Boa resposta á primeira xornada do Mercado Artesán de Nadal en Malpica
Mañá, domingo, continúa a programación municipal en colaboración con outras entidades
Malpica viviu unha xornada moi intensa este sábado co arranque da programación de Nadal, que organiza a Concellaría de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes, en colaboración con outras entidades.
Destacou o Mercado Artesán de Nadal no mercado municipal, de 11:00 a 14:30 e de 16:30 a 21:00 horas. Tivo moi boa acollida cos diferentes postos, ademais de coa actuación de Meigallo Pandereteiras, un obradoiro de instrumentos musicais con Percusións Lobera, outro taller coas redeiras O Fieital, unha chocolatada e a visita do Apalpador Cía Pajarito.
Esta proposta continuará mañá, domingo, de 12:00 a 14:30 e de 16:30 a 21:00, coas seguintes actividades:
• 12:00: Apertura do mercado
• 12:30: Os Viqueiras e Cabezudos
• 16:30: Obradoiro de macramé con Vivo Macramé (para adultos). Inscricións no teléfono 698129203
• 16:30: Obradoiro de cestería con O Son das Varas (para cativos)
• 18:00: Chocolatada
• 18:30: Cé Orquestra Pantasma (Home Orquestra)
Outras máis iniciativas levaranse a cabo este día, 19 de decembro:
- Festa infantil de Nadal, a partir das 16:00, na Casa da Cultura de Seaia. Durante a festa recolleranse xoguetes para doar á Cruz Vermella e á Asociación Mirabal. Organiza ACD Carcaxía.
- Festa infantil con inchables, visita de Papá Noel e chocolatada, de 16:00 a 20:00 na Casa dos Veciños de Leiloio. Organiza AVV de Leiloio.