Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Venres 13°
11°
Sábado 12°
Domingo 12°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas

Novas

15Ago 2022

Bando municipal

 Os problemas da seca chegaron ao Concello de Malpica. A falta de auga do río está provocando que os restos do fondo cheguen ata os nosos fogares.
 Deste xeito, as últimas analíticas conclúen que a auga da rede municipal NON É APTA PARA O CONSUMO porque incumpre os parámetros THM, pero Sí pode usarse para HIXIENE PERSOAL E OUTROS USOS.
 Desde o Concello estamos traballando para solucionar este grave problema que nos afecta a todos

8Ago 2022

O concello de Malpica organiza a I Andaina das Estrelas

A concellería de Turismo do Concello de Malpica organiza para o vindeiro 12 de agosto a I Andaina Das Estrelas de Malpica para gozar da posta de sol, ver a superlúa de Esturión e a choiva de estrelas Perseidas. Sairase ás 20.15 horas dende a Praza Anselmo Villar Amigo ata San Hadrián.

As inscricións (son de balde) e haberá unhas huchas no Concello de Malpica e no Jofra para recadar fondos contra o cancro. As persoas interesadas pódense anotar no Concello de Malpica de 09.00 á 14.00 horas e polas tardes de 15.00 á 22.00 horas no Jofra. Todas as persoas que participen no evento deberán levar chaleco e lanterna.

Descarga o formulario de inscrición.

4Ago 2022

Inaugurada a XXXVIII Mostra de Olería de Buño, una galería de artesanía viva.

A cita máis importante de artesanía da Costa da Morte inclúe actividades para todos os públicos

O acto celebrouse nunha carpa ao lado dunha exposición cos deseños de todos os oleiros e oleiras de Buño. O tenente de alcalde e concelleiro de Turismo e de Olería, Alfredo Cañizo, arrincou o evento cun discurso no que indicou que “a Mostra está feita con todo o cariño do mundo por parte de todos”.
O presidente dos oleiros, Fran Gorín, moi emocionado, deu as grazas por facer desta festa unha tradición que xa vai pola 38ª Edición e apuntou que oxalá dure 38 anos máis. Tamén deu as grazas a todos os oleiros que “estiveron traballando cóbado con cóbado e iso para min é moi gratificante”.
A isto tamén se referiu, Xosé Blas García Piñeiro, presidente de Promoción Económica da Deputación da Coruña. ”A Mostra xa é un clásico das cousas que levamos na promoción económica. Aínda que nos anos de pandemia a axuda non foi tanta estivemos sempre aí. Sempre o facemos polo ben dos profesionais que se dedican a olería e sobre todo das veciñas e dos veciños e apoiar tamén o concello e o pobo”. García engadiu que “o protagonismo é de todos os profesionais que se dedican a diario a crear pezas fermosas sendo un traballo que teñen que seguir mantendo. “O fundamental é que a Deputación da Coruña, o Concello de Malpica, a Xunta de Galicia e os oleiros temos que traballar conxuntamente para que a Mostra teña futuro”. Alfredo Cañizo agradeceu públicamente todo o apoio e o traballo de Isabel Fernández Deus, administrativa no Concello de Malpica.
Ó evento tamén asistiu o director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, que quedou sorprendido pola capacidade de innovación, transformación e sobre todo por todo o apio e respaldo por parte das administracións e dos consumidores. “É un sector do comercio moi importante de artesanía que a día de hoxe cada vez se pon máis en valor. Creo que todos aprendemos ao longo do ano 2020 que temos que protexer o noso”.
Nava Castro, directora de Turismo de Galicia, resaltou que “estes días, Buño vai ser o epicentro da Olería de Galicia e sobre todo aquí na Costa da Morte que tedes uns paraxes impresionantes, que non deixan indiferente a ninguén e que nos axuda tamén a posicionar a Galicia como destino turístico”.
O alcalde de Malpica, Eduardo Parga, pechou as intervencións destacando que “manter con vida o legado é o mellor agasallo que podemos facerlle a tantas e tantas xeracións que coas súas mans moldearon dun xeito de ser e de afrontar a vida. Un xeito definido pola súa solidariedade e o seu afán por ser fortes dende un colectivo. Seguramente moitos de aquí saben que cando unha peza tras unha cocedura non saía ben o seu entorno non tiña máis remedio que aguantarse, mais nunca faltaba outro artesán ó seu carón que lle dicía que aí estaba para todo o que necesitase ese é o colectivo oleiro”.
Ao evento tamén asistiu a alcaldesa de Camariñas, Sandra Ínsua, a concelleira da Mostra do Encaixe de Camariñas, Encarna Liñeiro, o alcalde de Ponteceso, Xosé Lois García Carballido, o alcalde de A Laracha, José Manuel López Varela, a concelleira de Vimianzo, María José Pose, o Presidente de Afaber, Suso Villar, o Presidente de los Ourives de Compostela, Arturo Ouro Hortas, Lisardo Nuñez Pardo, abogado, o deputado Rubén Lorenzo e o párroco de Buño, Don Manuel.

A Mostra poderase visitar ata o domingo 7.

2Ago 2022

O Concello de Malpica e a Deputación asinan un convenio para apoiar a XXXVIII Mostra de Olería de Buño

A Mostra recibirá unha achaga de 80.000€

Eduardo Parga, alcalde de Malpica, asinou hoxe na sede da Diputación da Coruña xunto co vicepresidente, Xosé Regueira e o deputado de Promoción económica, Blas García, un convenio para a promoción da Mostra de Olería de Buño. A Mostra de Malpica recibirá una achega de 80.000€. Parga agredeciu á Diputación que siga apostando pola promoción económica da Mostra de Olería de Buño.

2Ago 2022

O Torneo de Fútbol da Mostra de Olería disputarase o vindeiro domingo.

Dende a Concellería de Turismo e Festexos e coa colaboración da Concellería de Deportes do Concello de Malpica seguimos a apostar por fomentar o deporte. Nesta liña e dentro da programación da Mostra da Olería de Buño animamos a todos os amantes deste deporte a que veñan o domino 7 de agosto ó Campo de Fútbol de Xaviña a gozar do Torneo de Fútbol da Mostra de Olería.
O evento comezará ás 11.00 horas co encontro entre o UD Cerqueda- UD Xuvenil de Almeiras e pola tarde a partir das 16.30 hora disputaranse tres partidos entre equipos locais. Ás 16.30 comezarán os encontros Buño SCD-Sporting Seaia CF, Buño SCD-UD Cerqueda e UD Cerqueda-Sporting Seaia CF.
Ó finalizar o evento entregaranse os trofeos elaborados polo oleiro Antonio Pereira, O Rulo.

29Xul 2022

A tradicional regata XLIX Regata Rías Altas chegou ó porto de Malpica encabezada polo Mirfak

O “Mirfak”, o 40 piés da Comisión Naval de Regatas de Ferrol, patroneado por Diego López, entrou no porto de Malpica de Bergantiños ás 18.56 horas da tarde. Era o primeiro barco que o facía en tempo real na primeira etapa da 49 Regata “Rías Altas”, que tivo a saída pasadas as dúas da tarde desde A Coruña.O barco da Armada encabeza tamén a clasificación provisional en ORC 1, seguido do “Urbapaz”, de Fran Edreira (Náutico de Cabanas) e do “Eleko Mambo”, do mesmo Club e patroneado por Carlos Sampedro.En ORC 2 o “Golfiño” de Jose Naya (Náutico Ría de Ares, encabeza a lista do día, mentres que en ORC 2 Víctor Carrión co “Bon 3” (Punta Lagoa) é o primeiro. “A María”, de Carolina Martínez, ocupa a segunda praza; terceiro é o “RaygrasIII”, de Ton Núñez (Carrumeiro) e cuarto, “Sadamar-Alma do Mar”, de Nito Enríquez, do Náutico de Cabanas. Os participantes da XLIX Regata Rías Altas foron recibidos pola concelleira de Promoción Económica Pilar Doldán e pola concelleira de Deportes Noelia Freijeiro. Despois da recepción as concelleiras entregaron os respectivos premios ós deportistas das tres categorías. A segunda etapa Malpica de Bergantiños-Ferrol, con 23 millas de percorrido, sairá mañá ás 12.00 horas do porto de Malpica.

Consulta aquí a clasificación:https://www.rfgvela.es/escora/regatta/rias-altas-2022

27Xul 2022

A 2º edición do evento “Un mercado en cada porto. Mulleres artesás de Galicia” estará o 31 de xullo no Paseo Marítimo de Malpica

O evento trátase dun mercado itinerante, liderado por mulleres creativas, que leva vinculada unha mostra fotográfica de retratos de redeiras, colareiras, palilleiras, cesteiras, oleiras e outros colectivos, mulleres que tomaron o relevo das súas avoas para seguir dándolle vida aos traballos máis ancestrais da cultura galega.

O mercado poderase visitar en horario de 11.00 á 20.00.

Unha actividade itinerante, organizada por ONYVA!, na que colabora a concellería de Cultura e Deportes do Concello de Malpica, Artesanía de Galicia e a Xunta.

21Xul 2022

O porto de Malpica retoma desde hoxe a pesca deportiva

O alcalde, Eduardo Parga, asinou un convenio con Susana Lenguas, presidenta de Portos de Galicia, para posibilitar a reanudación desta actividade.

O Concello de Malpica anuncia que desde hoxe, xoves 21 de xullo será posible volver practicar a pesca deportiva en diversos puntos habilitados para este fin no porto de Malpica.
O alcalde, Eduardo Parga, ratificou o regreso desta actividade a través da sinatura dun convenio coa presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas.
Dito acordo implica que o Concello de Malpica asumirá as tarefas de control no tramo horario desde as 21.00 ata as 06.00 horas durante todos os días da semana.
Ademais, as persoas que desexen practicar esta actividade no porto deberán estar en posesión dun seguro de responsabilidade civil así como a pertinente licencia de pesca.
Para garantir o cumprimento destas medidas, infórmase que tanto o Concello de Malpica como Portos de Galicia efectuarán controis periódicos para garantir que todas as persoas que practiquen a pesca deportiva estean en posesión destes documentos.
O rexedor, Eduardo Parga, sinala a súa satisfacción por un acordo ‘que permitirá que a nosa veciñanza poida exercer esta actividade’ e agarda ‘que se cumpran todas as medidas para evitar tomar decisións drásticas’.

15Xul 2022

A XXXVIII Edición da Mostra de Olería de Buño celebrarse do 4 ó 7 de agosto

O Concello de Malpica xunto cos oleiros de Buño presentaron o cartel da XXXVIII Edición da Mostra de Olaría de Buño, no Parque Luciano García Alén.

Ao acto que comezou ás 13.00h asistiu o alcalde, Eduardo Parga, o tenente alcalde e concelleiro de Turismo Alfredo Cañizo, o concelleiro Miguel Ángel Fernández, Francisco Xosé Gorín, presidente dos oleiros, Jessica Mariño creadora do cartel e olerios de Buño. 

Francisco Gorín agradeceu o apoio recibido por parte do Concello de Malpica e das demais administracións á Mostra de Olería. Tamén felicitou á autora do cartel, Jessica Mariño, polo fermoso deseño. 

“Este ano coma novidades, aínda que o actor principal é a olería de Buño, o sábado seis vai ser un día bastante forte porque imos tentar que o horario comercial sexa durante todo o día ata ás 22.00h. Ademais ese día queremos rematar cunha festa tradicional galega contando con tres grupos do concello de Malpica e dous invitados. Outra novidade é que este ano faremos unha exposición cos carteis de todas as Edicións da Mostra” explicou Gorín. 

O alcalde, Eduardo Parga, felicitou a autora do cartel e agradeceu ós oleiros que organizasen o evento xunto co Concello de Malpica e sinalou a importancia do apio inestimable da Deputación da Coruña para poder promocionar un ano máis a Mostra que é un emblema moi importante da vila. 

“Esperamos que este ano sexa de moita afluencia de xente e convidamos a todo o mundo a que veña a participar durante catro días da XXXVIII Edición da Mostra de Olaría”  

14Xul 2022

O Concello de Malpica segue a fomentar a recollida de residuos especiais durante a vindeira semana

O concello de Malpica segue  volcado promovendo e poteciando a necesidade de reciclar, por iso durante a vindeira semana, a empresa Collecting Oil seguirá a percorrer as parroquias recolledo os residuos. As persoas interesadas en participar na inciativa deben deixar os residuos nun lugar accesible antes das 9.00h.

Os refugallos especiais son os seguintes:

  • Aceite de cociña usado: de fritura, de conservas…
  • Graxas e manteigas: animal, de roxóns…
  • Pilas e baterías: de botón, AAA, alcalinas, electrónicas e de vehículos a motor…
  • Lámpadas: de baixo consumo, LED e fluorescentes…
  • Electrodomésticos e electrónicos pequenos do fogar: microondas, torradora, secadores, radios, teléfonos, ordenadores, ferramentas eléctricas…
  • Consumibles de impresoras: tóner, cartuchos e tambores…
  • Residuos téxtiles e roupa: non importa o seu estado (roto, destinguido…), só se solicita que estea limpo.
  • Restos metálicos pequenos do fogar: tixolas, moldes, potas, enxoval do fogar, bandexas…

Percorridos

A continuación, relátanse as rutas da vindeira semana:

LUNS 18 DE XULLO: R/ Guardia Pardines, R/Areal, R/Doctor Fleming, Canido, R/A Camuza C, Estrada DP4307 dende Malpica ata o desvío hacia Santiso, Travesia 2 A Camuza, Travesia 3 A

Camuza, A Camuza C, Cancela de Areas, Vista, Pedrediña, Camiño da Vist, R/ Agra de Lucas, R/ Arnado.

MARTES 19 DE XULLO: Estrada DP 4307 dende o desvío hacia Santiso ata Beo, Estrada DP4305 hacia Santiso, Santiso, Pontella, Cova, Castiñeiro, Sorrio, A Fonte Dorta, O Petón, R/ A Horta Nova, 0 Seixo, A Orxeira, Estrada Santo Hadrian.

MÉRCORES 20 DE XULLO: Beo, Vigo, Estrada DP4307 dende Beo ata Seiruga, Seiruga.

XOVES 21 DE XULLO : Campelo, Barizo, Porto de Barizo, Avd. Agra de Lamas, Porto do Fondo, As Casas Novas, Mens.

VENRES 22 DE XULLO: Mens, O Miñon, Asalo, Bocelo, Badarra.

Podes contactar coa empresa a través do teléfono 639 920 936 (tanto por chamada como mediante WhatsApp) ou no correo electrónico info@collectingoil.com.

Página 7 de 136« Primera...56789...203040...Última »