Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Mércores 21°
16°
Xoves 21°
17°
Venres 21°
16°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. Malpica presenta a VIII Carreira Pedestre, que se celebrará o 27 de setembro

10Xuñ 2025

Malpica presenta a VIII Carreira Pedestre, que se celebrará o 27 de setembro

O salón de actos do Concello de Malpica acolleu esta mañá a presentación da VIII Carreira Pedestre do Concello de Malpica, un evento deportivo consolidado que se celebrará o vindeiro 27 de setembro. No acto participaron o alcalde, Eduardo Parga Veiga, e a concelleira de Deportes, Noelia Freijeiro Novo, quen foi a encargada de conducir o evento.
A proba, incluída no calendario oficial da Federación Galega de Atletismo, nace co obxectivo de fomentar a actividade física e deportiva como vía para acadar unha vida máis saudable e segura. A saída terá lugar na praza de Villar Amigo e a meta estará situada no paseo da Praia, logo de percorrer un total de 10 quilómetros nas categorías de adultos. Tamén se organizarán carreiras adaptadas ás categorías base, ademais dunha carreira de 2 quilómetros que discorrerá polo Porto de Malpica.
A inscrición, que será única por participante, poderá realizarse desde hoxe mesmo ata o martes 23 de setembro a través da páxina web www.championchipnorte.com.

Cada persoa anotada será agasallada cunha camiseta conmemorativa da proba.


A carreira terá tamén unha dimensión solidaria: por cada inscrición, a organización doará 1 euro á Asociación Española Contra o Cancro.
Durante a presentación, destacouse tamén o importante papel dos voluntarios, que actuarán como motivadores e protectores dos participantes. A súa función irá máis aló da subministración de auga, xa que serán os primeiros en asistir aos corredores no caso de que se produza algún contratempo ao longo do percorrido, antes de que interveñan os
servizos de emerxencia.
Un dos aspectos máis singulares da proba será a entrega de trofeos elaborados artesanalmente en barro, cunha imaxe en 3D representativa da carreira, unha iniciativa coa que se pretende promover a alfarería tradicional de Buño. Ademais, como novidade
nesta edición, as medallas das carreiras 2K entregaranse ao remate das mesmas, e o cartel incluirá un código QR que redirixe directamente á web de inscrición.
O acto pechouse coa intervención do alcalde Eduardo Parga, quen animou á cidadanía a participar activamente nesta festa do deporte e da solidariedade.