O centro de Malpica acollerá o 29 de xullo este festival de música
O concelleiro de Turismo e tenente alcalde de Malpica, Alfredo Cañizo e a A.C. Campal presentaron esta mañá, xunto a estatua da “Balea”, a segunda edición do BALEAFEST, un festival que se vai celebrar o vindeiro sábado 29 de xullo.
Esta segunda edición trae novidades xa que haberá Sesión Vermú. Dende as 13.00 horas actuarán “Os Mecánicos” e ás 15.00 horas será a queda de “Os Revenidos”.
A sesión de noite comezará ás 22.00 horas coa actuación de “Manquiña e os Fabulosos Weekend” e ás 00.00 horas, contaremos coa actuación de “Calle del Ruído”.
No evento tamén colabora a Confraría de Pescadores de Malpica e é totalmente de balde.
Desde o Concello e a asociación Campal animan a todo o mundo a achegarse a gozar da boa música.
Venres, 21 de xullo, ás 20.30h horas inundaremos de maxia o paseo coa actuación do Mago Dani Polo.
Sábado, 29 de xullo, ás 20.30h, gozaremos dos xeniais Títeres Cachirulo que nos trae a actuación “Xela contra o Dragón”.
Sábado, 5 de agosto, ás 20.00h, Inventi Teatro tráenos a representación de “As palabras perdidas”.
Sábado, 12 de agosto, ás 20.00h a diversión está garantizada coa actuación da man de As Sircópatas que nos trae a actuación de “Rogelio, un paiaso en recuperación”
Don EDUARDO J. PARGA VEIGA, Alcalde-Presidente do concello de Malpica de Bergantiños (A coruña)
informa:
Por parte da Dirección X. da Policía – Comisaría Provincial de A Coruña, ten previsto desprazar o EQUIPO MÓVIL DO DNIe para a expedición de DNIe con un cupo de 50 solicitudes.
Data:
DÍA: 04 DE OUTUBRO 2023HORARIO: de 9:00 a 12:00 horas.
Os interesados deberán anotarse no Concello chamando por teléfono aos números:
O alcalde de Malpica, Eduardo Parga, e a concelleira de Deportes, Noelia Freijeiro, presentaro esta mañá no Concello de Malpica a VI edición da “Carreira Pedresete do Concello de Malpica”. A proba celebrarase o vindeiro 30 de setembro e trae como novidade a modalidade 2k que sairá polo percorrido inicial da 10k.
A cita percorrerá as rúas da vila, co obxectivo de fomentar a práctica da actividade física para acadar unha vida máis saudable e ademais ten carácter solidario, por cada inscrito na carreira a organización doará 1€ á Asociación Española Contra o Cancro.
A carreira celebrarase en cinco distancias distintas: a proba absoluta, de 10.000 metros de percorrido; as sub-12, sub-14 e sub-16, de 2.100 metros; a sub-10, de 740 metros, 2km e a categoría biberón, de 100 metros.
As inscricións poden realizarse a través da web championchipnorte.com.
Os trofeos da proba, son pezas de barro coa imaxe corporativa da proba 3D, aproveitando esta circunstancia para facer promoción da olaría de Buño.
A Concellería de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes organiza para o vindeiro sábado 8 de xullo ás 20.00 horas, na Casa do Pescador de #Malpica a presentación da obra ilustrada “A miña cadeliña” da ilustradora, Estefanía Padullés.
Sinopse
Cando Antía cumpriu 7 anos, o seu avó Manu regaloulle unha cadeliña preciosa á que a meniña decidiu poñerlle o nome de Pinta.Vivían moi felices xuntas, paseaban co avó Manu polo monte, rían e enredaban sen ningunha preocupación… ata que un día as cousas se complicaron e un incendio arrasou a aldea na que vivían. É nese momento, cando Antía e Pinta demostran o valentes que son e tamén o moito que se queren.Unha historia na que o avó Manu, Antía e Pinta nos ensinan a amar a natureza e a defendela con todas as nosas forzas.
Dende a concelleria de Servizos do Concello de Malpica lanzamos novas rutas para a recollida de residuos.
A empresa RGR Sostenible, S.L. fará a recollida e tamén deixará barriletes nos domicilios. Lembra que os residuos deben estar antes das 09.00 horas nas portas das vivendas.
Os refugallos que recollerán son os seguintes:
Aceite de cociña usado.
Graxas e manteigas
Pilas e baterías.
Lampadas.
Electrodomésticos e electrónicos pequenos do fogar.
Consumibles de impresoras.
Residuos téxtiles e roupa.
Restos metálicos pequenos do fogar.
LUNS 3 XULLO: Aviño, Cambre, Pedrosa- A Tremoa, Rabuceiras, A Raxeira, Brión, O Castro.
MARTES 4 XULLO: Feira Nova, Vilar, O Empalme, A Camposa, O Piñeiro, Rúa Santa Catalina vivendas con números pares ata A Plaza.
MÉRCORES 5 DE XULLO: Rúa Forno Novo, Rúa Mouróns, Rúa Santa Filomena, Rúa Xaviña, Canelas, Rúa Nova , Rúa Gaio, Praza Cruceiro, Rúa Costa, Rúa Boavista, Rúa Santa Catalina vivendas números impares.
XOVES 6 DE XULLO: Zona Polígono Industrial, Buño, Aldeola, O Ceán, A Lagoa, Loroxo, Algadán, Pozacas-Leduzo, Taraio, Cerqueda.
VENRES 7 DE XULLO: Pasacondia, Cortés, Filgueira, A Fonte dos Bois, Seixas, Vilarnovo, Piñeiros, Rúa Ventorrillo, Pedra Queimada, As Neves, A Camuza, Travesia I A Camuza A , Rúa Ventorrillo, Escorial.
LUNS 10 DE XULLO : Rúa Emilio González López, Areal, Praza Santa Lucía, Igrexa, Agros, Praza Fonte Vella, Barreiro , Travesía Orxeira, Rúa Orxeira, Travesia 1 As Neves, Travesia 5 Río.
MARTES 11 DE XULLO: Rúa As Neves, Travesia 2 Río, Travesía 3 Neves, Travesia 5 Neves, Rúa Neves B, Travesía 7 Río, Travesía 4 Río, Travesía 6 Río, Travesía 3 Río,Rúa Agra do Río, Travesía 2 Río, Travesía 1 Río, Rúa Camiño do Río, Eduardo Vila Fano.
MÉRCORES 12 DE XULLO : Praza do Cruceiro, R/ Tío Paz, R/ San Ramón, Travesía 1 San Ramon, Travesía 2 San Ramón, Atalaia, Altamira, R/ Ramona Criado, R/Mestra, R/Caldeirón, R/Eduardo Pondal, R/ Patria Galega, R/ Campo, R/Areal, R/Carreixo doMuiño, R/Antonio Montero, R/ Praia.
XOVES 13 DE XULLO: R/ Guardia Pardines, R/ Areal, R/Doctor Fleming, Canido, R/A Camuza C, Estrada DP4307 dende Malpica ata o desvío hacia Santiso, Travesia 2 A Camuza, Travesia 3 A Camuza, A Camuza C, Cancela de Areas, Vista, Pedrediña, Camiño daVist, R/ Agra de Lucas, R/ Arnado.
VENRES 14 DE XULLO: Estrada DP 4307 dende o desvío hacia Santiso ata Beo, Estrada DP4305 hacia Santiso, Santiso, Pontella, Cova, Castiñeiro, Sorrio, A Fonte Dorta, O Petón,R/ A Horta Nova, O Seixo, A Orxeira, Estrada Santo Hadrian.
LUNS 17 DE XULLO: Beo, Vigo, Estrada DP4307 dende Beo ata Seiruga, Seiruga.
MARTES 18 DE XULLO : Campelo, Barizo, Porto de Barizo, Avd. Agra de Lamas, Porto doFondo, As Casas Novas, Mens.
MÉRCORES 19 DE XULLO : Mens, O Miñon, Asalo, Bocelo, Badarra.
A Unidade Móbil de inspección técnica de agrícolas estará no Polígono Industrial de Malpica nas seguintes datas: Do 04/07/2023 ao 07/07/2023 (De 9 a 13.30 horas e de 15.15 a 18.00 horas Excepto o 7/07 só de maña). Para solicitar cita previa: Por teléfono: 902 30 90 00 A través da páxina web: www.sycitv.com – Cita previaA admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentarias
O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e o alcalde de Malpica, Eduardo Parga Veiga, asinaron un convenio de colaboración mediante o cal a institución provincial achega 80.000 euros para a organización do evento A 39º edición da Mostra celébrase este ano do 3 ao 6 de agosto en Buño (Malpica) O presidente en funcións da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso,e o alcalde de Malpica Bergantiños, Eduardo Parga Veiga, asinaron un convenio de colaboración para financiar cunha achega de 80.000 euros a trixesimo novena edición da Mostra da Olería de Buño, que se celebrará do 3 ao 6 de agosto de 2023. A achega da Deputación supón o 80% do orzamento total do evento, que ascende a 100.000 euros e inclúe os gastos en publicidade, material gráfico, alugueiro das carpas, dos espazos expositivos, e das actividades como eventos, animación ou actuacións, ademais dos gastos de persoal para a organización do evento, que cada verán reúne a miles de visitantes. Con esta colaboración, a Deputación da Coruña amosa o seu apoio a esta XXXIX Mostra da Olería de Buño e impulsa este evento, ademais de coma un recurso turístico, como unha actividade artesanal que repercute favorablemente como medio de desenvolvemento económico, social e xerador de emprego e riqueza non só a nivel local, senón tamén na provincia.
O alcalde de Malpica, Eduardo Parga, firmando o convenio xunto co presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso.
O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, e a directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, participaron hoxe en Buño nos Venres dos polos: tradición e innovación
Destacaron que a Rede autonómica de polos está a conectar ás persoas con iniciativa empresarial, ás administracións, aos axentes e técnicos que prestan servizos no eido laboral e ás empresas para seguir a crear emprego de calidade en Galicia
Na provincia da Coruña están en activo desde o ano pasado o polo Rías Altas e Arco Ártabro (sito en Ferrol) e Costa da Morte (Coristanco) que acompañaron desde a súa posta en marcha 169 proxectos empresariais
O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, e a directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, participaron hoxe na actividade Os Venres dos Polos: tradición e innovación sobre emprendemento sustentable e ligado ao territorio, onde resaltaron o traballo que se está a facer na Rede galega de polos de emprendemento que, no caso da provincia da Coruña, permitiu acompañar xa, en menos dun ano, arredor de 180 persoas relacionadas con 169 proxectos empresariais.
Os dous representantes autonómicos sinalaron o importante labor que a través dos polos se está a desenvolver para dinamizar o mercado laboral e xerar traballo de calidade e pegado ao territorio. Estes recursos, segundo apuntou o secretario xeral de Apoio ao Emprego, conectan ás persoas emprendedoras, ás administracións, aos axentes e técnicos que prestan servizos no ámbito do emprego, e aos sectores tractores e empresas do territorio. “Unha conxugación eficaz e imprescindible para dar resposta ás necesidades de todos eles”, especificou.
Nos polos que actualmente están activos (serán 15 a finais deste ano) e que xa prestan cobertura ao 100 por cento da xeografía galega, acompáñase ás emprendedoras e emprendedores galegos nos seus proxectos, desde principio ao fin, ao tempo que se celebran actividades de difusión da cultura emprendedora nas que se fomentan o intercambio de ideas e coñecementos.
En toda Galicia xa se está a prestar apoio a través desta iniciativa a unhas 380 persoas emprendedoras con máis de 1.000 sesións de titorización, e se está tamén a atender 355 proxectos, dos cales o 80,28% están activos (285).
Na provincia da Coruña están a funcionar na actualidade o polo Rías Altas e Arco Ártabro, e Costa da Morte que dan cobertura a emprendedores de 29 e 39 concellos destas áreas, respectivamente.
Desde a súa posta en marcha hai menos dun ano, atendéronse no polo situado en Coristanco, 61 proxectos, impulsados por 41 persoas. Na oficina situada en Ferrol, son xa 108 os proxectos asesorados de diferentes sectores promovidos por 118 persoas emprendedoras, dos que un total de 22 iniciativas proceden do municipio herculino. No 81,6% dos casos, os negocios están activos.
Por sectores, nos polos en funcionamento na provincia da Coruña, teñen maior representatividade entre as propostas emprendedoras o comercio por xunto e ao retallo (19%), a agricultura (17%), as actividades artísticas, recreativas e de entretemento, código (12%) ou a hostalería (7%).
Na actividade celebrada hoxe desde o polo Costa da Morte participaron para expoñer a súas experiencias como emprendedores responsables da empresa Alfarería Aparicio, un obradoiro de olería de Buño, no que se levan 40 anos facendo pezas artesanais de cerámica; Redeiras de Corme (Asociación Illa da Estrela), unha entidade sen ánimo de lucro constituída desde 2009 con 17 socias de procedencia familiar do mar e autónomas; e a firma The Surf Factory, formada por artesáns que desenvolven tablas de surf.
Axudas ao emprendemento
A directora xeral de Emprendemento, pola súa banda, destacou a nova edición das axudas ao emprendemento que se aprobou onte no Consello da Xunta. Por segundo ano consecutivo, a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade convocará apoios para axudar cos investimentos desenvolvidos polas iniciativas empresariais máis recentes e contribuír a mellorar a súa competitividade. A iniciativa contará cun orzamento de 7 millóns de euros e poderanse beneficiar pemes, persoas traballadoras autónomas, sociedades cooperativas e laborais, empresas de inserción e centros especiais de emprego, que teñan iniciado a súa actividade desde o 1 de xaneiro de 2021 (ou máis tarde) e permanezan en activo.
Outorgaranse axudas para financiar investimentos realizados polas entidades entre o 5 de novembro de 2022 ata a data da solicitude. Cubriranse, deste xeito, investimentos xa realizados (debidamente xustificados mediante factura) en equipamento informático, melloras da eficiencia enerxética, adquisición de mobiliario, reforma e/ou habilitación de locais ou adquisición de equipos de segunda man para o negocio, entre outros. Saúdos do Gabinete de Comunicación da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario - Ocultar detalles
• Social media Facebook, Twitter e outras Redes Sociais precisan utilizar cookies para recoñecerte.
• Analytics Os datos recollidos polas cookies de Google Analytics son anónimos e só se usan para valorar a experiencia do usuario no nosa web.
• Anuncios Este sitio pode albergar publicidade propia, de afiliados, ou de redes publicitarias.
• Cookies propias Este sitio utiliza cookies propias para facilitar o acceso e mellorar a navegación e experiencia ao usuario Aviso Legal ACEPTOLeer más