A I edición de “Malpica coida de ti” celebrarase do 23 ao 30 de novembro
Os comercios de Malpica que queiran adherise a esta iniciativa xa poden facelo.
A Concellaría de Promoción Económica de Malpica lanza “Malpica coida de ti” e celebrase do día 23 ao 30 de novembro. Mercar no sector da alimentación no comercio local ten premio. Os comercios que queiran adherise a esta iniciativa poden facelo chamando ao 981711303 ou enviando mail a pilidoldan@gmail.com
Cada persoa que merque no sector do pequeno comercio da alimentación recibirá con cada compra igual ou superior a 5€ unha rifa e entrará no sorteo de 3 ceas para da gozar da gastronomía nos restaurantes da vila.
O sector da alimentación do noso pequeno comercio local ten produtos frescos, de proximidade e sans.
Esta primeira edición, impulsada desde o Concello de Malpica, ten como obxectivo a promoción económica do sector da alimentación, para o impulso do consumo no pequeno comercio local.
