 de agosto cun cartel de luxo. Ademais tamén durante os día 18, 19 20 e 21 celebraremos o Mercado Medieval Mariñeiro con múltiples actividades coma soprado de vidro, barca pirata, noria medieval, paseos en tren, xogos tradicionais, pasarrúas musical, piratas e brasas voadoras.
A Festa Galega comezará o venres día 19 e contaremos coa actuación de Camaño e Ameixeiras ás 22.15 horas, Ses ás 23.45 horas, Ialma á 01.15 horas e xa para rematar a noite ás 02.30 horas teremos a The Cerne Revival Band.
O Domingo 20, ás 12.00 horas, levarase a cabo o desfile de bandas organizada pola asociación A.C. Malante. Pola noite ás 22.30 horas a festa comezará coa Charanga ACDC, A Mellor da Costa da Morte, e xa para rematar ás 23.30 horas Arredores deleitaranos coa súa fermosa
música.

18Ago 2022

O Concello de Malpica comezará coas melloras dos viales da estrada Campelo a Barizo, o Camiño de Cambre á Pedrosa e o Camiño en a Rexeira.


A inversión total será de 109.419,9, financiados pola Deputación da Coruña.

As actuacións incluídas no Plan de Obras e Servizos (Pos) xa están en marcha. O alcalde de Malpica, Eduardo Parga Veiga, e o concelleiro, Miguel Fernández Mirás, desplazaronse para facer o seguimento das obras que van a comezar. Trátase da mellora da estrada Campelo-Barizo. Unha obra incluída na 1º fase do post adicional 2/2021 e adxudicada á empresa López
Cao por un importe total de 36.469.40€. Tamén visitaron o lugar onde se mellorará a capa de rodadura do Camiño de Cambre á Pedrosa e o Camiño en a Raxeira. Obras incluídas na 1º fase do pos adicional 2/2021 adxudicada a López Cao por un importe total de 72.950,90.

15Ago 2022

A Travesía Sisargas volveu a ser un éxito.

A XII Travesía Sisargas de #Malpica encheu Malpica de deporte e diversión nunha xornada que xa se converte en tradición anual.Múltiples persoas achegáronse á Praia Area Maior de Malpica para animar aos deportistas.Os premios foron entregados por Eduardo Parga, alcalde de Malpica, Miguel Ángel Fernández, concelleiro, Noelia Freijerio, concelleira de Deportes, Pedro Pérez, patrón maior da Confraría de Malpica e Carlos Touriño, presidente da Federación Galega de Natación e Andrés Carrera, vocal da Federación Galega de Natación.

Clasificacións:

Travesía 1000 metros

Feminino Irea Alén, Sara Fernández, María González

Masculino: Manuel Souto, Aritz González, Pablo Gómez

Travesía 2.500 metros

Feminino: Lucía Villarnovo, Alba Gómez, Inés Borge.

Masculino: Mateo García, Marcos Martínez, Darío Pérez

Travesía 4.200 metros

Feminino: Nerea Alvite, Alicia Gómez, Julia Chamosa

Masculino: Mario Méndez, Puga Lucas, Costa Marcos del Río

No acto tamén houbo un aplauso en lembranza das perosas que xa non están connosco: Pedro Gambón, organizador da 1ª Travesía Illas Sisargas, Genaro Amigo, patrón maior e dos deportistas Antonio Gómez Reino, Pedro Manuel Alonso, e Roberto García Pazos. O Concello de Malpica colabora na organización da Travesía, na que tamén estiveron implicadas a Confraría de Pescadores de Malpica, a Deputación da Coruña, , protección civil de Malpica, a Cruz Vermella e a Agrupación Provincial de Protección Civil.Un evento patrocinado por Desarrolla, Duacode, Saunier Duval, Galicia Calidade, Cabreiroá, e no que colaboraron Buceo Malpica, Restaurante Material, Area Chill Out, e os barcos Adrina, Castelao e Pasa Aquí.Moitas grazas a todos os participantes e parabéns ós gañadores.

Página 8 de 17« Primera...678910...Última »