Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Mércores 21°
16°
Xoves 21°
17°
Venres 21°
16°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. Malpica sorteou os premios da campaña “Merca Primavera” nun acto en directo no Salón de Plenos

6Xuñ 2025

Malpica sorteou os premios da campaña “Merca Primavera” nun acto en directo no Salón de Plenos

Este venres celebrouse no Salón de Plenos do Concello de Malpica o sorteo da campaña de dinamización comercial “Merca Primavera”, promovida pola Concellaría de Promoción Económica co obxectivo de apoiar o comercio local e incentivar as compras nos establecementos do municipio.

O sorteo, que foi retransmitido en directo a través das redes sociais do Concello, repartiu cinco tarxetas regalo de 200 euros entre as persoas participantes que realizaron compras entre o 15 e o 31 de maio nos negocios adheridos á campaña.

Estes foron os números premiados e os establecementos nos que foron emitidos:

  1. 71026 – Lotería Pedra de Ouro
  2. 43046 – Lotería Pedra de Ouro
  3. 25492 – Farmacia Atlántico
  4. 60958 – Peluquería Marta
  5. 26592 – Farmacia Buso

No caso de que algún dos premios non sexa reclamado dentro do prazo establecido, activaranse os seguintes números de reserva:

  1. 0139 – A Tenda de Vitora
  2. 11701 – Carnicería Lola
  3. 43200 – Lotería Pedra de Ouro
  4. 6438 – Aliverixa
  5. 73909 – Gasolineira Cerqueda
  6. 45695 – Peluquería Ana Ures
  7. 11220 – Carnicería Lola
  8. 43570 – Lotería Pedra de Ouro
  9. 38126 – Gasolineira Cerqueda
  10. 60959 – Peluquería Marta

A campaña “Merca Primavera” forma parte das accións impulsadas polo Concello para promover o consumo de proximidade e dinamizar o tecido comercial malpicán.