O Concello de Malpica incorpora un novo camión e un tractor para reforzar os servizos municipais

O Concello de Malpica conta xa con dúas novas maquinarias ao servizo da veciñanza: un camión, adquirido por 70.785 euros, e un tractor, cun investimento de 148.588 euros. Estes vehículos están destinados a mellorar os labores de mantemento e limpeza no municipio.
A compra foi posible grazas ao convenio asinado coa Deputación da Coruña o pasado 3 de maio de 2024, a través do cal o ente provincial concedeu unha subvención nominativa de 171.659,49 euros. Esta axuda foi complementada cunha achega municipal de 45.714,05 euros, co obxectivo de completar o financiamento necesario para a adquisición dos dous vehículos.
Desde o Concello destacan que esta actuación forma parte da estratexia de renovación e mellora dos medios materiais destinados aos servizos públicos, co fin de ofrecer unha atención máis eficiente á cidadanía.
