Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Sábado 17°
10°
Domingo 17°
11°
Luns 16°
10°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE

ACTUALIDADE

15Out 2022

Malpica celebra o 89 aniversario das Misións Pedagóxicas cunha mostra fotográfica e unha representación da obra “Os tres porquiños”

Cada 20 de outubro, a vila recorda a primeira representación de monicreques que houbo en Malpica no ano 1933

Con motivo do 89 aniversario das Misións Pedagóxicas, o Concello de Malpica exporá no Fondo Lugrís (aula circular) do Centro Cívico a mostra fotográfica “As Misións Pedgóxicas en Malpica”. Esta exposición, organizada polo Concello en colaboración coa Deputación da Coruña, amosa imaxes das diferentes representacións de monicreques levadas a cabo na vila entre 1933 e 2022.

José Val del Omar, Ramón Naya, Fernández Mazas, Miguel Prieto e Urbano Lugrís impulsaron xunto a Rafael Dieste o inicio dos espectáculos de monicreques en Malpica de Bergantiños. Estas obras eran interpretadas polas Misións Pedagóxicas por toda España. Así, o 20 de outubro de 1933 estreouse en Malpica “O Retablo de Fantoches”. Para recordar ese momento cultural tan importante, arredor do 20 de outubro, o Concello de Malpica leva ao mesmo espazo que se usara en 1933 unha representación de monicreques.

Este ano o espectáculo será o domingo 23 de outubro. Migallas Teatro representará “Os tres porquiños”, unha obra teatral para os máis pequenos que mestura monicreques, teatro, xogos tradicionais e música en directo. O evento será ás 18:00h na na praza Anselmo Villar Amigo, pero no caso de que faga mal tempo, trasladarase ao auditorio do Centro Cívico de Malpica.

14Out 2022

Xosé Iglesias presenta o seu terceiro poemario, en Malpica

Hoxe, venres 14 de outubro ás 20 horas, o Cornecho de Tano acolle unha cita literaria que non te podes perder.

O escritor e mariñeiro Xosé Iglesias presenta o seu terceiro poemario “Atlántico Norte, chamádeme Ismael”.

O evento, organizado pola asociación Caldeirón, conta coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Malpica.

11Out 2022

Malpica encherá o ceo de papaventos para visibilizar a saúde mental.

O Concello porá papaventos á disposición de todo aquel que queira participar

Co gallo do Día da Saúde Mental, o Concello de Malpica e a Fundación Salma organizan esta fin de semana unha exhibición de papaventos.
Baixo o lema “non lle deas as costas á túa saúde mental”, o domingo día 16 de outubro, ás 12:00h da mañá o paseo marítimo da Praia de Malpica reunirá a todos aqueles que queiran participar nesta iniciativa para visibilizar a importancia que ten coidar a saúde mental.
O ceo encherase de papaventos por unha boa causa e, se algunha persoa quere unirse ao acto e non ten papaventos, que non se preocupe porque o concello porá un á súa disposición para que ninguén quede fóra desta actividade.
Cabe destacar que o Concello de Malpica estivo traballando no Acordo pola mellora da Saúde Mental Infanto-Xuvenil de Galicia, que ten como obxectivo ofrecer propostas que axuden a mellorar os servizos socio-sanitarios e educativos que participen no coidado da saúde mental dende unha visión integral da mesma. O documento, que recolle as principais medidas expostas entre abril e setembro de 2022, divide as propostas en catro bloques: máis recursos, máis coordinación, mellor prevención e máis previsión.

5Out 2022

O Concello de Malpica visibiliza nunha exposición o traballo das mulleres na pesca

A mostra inaugúrase mañá e poderase visitar ata o 20 de outubro

A exposición “As mulleres na pesca: traballo invisible pero esencial” poderase visitar no Centro Cívico Cultural de Malpica a partir de mañá. Trátase dunha mostra impulsada pola Xunta de Galicia e a Asociación Nacional de Mulleres da Pesca (ANMUPESCA) dentro do marco do ano Xacobeo 21-22. Un dos obxectivos desta iniciativa é darlle visibilidade ás mulleres que traballan no mar e amosar o importante papel que desempeñan neste mundo no que ás veces parece que non existen.
A inauguración da exposición terá lugar mañá ás 19:30h no Centro Cívico Cultural de Malpica e estará aberta ao público ata o vindeiro 20 de outubro.

5Out 2022

O V Torneo Concello Malpica e IV Memorial Ángel Rubio repartirá 800 euros en premios

O prazo para inscribirse nesta competición de xadrez permanecerá aberto ata o venres.

Os amantes do xadrez teñen unha cita en Malpica o próximo sábado 8 de outubro. O Pavillón Municipal da vila acollerá ás 16.00h o V Torneo Concello Malpica (IV Memorial Ángel rubio) organizado polo Club Xadrez Arteixo en colaboración coa Deputación da Coruña, a Olería de Buño e Frutas Fondo S.L.

O Concello de Malpica patrocina este evento deportivo que será válido para o IV Circuíto Intercomarcal de xadrez rápido Deputación da Coruña e tamén para o ELO FIDE de xadrez rápido.

Segundo o número de xogadores que participen haberá entre 7 e 8 rondas de 10 minutos cada unha e un incremento de 3” por cada xogada. En total repartiranse uns 800€ en premios. Poden obter máis información sobre as bases do torneo na web pokeryajedrez.com.

Aquelas persoas interesadas poden inscribirse chamando ao 617 23 43 93 ou enviando un correo electrónico a pokeryajedrez@gmail.com. O prazo para solicitar praza remata o venres 7 de outubro.

21Set 2022

Aberto o prazo para inscribirse no taller de manualidades para a terceira idade.

A actividade levarase a cabo tanto en Buño e en Malpica en horario de tarde.

O Concello de Malpica ofrece un taller de manualidades para persoas maiores. Haberá dúas quendas en dúas ubicacións diferentes. Por un lado, en Buño vanse impartir clases na Casa do Oleiro os martes e xoves de 15.45h a 17.45. Por outro lado, a segunda quenda será tamén os martes e xoves en Malpica en horario de 18.00h a 20.00. A actividade comenzará o martes 11 de outubro.

As persoas interesadas poden xa poden solicitar praza chamando ao 981 720 280 ou acudindo de maneira presencial a Servizos Sociais.

As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición. Para poder realizar a actividade debe haber un mínimo de 7 alumnos por grupo.

21Set 2022

Malpica imparte un taller de memoria para adultos

Poderán participar todas aquelas persoas maiores de 55 anos

O Concello de Malpica ofrece un taller de memoria dirixido a persoas maiores de 55 anos. Impartirase os luns na aula de lecer do Centro Cívico en horario de 10.30h a 12.00h e os venres co CAT (Antigo Centro Comarcal) de 10.30h a 12.00h. A actividade comenza o luns 10 de outubro en Malpica e venres 14 en Buño.

Para inscribirse deben acudir a Servizos Sociais ou chamar ao 981 720 280. As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición. Para poder levar a cabo a actividade terá que haber un mínimo de 7 alumnos por grupo.

21Set 2022

Chega a Malpica, Tardes na Biblioteca, que introducirá aos máis pequenos no mundo dos libros.

Ata o 14 de outubro, todos os venres haberá unha sesión relacionada coa lectura

A Concellería de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes de Malpica en colaboración coa Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e Ler Conta Moito, organizan a iniciativa “Tardes na Biblioteca 2022” que ten como obxectivo que os máis pequenos se familiaricen coa lectura e as bibliotecas.

A Biblioteca Eduardo Blanco Amor, situada no segundo andar do Centro Cívico de Malpica acollerá os próximos catro venres (23 e 30 de setembro e 7 e 14 de outubro) unhas sesións moi variadas relacionadas co mundo das bibliotecas e os libros.

–           Este venres 23 de setembro será a quenda de Fantoches Baj, que trae a Malpica a obra “O Tranvía de Leonardo”. Pepe Tafall, xefe do tranvía de Marín a Pontevedra conta a historia do tranvía Leonardo desde o seu nacemento en Bruxelas acompañadas das anécdotas máis simpáticas dos seus tripulantes: Moncho o maquinista e Ramón o do fogón, entre outros. Esta actividade, que dura uns 50 minutos, está pensada para nenos e nenas a partir de 3 anos.

–           O venres 30 de setembro haberá un obradoiro creativo. “A biblioteca ideal”, de Náufragos teatro. Neste obradoiro de dúas horas pensado para cativos a partir de 3 anos, os rapaces terán que crear entre todos un libro no que expliquen como sería a súa biblioteca ideal.

–           O venres 7 de outubro, chega “Contos coas mans na masa” dirixido a nenos e nenas de 4 anos ou máis. O gran Chef Caxoto proporá nunha hora un menú elaborado con ingredientes de igualdade para demostrar que a cociña non é cousa de mulleres, que nela poden estar tanto os homes como as mulleres, desmontando así os estereotipos de xénero cociñados a lume lento ao longo da historia.

17Set 2022

O Concello de Malpica saca a licitación o contrato para suministrar o Centro de Día de mobiliaario

O contrato terá un valor de 30.220,56€

O Concello de Malpica vai equipar o Centro de Día cunha sala de curas, unha sala de rehabilitación, unha sala polivalente, unha recepción, despachos, comedor e outros mobles.
Para iso, sacou a licitación un contrato para o suministro de mobiliario e equipamento por un valor de 30.220,56€ (IVE incluído). O prazo de entrega será de dous meses a partir do día da firma do contrato.

Página 16 de 149« Primera...10...1415161718...304050...Última »