Ao redor das once da mañá, o porto converteuse no epicentro da emoción moteira coa chegada dos participantes da II Concentración de Motos da Patroa da Garda Civil 2023.
Os cen moteiros foron recibidos polo concelleiro de Turismo e Festexos, Alfredo Cañizo, e Miguel Ángel Fernández, concelleiro de Seguridade.
Alfredo Cañizo agradeceulles que elixisen por segunda vez Malpica como un dos destinos da ruta pola Costa da Morte e obsequiounos cunha réplica do Faro Nariga como recordo.
Pola súa parte os organizadores do evento agradeceron a boa acollida e entregaron una figura conmemorativa da II Concentración de Motos da Patroa da Garda Civil 2023. A continuación os asistentes puideron disfrutar duns pinchos.
Dende a concellería de Medioambiente do Concello de Malpica lanzamos novas rutas para a recollida de residuos.
A empresa RGR Sostenible, S.L. fará a recollida e tamén deixará barriletes nos domicilios. Lembra que os residuos deben estar antes das 09.00 horas nas portas das vivendas.
Os refugallos que recollerán son os seguintes:
Aceite de cociña usado.
Graxas e manteigas
Pilas e baterías.
Lampadas.
Electrodomésticos e electrónicos pequenos do fogar.
Consumibles de impresoras.
Residuos téxtiles e roupa.
Restos metálicos pequenos do fogar.
RUTAS DE RECOLLIDA PORTA A PORTA DOS RESIDUOS URBANOS ESPECIAIS NON VOLUMINOSOS
LUNS 9 OUTUBRO: Aviño, Cambre, Pedrosa- A Tremoa, Rabuceiras, A Raxeira, Brión, O Castro.MARTES 10 OUTUBRO: Feira Nova, Vilar, O Empalme, A Camposa, O Piñeiro, Rúa Santa Catalina vivendas con números pares ata A Plaza.MÉRCORES
11 DE OUTUBRO: Rúa Forno Novo, Rúa Mouróns, Rúa Santa Filomena, Rúa Xaviña, Canelas, Rúa Nova , Rúa Gaio, Praza Cruceiro, Rúa Costa, Rúa Boavista, Rúa Santa Catalina vivendas números impares.
LUNS 16 DE OUTUBRO: Zona Polígono Industrial, Buño, Aldeola, O Ceán, A Lagoa, Loroxo, Algadán, Pozacas-Leduzo, Taraio, Cerqueda.
MARTES 17 DE OUTUBRO: Pasacondia, Cortés, Filgueira, A Fonte dos Bois, Seixas, Vilarnovo, Piñeiros, Rúa Ventorrillo, Pedra Queimada, As Neves, A Camuza, Travesia I A Camuza A , Rúa Ventorrillo, Escorial.
MÉRCORES 18 DE OUTUBRO : Rúa Emilio González López, Areal, Praza Santa Lucía, Igrexa, Agros, Praza Fonte Vella, Barreiro , Travesía Orxeira, Rúa Orxeira, Travesia 1 As Neves, Travesia 5 Río.
XOVES 19 DE OUTUBRO: Rúa As Neves, Travesia 2 Río, Travesía 3 Neves, Travesia 5 Neves, Rúa Neves B, Travesía 7 Río, Travesía 4 Río, Travesía 6 Río, Travesía 3 Río,Rúa Agra do Río, Travesía 2 Río, Travesía 1 Río, Rúa Camiño do Río, Eduardo Vila Fano.
VENRES 20 DE OUTUBRO : Praza do Cruceiro, R/ Tío Paz, R/ San Ramón, Travesía 1 San Ramon, Travesía 2 San Ramón, Atalaia, Altamira, R/ Ramona Criado, R/Mestra, R/Caldeirón, R/Eduardo Pondal, R/ Patria Galega, R/ Campo, R/Areal, R/Carreixo doMuiño, R/Antonio Montero, R/ Praia.
LUNS 23 DE OUTUBRO: R/ Guardia Pardines, R/ Areal, R/Doctor Fleming, Canido, R/A Camuza C, Estrada DP4307 dende Malpica ata o desvío hacia Santiso, Travesia 2 A Camuza, Travesia 3 A Camuza, A Camuza C, Cancela de Areas, Vista, Pedrediña, Camiño daVist, R/ Agra de Lucas, R/ Arnado. MARTES 24 DE OUTUBRO: Estrada DP 4307 dende o desvío hacia Santiso ata Beo, EstradaDP4305 hacia Santiso, Santiso, Pontella, Cova, Castiñeiro, Sorrio, A Fonte Dorta, O Petón,R/ A Horta Nova, O Seixo, A Orxeira, Estrada Santo Hadrian.
MÉRCORES 25 DE OUTUBRO: Beo, Vigo, Estrada DP4307 dende Beo ata Seiruga, Seiruga.
XOVES 26 DE OUTUBRO : Campelo, Barizo, Porto de Barizo, Avd. Agra de Lamas, Porto do Fondo, As Casas Novas, Mens.MÉRCORES 27 DE OUTUBRO: Mens, O Miñon, Asalo, Bocelo, Badarra.
Onte, nunha tarde asollada, Malpica converteuse no epicentro dunha apaixonante aventura deportiva e solidaria.
Antes de que a consagrada VI edición da Carreira Pedreste Concello de Malpica partise desde a rúa Emilio González López, Noelia Freijeiro e o rexedor de Malpica, Eduardo Parga, entregaron un cheque por importe recadado de 252€ á presidenta da Asociación Contra o Cancro de Malpica, Carmen Teresa Blanco. A proba deportiva discorreu por un impresionante percorrido ao longo da costa de Malpica cunha sinfonía visual de impresionantes vistas e idílica paisaxe costeira.
Un gran número de persoas congregáronse ao longo do percorrido para aplaudir e animar aos/as deportistas. Familias, amigos/as e espectadores reuníronse para celebrar os logros deportivos, creando un ambiente de apoio aportando emoción á carreira. En definitiva, a carreira pedreste de onte non foi só un desafío físico senón tamén un goce das nosas marabillosas paisaxes.
Ao finalizar a competición o alcalde de Malpica, Eduardo Parga, a concelleira de Deportes, Noelia Freijeiro e Luís Miguel Fernández García, concelleiro de Promoción Económica, entregaron os trofeos aos campións e campioas das diferentes categorías.
O Concello de Malpica tamén ofreceu aos participantes unha degustación de roscas de pan de ovo feitas en Malpica. Ademais, os corredor@s recibiron un agasallo dunha bolsa que contiña, entre outros regalos, unha camiseta conmemorativa do evento. Desde o Concello de Malpica agradecemos o gran labor de Protección Civil de Malpica, Policía Local, traballadores/as do Concello, Asociación Mediaducia, UD Cequeda, Sporting Seaia, SCD Malpica, Veteranos Malpica, Veteranos Leiloio e AECC MALPICA. Grazas a tod@s por participar e felicidades aos gañadores e gañadoras.
Gañadores/as da 2k
Categoría Masculina: Javier Paradela Martico Rubén Penas García Miguel Anxo Nogueira Pérez
As irmás Irene e Sonia Ordoñez, con esta nova aposta, toman o relevo xeracional dun supermercado que levaba 34 anos funcionado da man dos seus pais Carmen e Basilio. No evento tamén estivo presente Pedro Súarez, Director de Expansión e Franciquia de Vegalsa – Eroski City, e o párroco, Don Manuel García Souto, que foi o encargado de bendicir o novo establecemento. O rexedor deulle os parabéns á familia Ordóñez por emprender esta iniciativa e con ela seguir contribuíndo a crear emprego e dar servizo aos veciños/as de Malpica. Na súa intervención Parga engadiu que «sempre é grato participar neste tipo de eventos que axuda a impulsar a economía da nosa vila. Espero que a creación deste supermercado sexa do agrado dos veciños/as e desexo que as irmás Ordoñez teñan o éxito que merecen para poder perdurar no tempo».
A Concellería de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes de Malpica segue apostando por fomentar a cultura durante todo o ano con diversas presentacións de libros e encontros literarios en diferentes espazos da vila.Olga Rodríguez presentará a súa obra “AS CREBAS DA MEMORIA”, o vindeiro venres 22 de setembro ás 19.00 horas, na Casa do Pescador de Malpica. Nesta presentación colabora a Confraría de Pescadores de Malpica. Dende o consistorio animamos a todas as persoas que o desexen a participar neste novo encontro literario.
O Concello de Malpica segue a executar as actuacións incluídas no Plan de Obras e Servizos (Pos). A actuación consiste por unha banda na separación de pluviais e posteriormente a rúa terá unha nova pavimentación. Unha obra incluída no POS 2021 e adxudicada á empresa Construcións Dalama S. L.O investimento total da obra é de 90.025,23€.
Ambas actividades desenvolveranse en Malpica e Buño
A concellería de Servizos Sociais de Malpica pon en marcha dous talleres dirixidos a persoas de máis de 55 anos. O taller de memoria desenvolverase en Malpica os luns de 10.30 a 12.00 horas a partir do 2 de outubro na aula de Lecer do Centro Cívico. Os venres de 10.30 a 12.00 horas a partir do 6 de outubro no CAT (antigo Centro Comarcal). Por outra bando no taller de Manualidades tamén haberá dous grupos, un en Buño, na Casa do Oleiro de martes e xoves de 15.45h a 17.45h e o outro en Malpica, na aula de lecer do Centro Cívico de martes e xoves en horario de 18.00h a 20.00 horas. O prazo para inscribirse no taller de manualidades e de memoria para a terceira idade (+ 55 anos) será do 18 ao 29 de setembro. As persoas interesadas en calquera dos dous cursos poden facer a reserva da praza chamando ao 981 720 280 ou acudindo de maneira presencial a Servizos Sociais. O taller de memoria comeza a partir do 2 e o de manualidades o 3 de outubro. Para que se leve a cabo estas actividades é preciso como mínimo ter sete asistentes por grupo.
O 18 de setembro ábrese o prazo de inscrición para as Escolas Deportivas para adultos para o curso 2023/2024.
O Concello de Malpica segue apostando por fomentar os hábitos saudables fomentando as actividades deportivas variadas tales como ximnasia terapéutica, ioga, pilates, zumba ou adestramento funcional.
Ximnasia Terapeutica
BUÑO (CASA DO OLEIRO)MARTES E XOVES DE 10.30 A 11.15MALPICA (PAVILLÓN)MARTES E XOVES DE 11.30 A 12.15
Ioga
BUÑO (CASA DO OLEIRO)MÉRCORES DE 11.30 A 12.25MALPICA (CENTRO CÍVICO)LUNS DE 11.30 A 12.25
Pilates
BUÑO (CASA DO OLEIRO)MARTES E XOVES DE 17.45 A 18.40MALPICA (CENTRO CÍVICO)MARTES E E XOVESGRUPO I DE 19.00 A 19.55GRUPO II DE 20.00 A 22.55
Zumba
BUÑO (CASA DO OLEIRO)LUNS DE 18.15 A 19.10MALPICA (CENTRO CÍVICO)LUNS E MÉRCORES DE 19.30 A 20.25
Adestramento funcional
MALPICA (PAVILLÓN)MARTES DE 21.05 A 21.55XOVES DE 21.05 A 21.55
Para máis información ou para reservar praza poden acudir ao Departamento de Deportes de Malpica ou chamar ao 981 72 00 01 en horario de 09.00 a 14.00 horas a partir do 18 de setembro.
O Concello de Malpica, a través da concellería de Deportes, lanza o programa de actividades deportivas que abrangen diferentes disciplinas multideporte, ximansia rítmica, atletismo, voleibol, patinaxe, e zumba.
As seguintes actividades serán no Pavillón Municipal:
MULTIDEPORTE
Luns de 16.00 a 16.55Nenos/as nados entre 2017 e 2020Venres de 16.00 a 16.55Nenos/as nados entre 2012 e 2016
XIMNASIA RÍTMICA
Mércores de 16.00 a 16.55Nenos/as nados entre 2012 e 2018
ATLETISMO
Martes e xoves de 16.00 a 16.55Nenos/as nados entre 2011 e 2016
VOLEIBOL
Martes e xoves de 17.00 a 17.55Nenos/as nados entre 2008 e 2011
PATINAXE
Venres de 18.00 a 18.55Nenos/as nados entre 2010 e 2018CEIP JOAQUÍN RODRIGUEZ OTERO
As seguintes actividades levaranse a cabo no CEIP Joaquín Rodríguez Otero:
MULTIDEPORTE
Mércores de 17.05 a 18.00Nenos/as nados entre 2012 e 2020
PATINAXE
Venres de 16.30 a 17.25Nenos/as nados entre 2010 e 2018 Para máis información ou para reservar praza poden acudir ao Departamento de Deportes de Malpica ou chamar ao 981 72 00 01 en horario de 09.00h a 14.00h a partir do 18 de setembro.
Este curso 2023/2024 haberá actividades para todas as idades en Malpica.
Todas as persoas interesadas poden solicitar máis información ou reservar praza poden acudir as oficinas xerais do Concello de Malpica ou chamar ao 676204681 en horario de 09.00h a 14.00h
Animación Teatral de outubro a maio
BUNO (CEIP J.R.O.) Inicio 5 outubroXoves: De 16.00 a 17.00 (6 – 12 anos)
MALPICA (CENTRO CÍVICO) Inicio 5 outubroXoves: De 17.30 a 18.30 (4 – 8 anos)De 18.30 a 19.30 (9-12 anos)De 19.30 a 20.30 (+ 13 anos)
Arte de outubro a maio BUÑO (CEIP J.R.O.) Inicio 2 outubro
Luns: De 16.00 a 17.00 (3 – 6 anos)De 17.00 a 18.00 (7 – 12 anos)
MALPICA (CENTRO CÍVICO) Inicio 3 outubro
Martes: De 16.00 a 17.00 (3 – 6 anos)De 17.00 a 18.00 (7 – 12 anos)De 18.00 a 19.00 +13 anos)
Robótica
De xaneiro a maio BUÑO (CEIP J.R.O.) Inicio 10 xaneiro
Mércores: De 16.00 a 17.00 (4 – 6 anos)De 17.00 a 18.00 (7 – 12 anos)MALPICA (CENTRO CÍVICO) Inicio 10 xaneiro
Mércores: De 18.30 a 19.30 (4 – 6 anos)De 19.30 a 20.30 (7 – 12 anos)
Coiro de xaneiro a maio MALPICA (CENTRO CÍVICO). Inicio 11 xaneiro (+15 anos)
Xoves: de 17.30 a 19.00 (Iniciación) e de 19.00 a 20.30 (Nivel medio)
*Máximo de prazas por grupo:15 (Agás Robótica: 12) Mínimo de inscricións por grupo:10En caso de non acadarse o mínimo por grupo poderán fusionarse os grupos ou suspender a actividade.
Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario - Ocultar detalles
• Social media Facebook, Twitter e outras Redes Sociais precisan utilizar cookies para recoñecerte.
• Analytics Os datos recollidos polas cookies de Google Analytics son anónimos e só se usan para valorar a experiencia do usuario no nosa web.
• Anuncios Este sitio pode albergar publicidade propia, de afiliados, ou de redes publicitarias.
• Cookies propias Este sitio utiliza cookies propias para facilitar o acceso e mellorar a navegación e experiencia ao usuario Aviso Legal ACEPTOLeer más