Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Martes 14°
Mércores 13°
Xoves 14°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. Eva Amado desvela os segredos para cociñar o xurelo no «showcooking» de Malpica

26Out 2024

Eva Amado desvela os segredos para cociñar o xurelo no «showcooking» de Malpica

A cociñeira Eva Amado encheu o Mercado de Malpica de sabor cun «showcooking» onde destacou receitas como o tartar de xurelo, o caldo de peixe e o escabeche. Esta actividade, organizada pola Concellería de Promoción Económica dentro da iniciativa “Malpica Consola”, buscaba resaltar o valor dos produtos locais, especialmente, do xurelo, un peixe moi apreciado na gastronomía galega. Durante o evento, Amado deu a coñecer coas súas recetas as posibilidades deste produto local.

Vinte asistentes tiveron a oportunidade de aprender a cociñar pratos como o Tartar de Xurelo e o Caldo de Xurelo, entre outros. A acollida foi excelente, deixando sen dúbida un bo sabor de boca entre todos os asistentes, que tiveron a oportunidade de degustar os pratos preparados.