Malpica mobilízase para axudar aos afectados pola DANA en Valencia mediante campaña de recollida solidaria
O Concello de Malpica, comprometido co apoio aos afectados pola recente DANA en Valencia, pon en marcha unha campaña solidaria de recollida de donativos. Os veciños e veciñas que desexen colaborar poden dirixirse aos seguintes puntos de recollida, nos horarios establecidos:
– Centro de Artesanía e Tradición (Antigo Centro Comarcal) en Buño: aberto de martes a venres, de 8:30 a 15:00 horas.
– Centro Cívico de Malpica: aberto de luns a venres, de 8:30 a 15:00 horas.
– Oficinas centrais do Concello: aberto de luns a venres, de 8:30 a 15:00 horas.
As doazóns que se necesitan inclúen lanternas, pilas, produtos alimentarios, alimentos para animais, produtos de hixiene persoal, produtos de limpeza, vasoiras, caldeiros, botas e luvas de limpeza.
As persoas interesadas en colaborar na recollida, selección e embalaxe dos donativos poden poñerse en contacto co Concello, ben a través do teléfono 638 791 939 ou enviando unha mensaxe privada.