Malpica de Bergantiños celebra a Festa Galega do 15 ao 17 de agosto
Malpica de Bergantiños ven de presentar a programación da Festa Galega, que terá lugar do 15 ao 17 de agosto de 2024.
O xoves 15, a festa comezará cun pasarrúas da man dos gaiteiros de Falso Escuadro, enchendo de sons tradicionais as rúas de Malpica.
O venres 16, a Atlantic Big Band tomará as rúas cun novo pasarrúas, antes de que Mediarea, Budiño, Pablo Balseiro e a Bervenian Orquestra suban ao escenario a partir das 22:15 para ofrecer unha noite de concertos.
O sábado 17, a festa continuará cunha nova sesión da Atlantic Big Band, seguida das actuacións de Carcaxía, Do Rivés, Sheila-Patricia e Os Carunchos, que pecharán a celebración.
Esta cita está organizada pola concellería de Turismo do Concello de Malpica en colaboración coa Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia.
Xoves 15 de agosto:
- Pasarrúas con gaiteiros de Falso Escuadro.
Venres 16 de agosto:
- Pasarrúas con Atlantic Big Band.
- 22:15 – Mediarea.
- 23:30 – Budiño.
- 01:15 – Pablo Balseiro e Bervenian Orquestra.
Sábado 17 de agosto:
- Pasarrúas con Atlantic Big Band.
- 22:00 – Carcaxía.
- 22:45 – Do Rivés.
- 23:30 – Sheila – Patricia.
- 01:00 – Os Carunchos.