Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Mércores 14°
11°
Xoves 14°
11°
Venres 13°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE

ACTUALIDADE

11Xan 2022

Representantes da Confraría e do Concello reuníronse coa Consellería de Pesca e con Portos

Na xuntanza abordáronse temas de interese para o sector no municipio

O martes 4 de xaneiro, na Consellería de Pesca, reuníronse en representación da Xunta de Galicia a Conselleira de Pesca, Rosa Quintana; a Presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas Gil, e a Directora Xeral de Pesca, Mercedes Rodríguez. En representación da Confraría de Pescadores de Malpica, o Patrón Maior, Pedro Pérez Martelo, e o Secretario, Francisco Javier Varela Castro. En representación do Concello de Malpica, o Alcalde, Eduardo José Parga Veiga, e o Concelleiro de Mar, Alfredo Cañizo Garrido.

Na xuntanza, que durou boa parte da mañá, tratáronse varios temas de interese para o sector da pesca do noso concello.

  • Reparación da estrutura da ponte

A estrutura da ponte que da acceso á zona norte do porto estaba moi danada, polo tanto o paso de vehículos pesados estaba prohibido. As obras de reparación xa están na última fase, polo tanto, nun breve período de tempo xa poderán circular de novo os vehículos pesados sen perigo.

  • Medidas para garantir a seguridade na entrada da Dársena

A Presidenta de Portos de Galicia e a Conselleira de Pesca informan de que deben de continuar coas medicións un pouco máis de tempo. O inverno pasado e este non foron especialmente adversos, por iso necesitan un pouco máis de tempo.

  • Grúa de Barizo

Segundo informan Rosa Quintana e Susana Lenguas, mantiveron varias conversas co Club Náutico, nas cales, hai tres ou catro días lles solicitaron por escrito o permiso para a valoración e o arranxo da mesma.

  • Pesca deportiva

Os representantes do Concello e da Confraría solicitaron ás representantes da Xunta de Galicia que retomaran o tema de levantar a prohibición da pesca deportiva no porto, tan sequera na zona norte. A Presidenta e a Conselleira comprometéronse a volver a analizar o asunto e que volveriamos a falar proximamente.

  • Investimentos e reformas nas instalacións

O Patrón Maior tamén trasladou en aras de mellorar os servizos existentes para mariñeiros, redeiras e compradores, a necesidade de realizar melloras nas cubertas da nave de redes e na lonxa, ao estar moi deterioradas, así como instalar tomas de auga e puntos de luz para as embarcacións. A maiores, solicitouse unha nova sinalización para o tráfico pesado, considerando que isto repercutiría no benestar da Confraría e dos aparcamentos para o Concello en tempadas estivais.

11Xan 2022

O Concello de Malpica renova o convenio de xestión do Ecomuseo Forno do Forte

O alcalde e o deputado de Patrimonio firmaron antes de rematar o 2021

O xoves 30 de decembro celebrouse na sala de documentación de plenos da Secretaría Xeral a sinatura da renovación do convenio de colaboración entre a Deputación da Coruña e o Concello de Malpica para a xestión integral do Ecomuseo Forno do Forte en Buño.

Asinaron o alcalde de Malpica, Eduardo Parga, e o deputado de Patrimonio, Xosé Luís Penas, ante o fedatario e secretario accidental, Miguel Iglesias.

7Xan 2022

Máxica tarde-noite a vivida en Malpica coa visita dos Reis Magos

A organización foi todo un éxito coa colaboración de numerosas entidades

Os veciños e as veciñas de Malpica viviron unha tarde-noite máxica este 5 de xaneiro coa visita dos Reis Magos de Oriente.

As rúas enchéronse de cor e alegría cun percorrido no que non faltou detalle.

Houbo música en directo, Carteiro Real, figuras xigantes e unha gran carroza!

Colaboraron no desenvolvemento co Concello numerosas entidades.

Mira máis imaxes aquí!

4Xan 2022

Consulta, aquí, como serán as cabalgatas e recepcións reais este 5 de xaneiro en Malpica

Hai cambios con respecto a outros anos debido ó covid

O mércores, 5 de xaneiro, a Concellaría de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes manterá as visitas previstas do Carteiro Real ás parroquias do Concello e das súas Maxestades de Oriente a Buño e Malpica.

En atención á actual situación da pandemia do covid-19, extremaranse as medidas de hixiene e de prevención de contaxios e tomaranse as seguintes pautas para tratar de minimizar as aglomeracións:

  • As visitas do Carteiro Real e as cabalgatas serán dinámicas sen realizar ningunha parada que poida favorecer as aglomeracións.
  • Por tanto, este ano suspenderase a tradicional recepción das súas Maxestades de Oriente ás/aos nenas/os en Buño (Teleclub) e Malpica (Fonte de Anselmo Villar).
  • Tamén se  suspenderá o saúda das súas Maxestades de Oriente dende o balcón da Casa do Pescador.

Tamén queremos lembrar a todas/os asistentes a obrigatoriedade de usar máscaras no exterior, e recomendar:

  • Evitar as aglomeracións distribuíndose ao longo do percorrido das cabalgatas. O espectáculo será o mesmo en todos os puntos do percorrido.
  • Procurar manter as distancias de seguridade entre non convivintes.
  • Non retirar a máscara en ningún momento.

HORARIOS E PERCORRIDOS DAS VISITAS REAIS

11.00 horas, saída do Carteiro Real para recoller as cartas das/os nenas/os nas parroquias.

1º Carteiro Real

11.15 horas, Buño (saída da zona do vídeoclub e pequeno percorrido pola parroquia).

11.45 horas, Leiloio (saída da zona do Empalme e pequeno percorrido pola parroquia).

12.15 horas, Cambre (saída da zona do Centro Sociocultural e pequeno percorrido pola parroquia).

12.45 horas, Cerqueda (saída da zona de Aldeola, fronte á gasolineira, e pequeno percorrido pola parroquia).

2º Carteiro Real

11.15 horas, Vilanova (saída da zona do cruceiro da igrexa de Santiso e pequeno percorrido pola parroquia).

11.40 horas, Seaia (saída de fronte á Casa da Cultura de Seaia e pequeno percorrido pola parroquia).

12.10 horas, Barizo (saída de fronte ao Centro Sociocultural e pequeno percorrido pola parroquia).

12.40 horas, Mens (saída de fronte ao Centro Sociocultural e pequeno percorrido pola parroquia).

17.00 horas, saída, dende a Telleira, da cabalgata para Buño:

Percorrido: Telleira, Cantalarrana, Xaviña, Santa Catalina, O Empalme e saída para o Centro Cívico.

18.45 horas, saída dende o Centro Cívico, da cabalgata para a Vila de Malpica.

18.45 horas, actuación do pasarrúas do Folión do Zampón, entre a Casa do Pescador e o Cruceiro.

Percorrido: Centro Cívico, Rúa Ventorrillo, Avenida Emilio González López, Praza Anselmo Villar Amigo, baixada polo Pescador ao porto de Malpica, punta do gas, O Cruceiro, Rúa Eduardo Vila Fano, Praza Anselmo Villar Amigo e Casa do Concello (remate).

4Xan 2022

Últimos días para participar na campaña “Un Nadal de premio no comercio de Malpica”

Son 27 os establecementos adheridos

Estamos nos últimos días para participar na campaña “Un Nadal de premio no comercio de Malpica”, que chegará á súa fin este xoves, día 6 de xaneiro. Hai 27 negocios adheridos, nos cales por cada 20 euros de compra, os clientes poderán optar a un vale de 100 euros para gastar nos mesmos. Sortearanse cinco tarxetas en total.

Organiza a Concellaría de Promoción Económica, Emprego e Comercio e os establecementos que forman parte da iniciativa son os seguintes: Administración de Loterías Pedra D’ Ouro, Almacenes Armas, Alverixa, Asfeco Asesores, A Tenda de Vera, A Tenda de Carmen, Calzados LC, Elemoba, Estanco Vanessa Varela Morales, Estanco Visi, Farmacia Ana Fernández Viñas, Farmacia Atlántico, Floristería Lolita, Gemma Chouciño Estética, Joyería Pallas, Librería Casa Pardo, Librería Miguens, Lolas, Muxa, Peluquería Ana Ures, Peluquería Cristal, Peluquería Isabel, Peluquería Marta, Peluquería Spellos, Teresiña de Facal, Tien21 e Torrado Anido SL.

Goza do Nadal en Malpica!

4Xan 2022

Actualización datos covid: 46 en Malpica, este martes 4 de xaneiro

O Concello incide en respectar as medidas sanitarias

Segundo informa a Consellería de Sanidade, o noso municipio rexistra 46 casos activos de covid-19 a día de hoxe, 4 de xaneiro. As persoas contaxiadas que precisen axuda poden poñerse en contacto coa área de Servizos Sociais no teléfono 981 720 280, ou con Protección Civil a través dos números 661 626 166 e 693 400 673. Contamos coa Concellaría de Sanidade.

26Dec 2021

As imaxes da I Foliada de Cantos de Nadal en Malpica

A tarde deste sábado 24 de decembro estivo moi animada no centro da vila

Fantástica tarde a que vivimos este sábado de Nadal en Malpica coa primeira Foliada de Cantos de Nadal, na que participaron as tres asociacións culturais da localidade e moita máis xente que se uniu logo. Organizou a Concellaría de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes, en colaboración coas entidades ACD Carcaxía, AC Raigañas e AC Malante.

24Dec 2021

Unha ducia de participantes no Torneo de Nadal de raqueta

A concelleira de Deportes entregou medallas a todos os deportistas

Este xoves 23 de decembro levouse a cabo o Torneo de Nadal de raqueta organizado polo Concello cunha ducia de participantes de máis de 7 anos. A concelleira de Deportes entregou medallas a todos os deportistas e houbo agasallos para os campións. Dous foron os deportes a practicar: tenis de mesa e bádminton. A festa iniciouse ás 10:30 horas no polideportivo municipal. Houbo categorías por niveis.

21Dec 2021

Parga y Trenor se reunieron para abordar numerosos proyectos para el Ayuntamiento

Valoraron los que ya están en marcha y propusieron otros para someter a estudio

El delegado territorial de la Xunta de Galicia en el área de A Coruña, Gonzalo Trenor, y el alcalde de Malpica, Eduardo Parga, se reunieron este lunes para abordar numerosos proyectos para el Ayuntamiento. Fue una reunión matinal que duró más de dos horas.

El objetivo no fue otro que poner varios proyectos sobre la mesa para realizar un estudio en profundidad y ver su viabilidad. De igual manera, se analizaron otros que ya están en marcha.

Los dos representantes destacaron la importancia de que haya una comunicación fluida entre ayuntamientos y Junta para poder dotar de infraestructuras a cada municipio según sus necesidades. Del mismo modo, el regidor agradeció la atención recibida por parte del delegado y le brindó la suya para abordar cualquier tipo de actuación que pueda mejorar el pueblo y la calidad de vida de sus vecinos.

Página 31 de 149« Primera...1020...2930313233...405060...Última »