Rematan as melloras na área recreativa da praia de Beo
O investimento total da obra foi de 39.681,95
O Concello de Malpica finalizou as obras de mellora na área recreativa da praia de Beo. Esta actuación realizouse co apoio do Fondo de Compensación Ambiental. A obra foi executada pola empresa López Cao S.L. cun investimento de 39.681,95 euros IVA incluído.
Os traballos incluíron a retirada das antigas barandas de madeira, en mal estado. Instaláronse novas barandas que respectan o deseño orixinal pero melloran a seguridade. Tamén se substituíu a escaleira principal por unha nova estrutura de madeira, de estilo semellante.
No acceso sur construíuse unha nova escalinata de granito. Esta conta con bordos graníticos unidos con morteiro e recheo de solo estabilizado tipo “ARIPAQ”. A estrutura aporta máis estabilidade e resistencia.