Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Mércores 18°
12°
Xoves 19°
12°
Venres 17°
13°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas

Novas

4Feb 2015

Vive o mes do Entroido en Malpica!

O programa desenvolverase entre os días 7 e 28 de febreiro
540-f-foto

A colaboración entre o movemento asociativo, o sector hostaleiro e o Concello dá os seus froitos, e un ano máis Malpica de Bergantiños destacará polo seu Entroido, cheo de música, animación, diversión e tamén tradicións. Precisamente arredor desas tradicións xirará a primeira actividade deste ano. O día 7, ás 19.30 horas, celebrarase na sala de xuntas da Cas do Pescador a Mesa redonda ?Entroido histórico nas terras de Malpica de Bergantiños: Madamitos, Farruco, Faustino, Mikaela, Xogo das Vacas e comparsas?, coa participación de representantes de AVV Monte d´Arxa, ACD San Xulián, A.C. Raigañas, Asoc. de Amigos da Mikaela, Asoc. Profesional de Redeiras Mar da Illa e AVV de Leiloio, entre outros. 

O programa do Entroido en Malpica prolongarase ata o día 28, polo que temos por diante case un mes repleto de actividades organizadas polo Concello de Malpica, Asociación Cultural Malante, ANPA Ventorrillo, Asociación de Redeiras Mar da Illa, Asociación Cultural Carcaxía, A.C.D. San Xulián, A.V.C.S. O Brizo, Asociación Cultural Raigañas,  Asociación de Amigos da Mikaela, Asociación de Veciños Monte D´arxa, Comisión de Festas de Cerqueda, Asociación Cabalar Os Veteranos, A.  VV. de Leiloio e pubs de Malpica. 

Calendario de actividades:

 Xoves día 12 de febreiro (Xoves de Entroido)

En Malpica

 

O Entroido na Ludoteca Infantil: Festa infantil, de 17.00 h. a 18.30 h. (só rapaces inscritos na Ludoteca).

 

  Venres día 13 de febreiro (Venres de Entroido)

En Malpica

 

O Entroido na Ludoteca: Pasarrúas  da Ludoteca Infantil e o CEIP MILLADOIRO, a partir das 10.00 h.

 

 

Concurso de Disfraces de Entroido, a partir das 24.00 horas polos pubs da vila. Cestas de lacóns e chourizos para os mellores disfraces. As persoas participantes deberán percorrer todos os locais organizadores onde se puntuará cada disfraz. Gañarán os/as que acaden maior puntuación. Organizan os pubs: Jofra, Submarino, Leño, Brebaxe, Cornecho, O Patio e Prisma.

 

  Sábado día 14 de febreiro (Sábado de Entroido)

En Cerqueda

 

Festa de Disfraces Infantil (con xogos, premios e chocolatada) a partir das 16.00 h. no Centro Sociocultural das Pozacas. Organiza: A.C. Raigañas, Comisión de Festas de Cerqueda, Asociación Cabalar Os Veteranos e Asociación de Veciños Monte d ´Arxa.

 

 

En Seaia

 

Festa de Disfraces Infantil con inchable a partir das 16.30 h. na Casa da Cultura de Seaia. Colabora: A. C. Carcaxía.

 

 

En Malpica

 

Concurso de Disfraces de Entroido, a partir das 24.00 horas polos pubs da vila. Premios en metálico para os mellores disfraces: 1º Premio 250,00 ?, 2º Premio 150,00 ? e 3º Premio 100,00 ?. As persoas participantes deberán percorrer todos os locais organizadores onde se puntuará cada disfraz. Gañarán os/as que acaden maior puntuación. Organizan Pubs: Jofra, Submarino, Leño, Brebaxe, Cornecho, O Patio e Prisma.

 

Domingo día 15 de febreiro  (Domingo de Entroido)

En Malpica

 

Desfile de Disfraces Infantil. Percorrerá a vila saíndo do Centro Cívico ás 17.00 h. e rematando na Praza Villar Amigo. Organiza: Asociación Cultural Malante.

 

 

Actuación da Charanga Ruada polas rúas da vila, a partir das 17.30 horas.

 

 

Nos pubs da Vila, Orellas do pincho e outros doces do Entroido a partir das 17.00 h. Organizan pubs: Jofra, Submarino, Leño, Brebaxe, Cornecho, O Patio e Prisma.

 

 

Concurso de Comparsas do Entroido polas principais rúas da vila de Malpica a partir das 17.30 horas. Cestas de Entroido para as mellores comparsas. Entrega de premios a partir das 19.30 horas na Praza Villar Amigo.

 

 

Concurso de Piñatas do Entroido na Praza Villar Amigo a partir das 18.30 horas. Entrega de Premios ás 19.00 horas. Colaboran: A. C. Malante, Asoc. Profesional de Redeiras Mar da Illa e ANPA Ventorrillo.

 

 

Baile Social de Disfraces de Maiores das 20.00 h. ás 23.00 h. no Auditorio do Centro Cívico amenizado con música en directo a cargo do dúo Nuevo Siglo.

 

 Luns 16 de febreiro (Luns de Entroido)

En Buño

 

Festa de Disfraces Infantil con inchables, e chocolatada ás 16.30 h. no Pavillón Polideportivo do CEIP Joaquín Rodríguez Otero. Colabora: ANPA do CEIP Joaquín Rodríguez Otero.

 

Martes 17 de febreiro (Martes de Entroido)

En Malpica

 

Festa de Disfraces Infantil con inchables (rapaces/as ata 14 anos), no Pavillón Polideportivo de Malpica das 17.00 ás 20.00 horas. Colabora: ANPA Ventorrillo.

 

 

Concurso Gastronómico de Doces do Entroido, a partir das 16.00 h., no Pavillón Polideportivo de Malpica. Fallo do xurado e degustación ás 20.00 horas. Colaboran: Asoc. de Redeiras Mar da Illa e ANPA Ventorrillo.

 

Inscrición: No Departamento de Educación e Cultura ou en calquera das entidades colaboradoras.

 

 Sábado 21 de febreiro (Sábado de Piñata)

En Buño

 

A Mikaela sairá ás 16.00 horas do Restaurante Canta la Rana percorrendo todos os bares e tabernas de Buño. Ás 22.00 h. queima da Mikaela e a partir das 23.00 h. actuación da orquestra PANAMÁ e remate de festa cun gran DJ, no aparcamento do Restaurante Casa Elías. Organiza: Asociación de Amigos da Mikaela.

 

 Domingo 22 de febreiro (Domingo de Piñata)

En Cerqueda

 

Percorrido dos Madamitos e Ghuardineros pola parroquia acompañados da charanga local ?Os Condanados?. Saída ás 15.00 h. Itinerario: Os Resios, O Ceán, Folgueira, As cortes, Cerqueda, Leduzo e as Pozacas. Organiza: A.C. Raigañas, Comisión de Festas de Cerqueda, Asociación Cabalar Os Veteranos e Asociación de Veciños Monte d ´Arxa.

 

 

En Vilanova

 

Festa de Disfraces Infantil con inchables e degustación de doces do Entroido a partir das 16.00 h. na Escola Unitaria de Beo. Colabora: A.V.C. S. O Brizo.

 

 

En Seaia

 

Cocido do Farruco e Faustino, para todos/as os/as participantes no Enterro do Farruco e o Faustino, imprescindible asistir disfrazado. No Restaurante Esqueiro a partir das 15.00 h. Inscricións no propio restaurante ou no Super MM até o xoves 19 de febreiro. Prezo: 15.00 ? adultos e 10 euros os nenos. Organiza: A.C.D. San Xulian.

 

 

Actuación da Charanga NBA polas rúas de Seaia, a partir das 16.30 horas.

 

  Enterro do Farruco, sairá en procesión ás 16.30 horas do Restaurante O Esqueiro percorrendo as rúas de Seaia. Xuntarase co seu curmán o Faustino no Centro Cívico e o acompañará ata o porto. Organiza: A.C.D. San Xulián.

 

En Malpica

 

Actuación da Charanga NBA polas rúas da vila, a partir das 17.30 horas.

 

Enterro do Faustino, que sairá do Centro Cívico ás 17.30 horas para percorrer as rúas da vila. Organiza: Asociación de Redeiras Mar da Illa.

 

 

Sábado 28 de febreiro

En Leiloio

 

Festa infantil con inchables a partir das 17.00 h. na Casa dos Veciños de Leiloio. Colabora: Asociación  de Veciños de Leiloio.

 

 

Desfile de disfraces infantil e de adultos  a partir das 20.30 h. seguido do Concurso de Doces para rematar coa actuación do Dj Sebas.  Organiza: Asociación  de Veciños de Leiloio.

 

  En Cerqueda

Gran Cocido de Entroido no Restaurante Canta la Rana.ás 22.00 h., Dúo de Festa. Organizan: Asociación Cultural Raigañas, Asociación de Veciños Monte d´Arxa, Comisión de Festas de Cerqueda e Asociación Cabalar Os Veteranos. Prezo: Adultos 28,00 ?, nenos/as (6-12) 10,00 ? e menores de 6 anos de balde.  Inscricións: Supermercado Ordóñez (Sara) ou nos telf.: 616 159 721 – 981 753 985.

 


 

3Feb 2015

Informe sobre o período medio de pago a provedores

O período medio de pago do Concello de Malpica foi de 15,09 días no cuarto trimestre do 2015
540-f-foto

En cumprimento do establecido na Disposición adicional primeira da Lei Orgánica 9/2013 de Control da Débeda Comercial, procédese a dar publicidade á información relativa ao período medio de pago desta entidade  correspondente ao  4º trimestre do exercicio 2014, calculado consonte ao establecido no RD 635/2014,de 25 de xullo, polo que se desenvolve a  metodoloxía do cálculo do período medio de pago a provedores.

DATOS IDENTIFICATIVOS DO INFORME PERIODO MEDIO DE PAGO:

Código Corporación Local: 11-15-043-AA-000

Nombre corporación local: Malpica de Bergantiños

Ejercicio : 2014

Periodo: Cuarto trimestre

RATIO DE OPERACIONES PAGADAS:                                           1,83 días

IMPORTE DE LAS  OPERACIONES PAGADAS:                              812.203,25

RATIO DE OPERACIONES PENDIENTES DE PAGO:                      61,65 días

IMPORTE DE LAS OPERACIONES PENDIENTES DE PAGO:       231.266,25

PERIODO MEDIO DE PAGO DE LA ENTIDAD:                             15,09 DIAS

 

 

 

2Feb 2015

Benestar poñerá en marcha ao longo do próximo curso a primeira escola infantil pública de Malpica, que ofertará 41 prazas

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, visitou hoxe as obras, que se prevé que rematen antes do verán
540-f-foto

A Consellería de Traballo e Benestar porá en marcha ao longo do próximo curso escolar 2015-2016 a primeira escola infantil pública de Malpica, que ofertará un total de 41 prazas de 0-3 anos ás familias. Así o anunciou hoxe a titular do departamento autonómico, Beatriz Mato, nesta localidade, onde visitou as obras que se iniciaron no mes de xullo e se prevé que rematen antes de verán. A conselleira estivo acompañada polo xerente do Consorcio de Igualdade e Benestar, Roberto Rodríguez; a delegada territorial da Xunta, Belén do Campo; o deputado Aurelio Núñez; o alcalde de Malpica, Eduardo Parga, e os concelleiros Miguel Fernández, Marisol Blanco e Alfredo Cañizo.

O investimento total para a construción e o equipamento do centro supera os 400.000 euros. Coa posta en marcha desta infraestrutura, as prazas públicas da Rede autonómica A Galiña Azul na comarca de Bergantiños ascenderán a 401, un 128 % máis das que había en abril de 2009.

Mato sinalou que esta medida forma parte da aposta do Goberno galego por acadar a conciliación laboral e familiar das familias galegas, un dos principais eixos do Plan de Dinamización Demográfica. Deste xeito, a Xunta ten creadas desde 2009 un total de 3.320 prazas en escolas infantís, máis dun 60 % das que había ese ano. Na provincia da Coruña creáronse máis de 1.600, un incremento do 90 % con respecto a 2009.

 

En total, a oferta actual de prazas 0-3 anos en Galicia é de preto de 9.000. Estas prazas da Rede A Galiña Azul súmanse á oferta de 0-3 anos sostidas con fondos públicos, que no curso 2014-2015 suman máis de 19.200 (escolas da Xunta, municipais, de iniciativa social e cheque infantil). O incremento de prazas permitiu mellorar a porcentaxe de atención. De feito, desde o curso 2009-2010 a taxa de cobertura das escolas infantís financiadas con fondos públicos sobre a poboación galega de 0 a 3 anos mellorou en case 12 puntos. Así, se no curso 2009-2010 a ratio era do 18,7%, na actualidade esta taxa ascende ao 30,1%.

 

Por último, neste eido, Mato destacou que antes de que remate a lexislatura tense previsto a creación de máis de 2.000 novas prazas en toda Galicia, o que significará, segundo afirmou, “practicamente dobrar as que había en abril de 2009”. 

 

23Xan 2015

En marcha as obras de mellora das infraestruturas na zona do colexio Milladoiro e o Centro Cívico

A actuación, incluída no Plan DTC93, ten un orzamento de 43.340 euros
540-f-foto

Xa están en marcha as obras de mellora das infraestruturas na zona do colexio Milladoiro e o Centro Cívico de Malpica. Segundo explicou o concelleiro de Obras e alcalde en funcións, Miguel Fernández, o proxecto inclúe a substitución da actual rede de saneamento, a instalación de rede de augas pluviais e a colocación de rede de telecomunicacións, ademais dunha nova pavimentación con formigón.  A actuación, incluída no Plan DTC93, da Deputación Provincial da Coruña, ten un orzamento de 43.339,99 euros. A súa execución supón a terceira fase da rede separativa de pluviais e residuais da piscina.

 

No DTC93, que ten un orzamento total de 138.962,74 euros, tamén se inclúen a renovación das canalizacións de augas pluviais e residuais na Praza do Campo, a pavimentación da rúa Entrecercas de Seaia e a mellora das infraestruturas viarias no lugar de Pontella e no vial de Trémoa a Monte Neme.

 

22Xan 2015

Os concellos de Malpica de Bergantiños e Malpica de Tajo celebrarán o mesmo día para o pleno de aprobación do irmandamento

Remata a viaxe de Eduardo Parga e Alfredo Cañizo ao municipio toledano
540-f-foto

Despois de tres días moi intensos, hoxe remata a viaxe do alcalde de Malpica de Bergantiños, Eduardo Parga Veiga, e do concelleiro de Turismo, Alfredo Cañizo Garrido, a  Malpica de Tajo (Toledo). A estancia dos representantes do noso concello coincidiu coa celebración das tradicionais festas de San Sebastián no pobo toledano, que conserva tradicións ancestrais e convértese cada ano por estas datas nun importante destino turístico dentro da comunidade de Castela-A Mancha. Pero o motivo fundamental do desprazamento foi avanzar nos trámites do próximo irmandamento entre ámbolos municipios homónimos.

 

Segundo explicou Eduardo Parga, os representantes dos dous concellos decidiron celebrará o mesmo día o pleno extraordinario no que se formalizará a relación iniciada hai agora un ano. A data fixarase en breve, tan pronto como por parte dos servizos técnicos municipais estea completada a documentación. A partir dese momento intensificaranse os contactos entre Malpica de Bergantiños e Malpica de Tajo en materia de cultura, deporte, empresa e turismo.

 

Tanto o alcalde como o concelleiro malpicáns destacaron a excelente acollida que les ofreceron en Malpica de Tajo, onde tiveron unha participación moi activa nos actos oficiais das festas de San Sebastián e visitaron as importantes bodegas da localidade.

 

18Xan 2015

O alcalde e o concelleiro de Turismo viaxan a Malpica de Tajo para avanzar no irmandamento

A estancia de Eduardo Parga Veiga e Alfredo Cañizo Garrido coincidirá coas festas de San Sebastián, patrón do pobo toledano
540-f-foto

O alcalde de Malpica de Bergantiños, Eduardo Parga Veiga, e o concelleiro de Turismo, Alfredo Cañizo Garrido, iniciarán mañá unha estancia de tres días no pobo toledano de Malpica de Tajo para avanzar nas xestións de irmandamento entre os municipios homónimos. A estancia dos representantes municipais coincidirá coa celebración das tradicionais festas de San Sebastián, patrón de Malpica de Tajo.

 

Alfredo Cañizo xa participou o ano pasado nas festas, e mesmo tivo a honra de facer unha das ofrendas a San Sebastián, unha das tradicións do pobo. Pero quizais a máis singular é a dos “morraches”, uns personaxes que teñen un protagonismo especial durante todas as celebracións e que se caracterizan polas súas vestimentas de cores verde, vermello e marelo, as súas máscaras e chocallos. Nesta ocasión o concelleiro de Turismo estará acompañado polo alcalde, e participarán xuntos non só nos actos festivos, senón nunha serie de visitas de interese turístico e cultural e nunha reunión con todos os grupos da corporación para preparar o irmandamento formal entre as dúas Malpica.

 

Precisamente nestes días cúmprese un ano do inicio das xestións. O pasado mes de xuño Malpica de Bergantiños xa recibiu a visita do alcalde de Malpica de Tajo, Mario Cruz, e outros membros da corporación municipal, que tiveron a ocasión de participar nas festas de Corpus e San Adrián. Un dos obxectivos do irmandamento será, precisamente, aproveitar os recursos das dúas localidades para iniciar unha serie de intercambios en áreas coma a cultura, a empresa e o turismo, e as festas constitúen, neste sentido, un dos recursos máis salientables.

 

Malpica de Tajo é un municipio de 2.000 habitantes situado na comarca de Torrijos, a 51 quilómetros da cidade de Toledo. O importante papel que xogou ao longo da historia quedou reflectido no seu castelo, unha xoia da arte mudéxar datada no século XIV e que goza da declaración de Ben de Interese Cultural. Dende o punto de vista económico destaca a industria bodegueira, representada por marcas de tanto prestixio coma Osborne ou Pagos del Marqués de Griñón.

 

16Xan 2015

Instalado no Ventorrillo un colector da ONG Equus Zebra para recoller roupa e calzado usados

O Concello de Malpica e a organización coruñesa teñen asinado un convenio de colaboración
540-f-foto

Hoxe quedou instalado no Ventorrillo un colector da ONG Equus Zebra para que os veciños e veciñas de Malpica poidan depositar roupa e calzado usados. A iniciativa enmárcase no convenio asinado hai case un ano entre o Concello e a organización coruñesa, que traballa pola integración dos inmigrantes e que desenvolve proxectos encamiñados a lograr o desenvolvemento de países empobrecidos. O seu presidente, Víctor Omgba, estivo hoxe en Malpica, onde foi recibido polo alcalde, Eduardo Parga; a concelleira de Servizos Sociais, Marisol Blanco Gorín, e o tenente e alcalde, Miguel Fernández.

 

Os representantes municipais valoraron de forma moi positiva o labor solidario que desenvolve a entidade e expresaron a súa confianza na colaboración dos veciños do municipio para contribuír a ese traballo. O colector de Equus Zebra, de cor laranxa e uns 300 quilos de capacidade, está situado xunto ao Centro Cívico. Os veciños poderán depositar no recipiente roupa de vestir e do fogar, bolsos, cintos e xoguetes. A ONG aconsella a utilización de bolsas de lixo pequenas, de ata 50 litros de capacidade. A roupa debe estar limpa e seca, xa que a que ten manchas ou está húmida non pode reciclarse. Tamén pide que non se mesturen roupa e calzado ou marroquinería na mesma bolsa.

 

A ONG coruñesa recupera cada mes unhas 40 toneladas de roupa usada. Os textís son trasladados á planta de Equus Zebra no polígono da Grela, na Coruña, onde se clasifica e se revaloriza. Deste xeito, a de mellor calidade vai destinada á venda nas tendas de segunda man que a entidade ten na cidade ou a familias necesitadas. A roupa aproveitable é enviada a África para situacións de emerxencia e para proxectos asistenciais de cooperación ao desenvolvemento; a que está deteriorada véndese a empresas de reciclaxe para facer trapos, recheos para colchóns e outros produtos, e unha mínima parte, que é inservible, acaba no colector de lixo.

 

15Xan 2015

Comezaron as obras de pavimentación das rúas As Neves e Esqueiro Os Petóns, incluídas no POS 2014

O investimento supera os 66.000 euros, financiados pola Deputación
540-f-foto

Xa están en marcha as dúas actuacións incluídas no Plan de Obras e Servizos (POS) do 2014 no municipio de Malpica de Bergantiños. Onte comezaron os traballos de pavimentación das rúas As Neves (tramo 2) e Esqueiro Os Petóns (tramo 1), en Seaia, que teñen un orzamento de 66.010 euros. Ata alí desprazáronse o alcalde, Eduardo Parga Veiga, e o concelleiro de Obras, Miguel Fernández Mirás, para facer un seguimento das obras.

 

O outro proxecto incluído no plan que financia a Deputación Provincial da Coruña é o de reforma e adaptación do parque infantil de Malpica, que está xa moi avanzado. As obras consisten na reforma do parque para adaptalo á normativa actual sobre parques infantís, a eliminación de elementos construtivos que poden supoñer certo risco para os usuarios (bordillos, gradas, bancos de fábrica?), a reposición de pavimentos, a substitución da fonte, a reforma dos aseos e a organización das zonas de xogos por idades. Neste sentido, os que poidan ser reutilizados serán restaurados e no resto dos casos colocaranse xogos novos. Ademais, o parque será dotado con mobiliario novo. O orzamento é de 99.792,78 euros.

 

Página 111 de 149« Primera...102030...109110111112113...120130140...Última »