20Mai 2024
Malpica acollerá o vindeiro venres unha nova edición do Día do Ritmo
O evento reuinirá máis de 200 deportistas de diferentes localidades
O Día do Ritmo de Malpica segue consolidándose como unha cita de éxito na nosa localidade. Máis de 240 deportistas de Malpica, Ponteceso, Cabana e Laxe amosarán sobre a pista os coñecementos deportivos adquiridos nos últimos anos. Os deportistas comezarán as súas exhibicións de patinaxe e de ximnasia rítmica ás 18.00 horas no pavillón Municipal de Malpica. A entrada é libre.
Dende o Concello de Malpica seguimos apostando durante todo o ano por fomentar as actividades deportivas e a Concellería de Deportes xa está a preparar a programación do verán.