Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Xoves 12°
Venres 13°
Sábado 12°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. Eduardo Parga mantivo coa conselleira, Ethel Vázquez, unha reunión de traballo para solicitar financiamento do saneamento e depuración para o lugar de Beo

12Nov 2022

Eduardo Parga mantivo coa conselleira, Ethel Vázquez, unha reunión de traballo para solicitar financiamento do saneamento e depuración para o lugar de Beo

Na reunión tamén se trataron varias necesidades de seguridade viaria

Onte o alcalde de Malpica, Eduardo Parga,  e o 2º tenente alcalde, Miguel Ángel Fernández, mantiveron  un encontro  de traballo coa conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, para tratar varios temas importantes para o Concello de Malpica.

O rexedor solicitoulle axuda á conselleira para o financiamento dunha obra fundamental como é saneamento e depuración para o lugar de Beo.

O orzamento para levar a cabo a obra sería de  774.619€, o cal a Xunta aportaría o 80% e o concello o 20%. Ethel Vázquez, comprometeuse a estudar o proxecto e a traballar para levalas a cabo o máis pronto posible.

Parga tamén expuxo a necesidade de facer unha actuación na vía AC-418, a altura do colexio Milladoiro, para mellorar o acceso tanto do centro educativo como do Centro Cívico da vila.

Ademais o rexedor tamén pediu unha intervención no entorno da rotonda da Balsa para que os viandantes que veñen de Cambre poidan cruzar a estrada sen perigo xa que é unha vía moi transitada. A conselleira tomou boa nota das peticións e comprometeuse a mandar ós técnicos para acadar unha pronta solución a prol da seguridade dos veciños e das veciñas do concello.

Parga agradeceu a conselleira, Ethel Vázquez, que sempre atenda con celeridade as súas peticións e pediulle que firmara no libro de honra.