Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Domingo 14°
11°
Luns 14°
Martes 19°
10°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. Uncategorized

Uncategorized

11Xan 2025

O Concello acada a ampliación dunha liña de autobús con 16 novas paradas para o IES Eduardo Pondal

Os malpicáns estudantes de bacharelato dispoñen de unha liña gratuíta ata Ponteceso a partir do próximo luns.
  • O alcalde, Eduardo Parga, xestionou persoalmente unha medida coa que se atenderá ao alumnado da vila de Malpica e das parroquias de Leiloio, Cambre, Cerqueda, Barizo e Mens.
  • A nova liña estará activa desde o vindeiro luns, día 13 de xaneiro, e funcionará de luns a venres ao longo de todo o curso escolar.

Malpica, 10 de xaneiro de 2025 – A mocidade de Malpica, grazas ás xestións realizadas personalmente polo alcalde, Eduardo Parga, poderá beneficiarse, a partir do vindeiro luns 13 de xaneiro, da ampliación dunha liña de autobús que conecta o municipio co IES Eduardo Pondal de Ponteceso. Esta mellora permitirá un acceso máis cómodo e eficiente ao centro educativo, especialmente para o alumnado matriculado nas ensinanzas non obrigatorias.

Ademais, os mozos e mozas do municipio poderán empregar desde esa mesma data a tarxeta Xente Nova, gozando así das vantaxes económicas que facilita esta iniciativa da Xunta de Galicia.

A liña, que agora chega ata a parada das Rabuceiras, na parroquia de Leiloio, contará con 16 novas paradas na localidade, atendendo ás parroquias de Leiloio, Cambre, Cerqueda, Barizo e Mens, así como á contorna da vila. As paradas que se incorporan son:

  • As Rabuceiras
  • A Trémoa
  • Cambre (igrexa)
  • Loutoño
  • A Aldeola
  • Cerqueda
  • Vilarnovo
  • A Camuza
  • Malpica
  • Ventorrillo
  • Cancela de Areas
  • Seaia
  • Cruce Santo Adrián
  • Barizo
  • Porto do Fondo
  • Mens

Os horarios están adaptados ás xornadas lectivas do instituto, mantendo as paradas e os horarios existentes no tramo de Ponteceso. O servizo funcionará de luns a venres durante o curso escolar, con saídas cara ao IES Eduardo Pondal ás 08:00 horas e regreso ás 14:10 horas. Os luns pola tarde, ofreceranse servizos adicionais ás 15:45 horas e ás 18:05 horas.

O Concello anima a toda a veciñanza a consultar os detalles dos horarios e servizos na páxina web www.bus.gal ou na aplicación móbil Transporte Público de Galicia.

Esta ampliación da liña de autobús reflicte, en verbas do rexedor, Eduardo Parga, “o compromiso do Concello de Malpica coa mellora das condicións de mobilidade da mocidade, garantindo un acceso equitativo á educación e incentivando o uso do transporte público”.

4Xan 2025

Percorrido da Cabalgata de Reis para o domingo día 5 e o luns 6 de xaneiro

Consulta aquí os percorridos das Cabalgatas de Reis:

Domingo 5 de xaneiro

Os Reis Magos de Oriente chegarán a:

  • Buño: Ás 17:30, parada na igrexa de Santo Estevo.
  • Malpica: Ás 19:00 horas.
    • Organiza: Concello de Malpica de Bergantiños.
    • Colaboran: ANPA Ventorrillo, ACD San Xulián, AC Malante, ASCV O Quinteiro, Buño SCD e UD Cerqueda.
  • Leiloio: A partir das 18:30. Saída dende Feira Nova, percorrendo todos os lugares da parroquia.
    • Organiza: A.C. A Feira.

Nota: En caso de choiva, o evento levarase a cabo no pavillón de Malpica.

Luns 6 de xaneiro

Os Reis Magos de Oriente farán paradas en:

  • Cambre: Ás 10:00 no campo da festa.
  • Cerqueda: Ás 10:30 no campo da festa.
  • Santiso: Ás 11:00 no campo da festa.
  • Beo: Ás 11:30 na estrada xeral, no cruce para a praia de Beo.
  • Mens: Ás 12:00 no campo da festa.
  • Barizo: Ás 12:30 no campo da festa.
  • Seaia: Ás 13:45 no campo da festa.
  • Colabora: AC San Xulián

2Xan 2025

Fútbol Solidario en Buño: Partido a favor de ASFEGA con grandes figuras do deporte da Costa

Este sábado 4 de xaneiro de 2025, ás 18:00h no Campo de Xaviña, Buño, disputarase o Partido Solidario do Combinado QPC da Costa FEM contra o Victoria CF.
O Concello de Malpica e a UD Cerqueda colaboran con Quepasanacosta na organización deste evento deportivo que servirá para recadar fondos para a Asociación ASFEGA (Asoc. Asociación fenilcetonúria de Galicia). O saque de honra será feito por Marco García Lema, rapaz de Cerqueda cunha enfermidade metabólica rara.

O Combinado estará dirixido por Rubén Souto (Corme),, acompañado por Fran Figueroa (Esteirana). Susana, da UD Cerqueda, fará de Delegada.
As convocadas son: Miriam (Cabana) e Rosio (Xallas) como porteiras; como defensas Mai (Dumbría), Mariña (Cerqueda), Saskia (Corme), Lauriña (Outes), Nerea (Cee), Ainhoa (Ponteceso), Kelly (Dumbria), Lucía (Corme); medias Paula Fandiño (Dumbria), María (Xallas), Tamara (Mazaricos), Olalla (Corme), Olalla (Xallas), Bárbara (Esteirana), Andrea Romero (Corcubion), Paula Veiga (Cee), Carla (Corme) e Noe (Xallas); e como dianteiras Eva Lema (Dumbria) e Naroa (Corme).

Está aberta unha Fila 0 para ASFEGA: ES46 2080 0300 8530 4012 0322
Concepto: Partido Solidario + número de móbil.

Na previa, ás 16:00h, haberá ademais un encontro no CAT de Buño, coas portas abertas para todas as xogadoras do Fútbol da Costa que poderán vivir un encontro con María Bardanca e Elena Vázquez, dúas referentes do noso deporte. O evento será moderado pola xornalista malpicá Laura Rodríguez de @mareandoxogo.

24Dec 2024

Malpica acolle un espectacular show e masterclass de fútbol freestyle con Álvaro López

O Concello de Malpica continúa apostando por un Nadal deportivo coa organización dun evento de freestyle football a cargo de Álvaro López, tres veces campión de España, segundo no ranking europeo e situado no TOP 8 mundial desta disciplina.

O evento terá lugar o sábado, 28 de decembro, ás 20:00 horas, no Pavillón Municipal de Malpica. Durante a xornada, os asistentes poderán gozar dun espectacular show de habilidade e precisión con balón, ademais de participar nunha exclusiva masterclass onde o campión compartirá técnicas e trucos deste deporte acrobático.

Esta cita deportiva, promovida polo Concello de Malpica en colaboración coa Deputación da Coruña, ofrece unha oportunidade para descubrir e aprender máis sobre o mundo do freestyle football, unha modalidade que combina creatividade, destreza e espectáculo.

18Nov 2024

O Concello de Malpica de Bergantiños convoca o Concurso de Escaparates de Nadal 2024

O Concello de Malpica de Bergantiños lanza unha nova edición do Concurso de Escaparates de Nadal, co obxectivo de incentivar e premiar o esforzo creativo do pequeno comercio e a hostalaría local na decoración dos seus escaparates durante estas datas tan especiais.

Datas clave:

  • Inscricións: Do 7 ao 20 de decembro de 2024 (ata as 14:00 horas).
  • Publicación de fotografías: 7 de xaneiro de 2025 na páxina de Facebook do Concello.
  • Prazo para votar: Ata o 9 de xaneiro de 2025 ás 23:59 horas.

Premios aos mellores escaparates:

  • Primeiro premio: 400 euros
  • Segundo premio: 200 euros
  • Terceiro premio: 100 euros

Quen pode participar?
Todos os empresarios e empresarias con locais comerciais con escaparates visibles ao público situados nas parroquias de Malpica de Bergantiños.

Como se decidirán os gañadores?
O público poderá votar o seu escaparate favorito na páxina de Facebook oficial do Concello. Os escaparates con máis “me gusta” serán galardoados co primeiro, segundo e terceiro premio. En caso de empate, realizarase un sorteo público o 10 de xaneiro de 2025 no salón de plenos do Concello.

Máis información:

  • Chama ao 981 720 001.
  • Consulta as bases completas na ligazón desta nova

Participa e fai destacar o teu escaparate este Nadal.

18Nov 2024

A unidade móbil de doazón de sangue chegará a Malpica e Buño o martes 26 de novembro

O vindeiro martes, 26 de novembro, as localidades de Buño e Malpica de Bergantiños acollerán unha nova xornada de doazón de sangue, promovida para fomentar a participación cidadá nunha acción solidaria que salva vidas.

  • En Buño, a unidade móbil estará situada diante do Tele-Club, en horario de 16:00 a 18:00 horas.
  • En Malpica de Bergantiños, o punto de doazón estará no Centro Cívico, ao carón do colexio, entre as 18:30 e as 21:00 horas.

Para participar, é necesario almorzar previamente, agardar 2 horas tras xantar e acudir con tarxeta de doazón, DNI ou documento similar. As persoas que estean a tomar medicación deberán informar ao persoal médico presente.

14Nov 2024

El Ayuntamiento de Malpica organiza junto con CMUC una charla sobre prevención de úlceras por presión para promover el cuidado de la salud

El Ayuntamiento de Malpica de Bergantiños, en colaboración con CMUC, promueve una charla informativa gratuíta sobre la prevención de úlceras por presión, con el objetivo de sensibilizar y formar a la población sobre este problema de salud que afecta especialmente a las personas mayores o con movilidad reducida. La actividad tendrá lugar el próximo martes, 21 de noviembre, a las 18:00 horas en el Hogar de Pensionistas de Malpica

La charla estará impartida por Érica Fondo, directora de CMUC, quien abordará detenidamente la prevención de las úlceras por presión.

La actividad se enmarca dentro de las iniciativas del Ayuntamiento de Malpica para fomentar una vida más saludable proporcionando conocimientos prácticos para que los cuidadores y familiares puedan atender mejor a las personas en situación de dependencia.

13Set 2024

Malpica aposta polo envellecemento activo co novo Taller de Memoria 2024/2025

O Concello de Malpica de Bergantiños, a través da Concellería de Servizos Sociais e coa colaboración da Deputación da Coruña, puxo en marcha unha nova edición do Taller de Memoria para o curso 2024/2025, unha iniciativa que busca mellorar o exercicio cognitivo e a calidade de vida da veciñanza.

As sesións desenvolveranse en dúas localizacións:

  • En Malpica, os luns, en horario de 10.30 a 12.00 horas, a partir do 14 de outubro na Aula de Lecer do Centro Cívico.
  • En Buño, os venres, de 10.30 a 12.00 horas, comezando o 18 de outubro, no CAT (antigo Centro Comarcal).

O prazo de inscrición estará aberto entre o 16 e o 30 de setembro. As persoas interesadas poderán formalizar a súa participación acudindo ao Departamento de Servizos Sociais ou chamando ao teléfono 981 720 280.

O Taller de Memoria é unha das apostas do Concello de Malpica para fomentar o envellecemento activo a través de actividades que axudan a manter a mente activa e previr o deterioro cognitivo.

13Set 2024

O Concello de Malpica abre o prazo de inscrición para o Taller de Manualidades o 16 de setembro

O Concello de Malpica de Bergantiños, a través da Concellería de Servizos Sociais e en colaboración coa Deputación da Coruña, vén de anunciar a apertura do prazo de inscrición para o Taller de Manualidades 2024/2025, que se impartirá tanto en Malpica como en Buño. Esta iniciativa está dirixida a fomentar a creatividade e o desenvolvemento persoal da veciñanza de Malpica a través de actividades manuais, favorecendo así espazos de aprendizaxe e socialización.

As sesións terán lugar os martes e xoves a partir do 1 de outubro e desenvolveranse en dous puntos do municipio:

  • En Buño, o taller celebrarase na Casa do Oleiro en horario de 15:45 a 17:45 horas.
  • En Malpica, as sesións serán na Aula de Lecer do Centro Cívico, de 18:00 a 20:00 horas.

O prazo de inscrición estará aberto do 16 ao 30 de setembro. As persoas interesadas poderán formalizar a súa participación acudindo ao Departamento de Servizos Sociais do Concello ou chamando ao teléfono 981 720 280.

Para poder levar a cabo a actividade, será preciso contar cun mínimo de oito participantes por grupo.

12Set 2024

Nova entrega de composteiros para o compostaxe doméstico no Concello de Malpica

O Concello de Malpica, a través da súa Concellería de Medioambiente, pon en marcha unha nova entrega de composteiros para fomentar o compostaxe doméstico entre os veciños. A partir de mañá, todas aquelas persoas interesadas poderán apuntarse chamando ao número de teléfono 981 720 318, ata esgotar existencias.
O Concello de Malpica continúa apostando pola reciclaxe e anima a todos os cidadáns de Malpica, que o desexen, a unirse a esta campaña.
Ademais, ao entregar os composteiros explicarase o seu uso correcto, co obxectivo de facilitar a correcta xestión dos residuos orgánicos e contribuír ao coidado do medio ambiente.